:: wikimiki.org ::
| Río Orinoco |
Río OrinocoUn dos ríos máis largos de Sudamérica. Nace en Parima, Venezuela, cerca da fronteira con Brasil, fai un gran arco primeiro cara o Sudoeste, logo cara o oeste, e logo cara o norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara o Océano Atlántico percorrendo un total de 2.140 quilómetros.
A desembocadura forma un inmenso delta ramificado en centos de ríos que abarcan unha extensión de 41.000 Km² de selva húmida. A maioría dos ríos de Venezuela son tributarios do Orinoco, o máis grande deles é o río Caroní. O Orinoco é navigable en practicamente toda a súa extensión, permitindo o tráfico de barcos oceánicos ata Ciudad Bolívar, a 435 km da desembocadura.
O río Casiquiare forma unha canle natural entre o Orinoco e o Amazonas. Iníciase como un brazo do Orinoco pero remata desembocando no río Negro que é un afluente do Amazonas.
A rexión de chairas aluviais ó norte do Orinoco, cuxa altitude non supera os 100 m, inúndase na época de choivas, deixando o resto do ano terreos cuxa vexetación é de pastizais tropicais de sabana.
Véxase tamén
- Artículos relacionados con Colombia
- Artículos relacionados con Venezuela
Orinoco, Río
ja:オリノコ川
Venezuela
Venezuela é un país federal sur-americano, limitado a norte polo Mar Caribe, ao leste polo Océano Atlántico e pola Guïana, ao sur polo Brasil e a oeste pola Colombia. O país, alén da porción continental, inclue tamén un número elevado de illas nas Pequenas Antillas que constituen dúas divisións administrativas diferentes: o estado de Nova Esparta e as Dependencias Federais. Ten fronteira marítima cos territorios autónomos neerlandeses de Aruba, e das Antillas Holandesas, e tamén con Trinidade e Tobago. Desde 2005, é un membro efetivo do Mercosur. Capital: Caracas.
O nome provén de «Pequena Venecia».
Historia
Política
Estados
Venezuela é subdividida en 23 estados, un distrito federal e unha dependencia federal.
Xeografía
O clima da Venezuela é tropical e normalmente quente e húmido, Sen embargo nas terras montañosas no sur do país é máis moderado.
Economía
A economía venezolana pasou, despois da Primeira Guerra Mundial, dunha economía esencialmente agrícola a unha economía centrada na producción e exportación de petróleo. É esta a actividade que continua a dominar, sendo responsable por cerca dun terzo do PIB, por preto de 80% das facturas de exportación e por máis da metade do financiamento da administrazón pública. Os responsabeis venezolanos estiman que o PIB medrou o 2.7% no 2001. Unha forte subida nos prezos internacionais de petróleo alimentou a economía, despois da grave recesión de 1999.
A pesar diso, un sector non petrolífero relativamente fraco e fugas de capital - e unha queda temporaria nos prezos do petróleo - perxudicaron a recuperazón. No comezo de 2002, o goberno alterou o rexime de taxas de xuro dun rexime indexado para un sistema de flutuación libre, o que fixo con que o bolívar se desvalorizase significativamente.
O Presidente Hugo Chávez comezou en 2003 a canalizar os ingresos do petróleo obtidos pola compañia estatal PDVSA para financiar programas sociais. Os opositores da medida afirman que ela vai minar o estatuto de independencia dos bancos e da compañía petrolífera, e que é unha clara tentativa de aumentar o seu apoio público. Varios economistas afirman que a medida irá provocar inflación e perda de confianza dos investidores estranxeiros.
Demografía
O pobo venezuelano inclui unha rica combinación de heranzas. Aos ameríndios orixinais e aos españóis e africanos que se lles xuntaron despois da conquista española, vagas de imigrazón durante o século XX trouxeron cantidades apreciabeis de italianos, portugueses, árabes, alemáns e outros, provenientes dos países limítrofes da América do Sur. preto de 85% da poboación vive en áreas urbanas na parte norte do país. Encanto que case metade da área terrestre da Venezuela situase ao sur do río Orinoco, esta rexión contén apenas o 5% da poboación.
A lingua nacional e oficial é o español, mais existen tamén numerosas linguas indíxenas e as linguas introducidas polos imigrantes. O 96% da poboación identificase como católica. Outras igrexas, en especial, a protestante, compoñen o restante.
Cultura
Vexa tamén
- Lista de países
Ritmos Musicais
- Música de Venezuela/Información Xeral
Ligazóns Externas
- [http://www.gobiernoenlinea.ve/ Goberno na Internet] (en español).
Category:Países Category:América do sur Category:Venezuela
ja:ベネズエラ
ko:베네수엘라
ms:Venezuela
simple:Venezuela
th:ประเทศเวเนซุเอลา
zh-min-nan:Venezuela
Brasil
A República Federativa do Brasil é o maior e máis poboado país da América do Sur. As súas fronteiras ao norte son coa Venezuela, a Güiana, o Surinam e co departamento ultramarino francés da Güiana Francesa; ten costas ao nordeste, leste e sudeste no Oceano Atlántico. Ao sur, fai fronteira co Uruguai; ao sudoeste, coa Arxentina e o Paraguai; ao oeste, coa Bolivia e o Perú e ao noroeste, coa Colombia. Os únicos países do subcontinente suramericano que non fan fronteira co Brasil son Chile e Ecuador. Ademais do territorio continental e illas preto da costa, o Brasil tamén posue algúns pequenos grupos de illas e illotes no Oceano Atlántico: Penedos de Sao Pedro e Sao Paulo, Fernando de Noroña e Trindade e Martín Vaz. Hai, tamén, un complexo de pequenas illas e corais chamado Atol das Rocas.
Xeografía
Artigo principal: Xeografía do Brasil
Contén no seu interior a meirande parte da selva amazónica e do recorrido do río máis caudaloso do mundo, o Amazonas. A capital é Brasilia, situada no ponto máis central do país, en pleno cerrado, feita de nova planta a mediados do século XX.
As cidades máis populosas son Sao Paulo, Rio de Janeiro (en galego, Río de Xaneiro), Salvador e Belo Horizonte.
A súa xeografía é diversificada, con paisaxes áridas, montañosas, de planicie tropical, subtropical, con climas variando do seco sertao nordestino ou o chuvoso clima tropical equatorial, ó frio da rexión sur, con clima subtropical e xeadas.
Algunhas cidades do Brasil
- Belo Horizonte
- Brasilia
- Curitiba
- Florianópolis
- Fortaleza
- Porto Alegre
- Recife
- Rio de Janeiro
- Salvador
- Sao Paulo
Subdivisións
:Ver artigo Subdivisións do Brasil
Historia
Artigo principal: Historia de Brasil
Foi descoberto por un navegante portugués Pedro Álvares Cabral, estendendo o seu territorio colonial Portugal polo Tratado de Tordesillas, en perxuizo de España. No século XIX independizouse. A súa historia é rica de momentos de paz e tamén de guerras, tanto internas como externas.
Cultura
O Brasil é o único país das Américas cuxa lingua oficial é o portugués.
O seu pobo é o resultado da mestura de diferentes etnias e culturas, con influencias tanto dos amerindios, moradores orixinais do continente, como europeos invasores e inmigrantes, e con africanos que fóron traguidos como escravos. Ademáis destes, participan tamén os pobos asiáticos, pero de influencia máis limitada.
Economía
:Vexa artigo Economía do Brasil
A economía do país é bastante diversificada: agricultura, industria mineira, industria textil, industria automóbil, industria petroquímica e de transformación, industria de electro-electrónicos e, máis recentemente, a industria do turismo e o mercado de servizos.
-----
Himnos Oficiais do Brasil
Himno Nacional - Himno á Bandeira - Himno da Independencia - Himno da Proclamación da República
-----
Ligazóns externas
- [http://www.colegiosaofrancisco.com.br/historia_do_brasil.html História do Brasil]
- [http://www.brasil.gov.br Governo do Brasil] Moitas informacións, en portugués
- [http://www.senado.gov.br Senado Brasileiro] informacións de leis e de história do país, co fotos
- [http://www.embratur.gov.br EMBRATUR - Portal Brasileiro de Turismo] páxina do Ministério do Turismo brasileiro. En portugués.
- [http://jbonline.terra.com.br Jornal do Brasil] editado na cidade de Río de Xaneiro.
Category:Países Category:América do sur Category:Brasil
fiu-vro:Brasiilia
ja:ブラジル
ko:브라질
ms:Brazil
simple:Brazil
th:ประเทศบราซิล
zh-min-nan:Pa-se
Océano Atlántico
O océano Atlantico é o océano que separa Europa e África, a leste, da América, a Oeste. Ten unha área de 82.400.000 km² (106.200.000 km², incluíndo os mares locais como o Mar Mediterráneo, o que corresponde a aproximadamente un terzo das augas oceánicas mundiais).
Xeografía
Mar Mediterráneo
O océano Atlantico, o segundo do mundo en superficie e case enteiramente localizado no hemisferio occidental, alóngase no sentido Norte-Sur. cunha forma que lembra un S, comunícase co Océano Ártico polo estreito da Islandia; co Océano Pacífico e co Océano Índico pola ampla pasaxe que se abre entre a América, a África e a Antártida, nas altas latitudes austrais. No hemisferio Norte, as costas continentais, moi recortadas, delimitan numerosos mares anexos (Canal da Mancha, Mar do Norte, Mar Báltico, Mar Mediterráneo, Mar das Antillas). Ao sur, ao contrario, as costas son máis ben rectilíneas.
O fondo oceánico presenta unha disposición regular: a plataforma continental, ampla ao longo das costas da Europa, da América do Norte e da porción meridional da América do Sur, estreitase nas costas da África e do Brasil; unha enorme cadea de montañas submarinas, a dorsal meso-atlantica, esténdese ao longo do océano; entre ela e os continentes ábrense unha serie de cuncas de 6.000 a 7.000 m de profundidade (cuncas americana, brasileira e arxentina, a oeste; cuncas escandinava, da Europa Occidental, da Guinea, de Angola e do Cabo, a leste). A crista dorsal é sucada en toda a súa extensión por unha gran fosa tectónica (rift), que secciona no sentido lonxitudinal. Área de constante inestabilidade xeolóxica, provocada pola continua emisión de material ígneo, é obxecto de estudos xeolóxicos que analizan os procesos de formación e evolución das placas tectonicas, ou sexa, da codia terrestre. A crista da dorsal mesoatlántica situase xeralmente entre -3.000 e -1.500 m, mais emerxe nalgúns puntos, formando illas: Jan Mayen, Islandia, Azores, Acensión, Tristán da Cuña. Nas latitudes ecuatoriais, a dorsal é cortada por fallas transversais que determinan fosas abisais (fosa da Romanche. -7.758 m). Nas outras porcións do Atlántico as fosas son raras: situanse nas Antillas (Caimáns e Porto Rico - a máis profunda con -9.218 m) e nas illas Sandwich do Sur (-8.264 m)
Na fachada occidental, grandes cuncas hidrográficas botan unha considerable cantidade de sedimentos sobre a plataforma continental, definindo conos aluvionais, como os dos ríos San Lourenzo e Mississippi, no Atlántico Norte, e o do Amazonas, na faixa ecuatorial. As augas do Atlántico son as máis salgadas de todos os océanos (37,5 por mil de salinidade media) e animadas por correntes que aseguran unha intensa circulación entre as augas frías das altas latitudes e as augas quentes ecuatoriais. As correntes frías do Labrador e das Falkland descenden ao longo das costas setentrionais e meridionais, respectivamente, de América. De Benguela percorre a costa suroccidental africana, en dirección ao Ecuador. Son compensadas polas correntes quentes do Brasil e Ecuatorial Atlántica, nos seus ramos N e S, pola corrente do Golfo, que ten grande influencia sobre os climas da Europa noroccidental, tornándoos menos rigorosos. Esa circulación das augas favorece súa oxixenación e a proliferación de plancton, definindo importantes zonas pesqueiras, como as costas do Brasil meridional, a fachada norteamericana en torno da Terra Nova, as costas da Escandinavia e de Islandia, alén da África meridional. As plataformas continentais encerran, ás veces, xacementos petrolíferos (Mar do Norte, costas de Venezuela e do Brasil, Golfo da Guinea). Ladeado no hemisferio Norte polas dúas áreas máis industrializadas do globo (NE dos EUA e Europa Occidental), o Atlantico Norte presenta o máis intenso tráfego marítimo e aéreo transoceánico do mundo.
Historia
Os antigos, que chamaban ao Atlántico, mar Tenebroso ou mar Océano, coñecían só as costas situadas entre o norte das illas Britanicas e as Canarias. Do século VIII ao XI, os normandos frecuentaron as praias de Noruega, Islandia, Grenlandia, Spitsberg e Nova Escocia, no actual Canadá. Ata o final da Idade Media, só se facían navegacións costeiras, indo ata o Cabo Boxador (ao que chegaron os navegadores portugueses en 1434). No século XV os portugueses intensificaron a exploración da costa da África e, ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de navegación que permitiron viaxes por alto mar. A navegación por latitudes (determinadas pola observación da altura da estrela Polar ou do Sol ao mediodía, técnica desenvolvida por volta de 1485) foi facilitada polo uso de instrumentos como o compás e mailo astrolabio. Outro factor decisivo foi o estudo do rexime dos ventos no Atlántico: en 1439, as informacións existentes xa permitían unha navegación asidua e segura. Esas técnicas, aliadas aos novos navíos desenvolvidos polos portugueses (as carabelas, de maior porte, calado máis alto e común sistema de velas que permitía o aproveitamento dos ventos, mesmo en sentido contrario) permitirían o recoñecemento da costa da África e as primeiras incursións en alto mar; hai aínda informacións de que no século XV os portugueses terían explorado tamén o Atlántico Norte, xuntando coñecementos que máis tarde facilitaron a viaxe de Cristovo Colón na primeira travesía documentada do Océano. Co desenvolvemento técnico obtido, as viaxes portuguesas tornáronse máis ousadas e frecuentes a través do Atlantico, de tal forma que ata 1488 toda a costa oeste da África estaba explorada, recoñecida e, nos primeiros 20 anos do século XVI, toda a costa atlántica do continente americano (atopado no 1492 por Colón) fora visitada por navegadores portugueses, españois ou italianos ao servizo de España. Os reis de Portugal procuraron, desde o inicio, garantir as descobertas dos seus navegadores e desde 1443, varias leis reivindicaron o dereito de navegación exclusiva nos mares recoñecidos polas súas naus. En 1454, o papa Nicolao V ratificou a pretensión dos portugueses, reservándolles o dereito exclusivo de navegación e comercio. En 1474, Afonso V mandou que aqueles que violase esas determinacións fose morto e os seus bens confiscados pola coroa. O Tratado de paz de Toledo, entre España e Portugal, ratificou eses dereitos, que foron reafirmados nas ordenacións Manuelinas (1514). Ata 1580, houbo pouca contestación internacional a esas pretensións, excepto pequenos conflitos diplomáticos causados pola acción de corsarios protexidos polos reis de Francia e Gran Bretaña. Despois de 1580, con todo, a contestación creceu, envolvendo tamén os holandeses en guerra con España pola súa independencia. Eles extenderon as accións bélicas contra Portugal, despois da unión das dúas Coroas e pasaron á liberdade dos mares; na tregua asinada con Filipe III (de España e Portugal), obtiveron o dereito de navegar por eses mares, aínda que baixo licenza do rei de España. Ese tratado marcou o principio da liberdade dos mares. A partir do século XVII, comezou a exploración hidrográfica do Atlántico, efectuada de inicio polos holandeses, depois polos ingleses e franceses (século XVIII). No século XIX organizáronse numerosos cruceiros océanográficos que permitiron a elaboración dunha detallada carta batimétrica do Atlántico.
Atlántico, Océano
als:Atlantik
ja:大西洋
ko:대서양
simple:Atlantic Ocean
th:มหาสมุทรแอตแลนติก
zh-min-nan:Tāi-se-iûⁿ
Quilómetro cadradoSuperficie que ocupa un cadrado dun quilómetro de lado. Equivale a un millón de metros cadrados.
Río Amazonas
O río Amazonas é o máis caudaloso do mundo. Nace en Perú e desemboca no Océano Atlántico, despois de atravesar Brasil, onde entra polo estado homónimo e recibir máis de 1.100 afluentes. Ten entre 6.259 km e 6.712 km de lonxitude (dependendo do criterio de medición), é o segundo máis longo despois do Nilo.
O río Amazonas é un río sur-americano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú e desagua no Océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil. E ao longo do seu percurso recebe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas.
Unha investigación recente revelou que o Amazonas ten un lonxitude de 6.868 Km e máis de 1.000 afluentes, e polo tanto maior que o Nilo cos seus 6.695 Km de extensión, sendo entón o máis longo río do mundo. A súa cunca hidrográfica é a maior do mundo, cunha superficie de aproximadamente 7 millóns de km². O Amazonas é de lonxe o río máis caudaloso do mundo, cun volume de auga preto de 56 veces o do río Nilo.
río Nilo
Xeografía
A cantidade de auga doce lanzada no Atlántico é xigantesca: preto de 190.000 m³/s na estación de choivas, ou un quinto de toda a auga fluvial do planeta. Na verdade, o Amazonas é responsable dun quinto do volume total de auga doce que desauga nos océanos de todo o mundo. Dise que a auga aínda é doce mesmo a quilómetros de distancia da costa, e que a salinidade do océano é ben máis baixa que o normal 150 km mar adentro.
O Amazonas, que pode ter 40 km de anchura en períodos de chea, é navegable por navíos oceánicos de porte medio ata Iquitos, a 3.500 km do mar.
- Véxase tamén:
Bacía do río Amazonas
Amazonia
Fauna e flora
Toda a fauna da selva tropical húmida suramericana está presente na Amazonia. Os cientificos afirman que alí existen innúmeras especies de plantas aínda sen clasificación, millares de especies de paxaros, innúmeros anfibios e millóns de insectos.
Desde os insectos ata os grandes mamíferos como o puma, a denta e os veados, réptiles como tartarugas, caimáns e víboras. Hai paxaros e peixes de todas as especies, plumaxes e peles. Nas lagoas ao longo do Amazonas florece a planta Victoria Rexia, cuxas follas circulares chegan a máis dun metro de diámetro.
É tan amplo o seu número de especies de peixes e plantas acuáticas que enumeralas todas sería imposible. Para todos os afeccionados ao acuarismo, trátase da fonte que proporciona a maior cantidade de especies de peixes que hoxe en día poboan os comercios e acuarios de todo o mundo.
Pulmón do planeta
Cientificamente, trátase dun equívoco chamar as florestas tropicais de "Pulmón do planeta". Hai varios motivos para iso, como por exemplo:
- O pulmón é un órgano que absorbe oxíxeno e elimina gas carbónico, ou sexa, "produce" gas carbónico.
- Outro feito é que a maior parte da produción do oxíxeno que respiramos provén de microorganismos (algas e cianofíceas) e que a súa produción de oxíxeno por fotosíntese supera en moito o seu consumo pola respiración. Mentres que nas florestas tropicais o oxíxeno producido pola fotosíntese durante o día (fase clara) é consumido en grande parte á noite (fase escura) pola respiración das mesmas. Apenas florestas que aínda están en desenvolvimento producen máis oxíxeno do que consomen, e as florestas tropicais na súa grande maioría xa están en proceso de estabilidade ecolóxica.
Portos
Os portos máis importantes do río Amazonas fican nas cidades de Iquitos, no Perú, Leticia na Colombia e Manaus no Brasil.
Estrada
Un pouco ao sur do Amazonas está a Estrada Transamazónica, como un longo canal de poeira e barro, resultado dunha das aventuras máis ousadas xamais tentadas na maior de todas as rexións florestais do mundo. A estrada BR-233 imita o curso do río Amazonas, pois avanza en forma paralela a este. Ten, de acordo cos números oficiais, cinco mil quilómetros de lonxitude, a pesar de estar invadida pola floresta en varios treitos. A estrada, iniciada no período da ditadura militar, nunca fixo uso nin dos miles de millóns de dólares, nin das esperanzas de desenvolvimento, depositadas nela, mais foi unha grande indutora do desmatamento ao longo do seu curso.
Desnivel nos últimos quilómetros
O río Amazonas, cuxo curso é moi plano (20 m de desnivel nos últimos 1500 quilómetros) antes da súa desembocadura, constitúe un caso moi especial de Mareas oceánicas. Na rexión do río Amazonas, tais mareas son coñecidas como pororoca, e son unha atración turística. Os primeiros resultados dunha investigación realizada por institucións brasileiras asociadas no marco do programa HiBAn (Hidroloxía da bacía amazónica) permiten entender mellor a influencia da marea no funcionamento hidrodinámico do Amazonas ao se aproximar ao océano e, de maneira máis particular, medir o seu impacto nas pulsacións do caudal do río e no transporte de sedimentos en dirección ao océano.
Grupos indíxenas
No territorio ao longo do río Amazonas moran innúmeros grupos nativos precedentes orixinalmente do Perú, da Colombia e do Brasil.
Afluentes principais
Do nacimento á foz.
- Río Napo (marxe esquerda: e)
- Río Javari (marxe dereita: d ) ou Yavari
- Río Jandiatuba (d)
- Río Içá (e)
- Río Jutaí (d)
- Río Juruá (d)
- Río Japurá (e)
- Río Tefé (d)
- Río Coari (d)
- Río Piorini (e)
- Río Purus (d)
- Río Negro (e)
- Río Madeira (d)
- Río Uatamã (e)
- Río Nhamundá (e)
- Río Trombetas (e)
- Río Tapajós (d)
- Río Curuá (e)
- Río Maicuru (e)
- Río Uruará (d)
- Río Paru (e)
- Río Xingu (d)
- Río Jari (e)
Cidades principais
Da nacente á foz:
- Nauta
- Iquitos
- Pebas
- Caballo Cocha
- São Paulo de Olivença
- Santo Antônio do Içá
- Fonte Boa
- Tefé
- Coari
- Anori
- Manaus
- Careiro
- Itacoatiara
- Urucurituba
- Parintins
- Óbidos
- Santarém
- Prainha
- Almeirim
- Gurupá
- Mazagão
- Santana
- Macapá
- Afuá
- Chaves
Véxase tamén
- Bacía do río Amazonas
Amazonas, Río Amazonas, Río
Category:Ecoloxía
ja:アマゾン川
simple:Amazon River
th:แม่น้ำแอมะซอน
Río Negro
Río Negro pode ser:
- Río Negro - municipio de Mato Grosso do Sul, Brasil
- Río Negro - municipio do Paraná, Brasil
- Río Negro - afluente do río Amazonas, Brasil
- Río Negro - río do Paraná, Brasil
- Río Negro - río do Mato Grosso do Sul, Brasil
- Rio Negro - río que nace no Río Grande do Sul, Brasil e desagua no río Uruguai após atravesar o país Uruguai
- Río Negro - antiga colonia Friedenau, no Río Grande do Sul, Brasil, hoxe Trigolândia, municipio de Hulha Negra.
- Provincia de Río Negro - provincia arxentina.
KuorbalKuorbal is in balsport foar mingde partoeren. It is in doelsport foar twa partoeren fan elts fjouwer froulju en fjouwer manlju. If fjild is opdield yn twa fakken, mei yn elts fak fan elts partoer twa froulju en twa manlju. It doel is in koer, 3,5 meter heech oan in peal yn it fak fan de tsjinstanners. De spilers meie net mei de bal rinne, en meie net yn it oare fak komme. Foar 1991 wie it fjild opdield yn trije fakken, sadat in partoer doe 12 spilers hie.
Skiednis
Kuorbal waard yn 1902 betocht troch Nico Broekhuysen, in ûnderwizer út Amsterdam. Hy hie yn Sweden it spul Ringbal leard, en ûntwikkele dêr in ferzje út dy't dúdlik genôch wie om it syn learlingen te learen. De sport waard al gau populêr op skoallen, net allinnich by de bern, mar ek by de grutte minsken. Mei trochdat it in mingde sport wie, sadat it makliker wie genôch spilers te finen, waard de sport yn hast elk doarp spile. Hjoeddedei wurdt kuorbal yn organisearre foarm spile yn 35 lannen.
Kategory:Sporten
ja:コーフボール
spalacze tuszczu eurotax Pozycjonowanie Nurkowanie szkolne
|
|
|
| :: RELATED NEWS :: |
Georg Joachim von Lauchen Rhaeticus
Georg Joachim von Lauchen Rhaeticus ( - 16. február 1514, Feldkirch, Rakúsko - † 4. december 1574, Košice) bol rakúsky matematik a astronóm.
Meno
Narodil sa ako Georg Iserin. Do veku 14 rokov
|
Georg Joachim von Lauchen Rhetikus
Georg Joachim von Lauchen Rhaeticus ( - 16. február 1514, Feldkirch, Rakúsko - † 4. december 1574, Košice) bol rakúsky matematik a astronóm.
Meno
Narodil sa ako Georg Iserin. Do veku 14 rokov
|
Georg Joachim von Lauchen
Georg Joachim von Lauchen Rhaeticus ( - 16. február 1514, Feldkirch, Rakúsko - † 4. december 1574, Košice) bol rakúsky matematik a astronóm.
Meno
Narodil sa ako Georg Iserin. Do veku 14 rokov
|
Georg Joachim von Lauchen Rheticus
Georg Joachim von Lauchen Rhaeticus ( - 16. február 1514, Feldkirch, Rakúsko - † 4. december 1574, Košice) bol rakúsky matematik a astronóm.
Meno
Narodil sa ako Georg Iserin. Do veku 14 rokov
|
Šablóna:Denné udalosti/06 17
Kalendár
17. jún - meniny má Adolf
- 1696 - zomrel Ján III. Sobieski, poľský kráľ
- 1775 - narodil sa Gabriel Csepcsányi, maďarsko-slovenský profesor matematiky
|
Giovanni Boccaccio
Giovanni Boccaccio ( - 16. jún 1313, Florencia – † 21. december 1375,Certaldo, Taliansko) bol taliansky spisovateľ
|
Alfred Marshall
Alfred Marshall ( - 26. júl 1842, Bermondsey, Londýn – † 13. júl 1924, Cambridge) bol jedným z najvýznamnejších britských ekonómov. Pôsobil ako profesor politickej ekonómie na Univerzite v Cambridge a stal sa zakladateľom vplyvnej
|
František I. (Francúzsko)
František I., le Roi-Chevalier (kráľ rytier) ( - 12. september 1494 Cognac (Charente), – † 31. júl 1547 v Rambouillet), korunovaný za kráľa latinčiny v Rímskej ríši (najmä v západných provinciách) zhruba až do obdobia 9. storočia, kedy sa z jednotlivých nárečí vyvynuli románske jazyky.
Aj keď pojem nie je obmedzený len na neskorolatinské obdobie (pozri
|
Ľudová latinčina
Ľudová latinčina alebo vulgárna latinčina (po latinsky sermo vulgaris čiže ľudový jazyk) je všeobecné označenie pre hovorené nárečia latinčiny v Rímskej ríši (najmä v západných provinciách) zhruba až do obdobia 9. storočia, kedy sa z jednotlivých nárečí vyvynuli románske jazyky.
Aj keď pojem nie je obmedzený len na neskorolatinské obdobie (pozri
|
|