Home About us Products Services Contact us Bookmark
:: wikimiki.org ::
Clima Tropical

Clima tropical

Os climas tropicais son caracterizados por temperaturas elevadas - todos os meses do ano presentan temperaturas medias de 18 °C ou superiores. Estes climas poden subdividirse da seguinte maneira: Tropical de floresta: En todos os doce meses hai precipitación de polo menos 60 mm. Estes climas son típicos de rexións próximas ao ecuador, e non teñen estacións do ano. Alguns exemplos: Singapur, Amazonas. En alguns lugares ese clima ten a mesma umidade durante todo o ano, como acontece na Colombia, mais na maior parte dos casos pode haber variación de choivas. Tropical de monzóns: Ese clima, máis común no sur da Asia e oeste da África resulta dos ventos de moncións que mudan de direción de acordo coas estacións. Este clima ten un més máis seco, con menos de 60 mm de choiva. Clima tropical húmido e seco ou de sabana (Aw): Ese clima ten unha estación seca intensa, co més máis seco tendo precipitacións menores que 60mm e tamén menores 9100 - [precipitación anual total /25]: Exemplos
- Bangalore, India
- Veracruz, México
- Townsville, Australia. A maioría dos lugares que ten ese clima son atopados nas marxes externas das zonas tropicais, mais ocasionalmente nunha localización intratropical (ex.: San Marcos, Colombia) tamén se califica. Algunhas veces o As é usado no lugar de Aw se a estación seca ocorre durante os días de sol máis alto e máis longos. Ese é o caso de partes do Hawai (Honolulu), África Oriental (Mombasa, Quenia) e Sri Lanka (Trincomalee), por exemplo. Na maioría dos lugares que ten clima tropical húmido e seco, con todo, a estación seca ocorre durante a época de sol máis baixo e días máis curtos. category:Clima ja:熱帯

Singapur

Singapur é un minúsculo país do Sueste asiático que ocupa unha illa principal e alguns illotes secundarios ao longo do extremo sur da Península Malaia. Un canal estreito separa Singapur da Malaisia, a norte, e outro mais longo (o Estreito de Malaca) separaa de Indonesia, a sur. Capital: Singapur.

Historia

A illa, que anteriormente se chamaba Tumasek, foi bautizada Singapura no século XIV polo príncipe Parameswara. En 1819, Thomas Stamford Raffles tomou o control da cidade para facer frente á dominación comercial holandesa na rexión. En 1826, Singapur, Malaca e Penang constituen as colonias dos estreitos. Durante a Segunda Guerra Mundial, a partir do 15 de febreiro de 1942 a illa cae baixo dominio do Imperio Xaponés, que a ataca desde terra aproveitando que as defensas da ciudad están orientadas contra o mar. Tras a guerra, Lee Kuan Yew é elixido Primeiro Ministro. O seu partido, o Partido de Acción Popular (People's Action Party) propon enton a integración na Federación de Malaisia, o que consegue en setembro de 1963. Pouco despois, en 1964, as diferencias maniféstanse e a independencia da República de Singapur é proclamada o 9 de agosto de 1965.

Política

Subdivisións

Xeografia

Economia

Aínda que Singapur sexa un país extremadamente pequeno, sen recursos naturais e sen espazo para a agricultura a sua economía non pára de medrar. Asi como ocorre cos demais tigres asiáticos os principais produtos de exportación son máquinas e equipamentos eletronicos de última xeración. Aínda que sexa unha potencia industrial e tecnolóxica, Singapur ten forte dependencia da importación de alimentos, enerxia e materias prima, alén de unha visible inestabilidade economica, unha vez que é un país extremadamente dependente de capital externo. Os sectores de finanzas e de turismo tamén se teñen destacado moito. A bolsa de valores de Singapur é unha das mais importantes do mundo e o número de turistas, principalmente asiáticos ten medrado de xeito surprendente nos últimos anos.

Demografía

Despois de Mónaco, Singapur presenta a maior densidade de poboación do mundo. O 85% dos seus habitantes viven nas vivendas públicas chamadas HDB. A diversidade étnica da poboación está moi marcada: os chinese representan o 76.8%; os Malaios o 13.9%, os indios o 7.9% e o resto proveñen de diversos países, principalmente occidentais.

Cultura

Sendo Singapur unha pequena e relativamente moderna amalgama de poboamentos chineses, malaios e indios, non se pode dicir que haxa unha cultura especificamente singapureana. Dun xeito enteiramente único, os vários grupos étnicos continuan a celebrar as suas próprias culturas. Singapur é probabelmente o único lugar do mundo onde se pode atopar un casamento malaio a ter lugar lado a lado cun casamento chinés, por exemplo. Os feriados principais reflecten o xeito en que a cultura local celebra esta diversidade. Ao contrario de moitas outras sociedades multiculturais, os feriados públicos principais incluen o Ano Novo do calendario xeorxiano, o ano novo chinés, o Hari Raya Haxi e o Deepavali.

Enlaces externos

Category:Singapur ja:シンガポール ko:싱가포르 ms:Singapura simple:Singapore th:ประเทศสิงคโปร์ zh-min-nan:Sin-ka-pho

Amazonas

Amazonas pode ser:
- Río Amazonas: O río Amazonas, na América do Sur.
- Amazonas é o nome de 4 departamentos ou estados situados ás beiras do río Amazonas, dos seus afluentes ou da rexión amazónica:
  - Amazonas, Brasil: O estado do Amazonas, no Brasil.
  - Amazonas, Venezuela estado fronteirizo ao Brasil.
  - Amazonas, Perú, rexión do Perú subdividida en 7 provincias.
  - Amazonas, departamento de Colombia.
- Na mitoloxía grega, as amazonas son un lexendario pobo de mulleres guerreiras.
- Amazonas é tamén un satélite artificial de Hispasat.
- Amazonas é un xogo de mesa.

Asia

Para outros significados da palabra Asia, ver Asia (homónimos) ---- Asia é o maior dos cinco continentes do planeta Terra. Limita ó norte (Rusia) co Océano Glaciar Ártico, ó leste polo Océano Pacífico e ó sur polo Océano Índico, ó oeste co Mar Vermello, onde se xunta con África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co Mar Exeo (Asia Menor), Mar Negro, a cordilleira dos Urais as Curiles, Saxalín, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Ceilán (Sri Lanka) e milleiros de illas menores.

Lista de países que forman Asia

Países independentes


- Afganistán
- Arabia Saudí
- Armenia
- Acerbaixán
- Bahrein
- Bangladesh
- Brunei
- Bután
- Camboxa
- Casaquistán
- China
- Chipre
- Corea do Norte
- Corea do Sur
- Exipto (península do Sinaí)
- Emiratos Árabes Unidos
- Filipinas
- Iemen
- India
- Indonesia
- Irán
- Iraq
- Israel
- Kuwait
- Laos
- Líbano
- Maldivas
- Malaisia
- Mongolia
- Myanmar (antiga Birmania)
- Nepal
- Omán
- Paquistán
- Qatar
- Quirguicistán
- Rusia (parte asiática)
- Singapur
- Siria
- Sri Lanka
- Taxiquistán
- Tailandia
- Taiwán
- Timor Leste
- Turkmenistán
- Turquía
- Uzbequistán
- Vietnam
- Xapón
- Xeorxia
- Xordania

Outros territorios


- Tíbet (ver China)
- Palestina (Gaza e Cisxordania)
- Curdistán

Ver tamén

Lista de países category:Xeografía category:Asia ja:アジア ko:아시아 ms:Asia simple:Asia th:ทวีปเอเชีย zh-min-nan:A-chiu

África

África é o segundo continente en poboación e extensión, 800 millóns de habitantes ocupan 30.244.050 km², incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20,3% da superficie da Terra.
Os romanos déronlle o nome de Africa terra (terra dos Afri) ao norte do continente, na que estableceron a provincia romana de África. A orixe do nome pode ser o fenicio afar (po), a tribo Afridi da rexión de Cartago, o grego aphrike (sen frío), ou ben o latín aprica (caloroso), África coñécese popularmente como o continente negro, por ser esa a cor da maioría da súa poboación

Xeografía

latín Separado de Europa polo Mar Mediterráneo, e unida á Asia polo Istmo de Suez, tén o Mar Vermello ó norleste, o Océano Índico ó leste e sur, e o Océano Atlántico ó oeste e sur. Está atravesado polo ecuador
O ponto máis ao norte é Ras ben Sakka (Marrocos) 37°21' N mentres o ponto máis ao sur é Cabo Agullas (Sudáfrica) 34°51'15″ S, entre eles hai unha distancia de 8.000 km. O ponto máis occidental é Cabo Verde 17°33'22" W, mentres o máis oriental é Ras Hafun (Somalia) 51°27'52" E, entre eles hai unha distancia de 7400 km.
África conta con 26.000 km de costa.
O relevo africano pódese considerar formado por dúas grandes altiplanicies:
- a ecuatorial, montañosa que ocupa todo o S. e E. do continente, cunha altitude media de 1.200m., remata no macizo de Etiopía no NE.
- a planicie do Sahara e Sudán, máis baixa, arredor de 400m. de elevación media no Sahara, que ocupa todo o centro e a maior parte do N, interrumpida polos montes Ahaggar e Tibesti (máis de 3.000m)

Ligazóns externas


- [http://www.afrol.com/es/ Afrol.com]
- [http://www.ikuska.com/Africa/ Web sobre África]
- [http://www.rebelion.org/noticia.php?id=14591 Os africanos viven menos] que hai quince anos.
- [http://www.pygmies.info/ Os Pigmeos africanos] Cultura e fotos dos primeiros habitantes de Africa
- [http://dmoz.org/World/Español/Países/África ODP - África] Africa

Lista de países africanos

Ver lista ao pé da páxina. ja:アフリカ ko:아프리카 ms:Afrika simple:Africa th:ทวีปแอฟริกา zh-min-nan:Hui-chiu


India

A India é un país federal asiático, que ocupa a maior parte do Indostán e ainda as illas Laquedivas e Andaman e Nicobar. É limitado a norte pola China, Nepal e Bután, a leste por Myanmar, a sur e leste polo Bangladesh e polo Golfo de Bengala, a sur polo Estreito de Palk, onde fai fronteira co Sri Lanka, polo Océano Índico e polo Mar das Laquedivas, a oeste polo Mar da Arábia e a oeste e norte polo Paquistán. É o segundo país máis populoso do mundo, con máis de 1000 millóns de habitantes. Capital: Nova Delhi

Historia

A civilización india é unha das máis antigas do mundo tendo máis de 4000 anos. Foi colonizada pola Inglaterra e tornouse independente no 1947. Ten sido unha democracia desde entón.

Política

A India é unha democracia parlamentaria. O poder executivo pertence ao primeiro-ministro.

Subdivisións

A India está dividida en 28 estados (que por súa vez están divididos en distritos), 6 Territorios da Unión e o Territorio da Capital Nacional. Adicionalmente, apesar de nunca ter reclamado pose territorial na Antártida, a India ten ahí instaladas dúas bases científicas: Dakshin Gangotri e Maitri. Cidades: Haiderabade, Bombai

Xeografía

Economía

A India posui unha atividade industrial expresiva. Os principais produtos cultivados son: chá, algodón, trigo, xuta, arroz, tabaco, millo e cana-de-azúcar. Existen grandes áreas con monoculturas voltadas para a exportación. Son as plantations, cultivadas desde a época en que os ingleses colonizaron esa rexión. Té, tabaco e algodón, son os productos típicos para o mercado externo. No últimos anos, a India tornouse un importante centro de servizos relacionados con tecnoloxias de información. É o principal beneficiario do outsourcing de servizos.

Demografía

Cultura

A cultura da India é a expresión dunha das máis antigas - máis de 4000 anos de documentos, tanto escritos como momumentais - e diversificadas civilizacións do planeta, portanto inclui grande número de expresións en todos os campos. Temos que lembrar que a India está constituída por varias etnias, tanto nativas canto dos conquistadores que aló estiveron en varios períodos da súa longa historia. Un dos aspectos desta cultura, apesar de estar oficialmente banido, por ter aspectos negativos é o sistema de castas da India, característico dos Hindus, non só na India, mais tamén no Nepal.

Tópicos diversos


- Asia
- Hinduísmo
- Lista de países

Ligazóns Externas


- http://www.gandhiserve.org
- [http://www.travel-imaxes.com/india.html Imaxes da India (incl. Goa e Díu)]
- [http://www.suapesquisa.com/paises/india Informacións sobre a India] Category:PaísesCategory:Asia Category:India als:Indien [[got:

Australia

Australia é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañada polo Océano Índico, ao sur e ao oeste, polo Mar de Timor, Mar de Arafura e Estreito de Torres, ao norte, e Mar de Coral e Mar da Tasmania, a leste. Através destes mares, tén fronteira marítima coa Indonesia, Timor-Leste e Papúa-Nova Guinea, ao norte, e co territorio francés da Nova Caledonia, a leste. Capital: Camberra.

Historia

A Australia fai parte do continente máis antigo do mundo - a Oceanía. Foi colonizada por aboríxes hai máis de 40 000 anos, e hai 2 séculos que comezou a súa colonización por europeos. Australia considerabase unha vasta terra sen características que xustificasen a súa ocupación. portugueses e holandeses, ben como outros pobos, pasaron ao largo da illa. É por esta época cando o capitán inglés James Cook é enviado para realizar unha expedición científica neste descoñecido país. O 28 de abril de 1770, despois de circunnavegar o continente, desembarca finalmente na costa leste australiana. Continúa a viaxe cara o norte, e, o 22 de agosto dese ano, proclama a toma do territorio, a que se lle deu o nome de New South Wales. Escomeza así a colonización europea da Australia. No comezo, esta foi fíxose só co obxectivo de "baleirar" os cárceres británicos. Os condenados, despois de cumpriren a súa pena, recibían unha pequena parcela de terra australiana. Deste xeito, foise desenvolvendo aquel vasto e descoñecido territorio.

Política

Australia é unha monarquía constitucional. O xefe do estado é a raíña Isabel II da Gran Bretaña, representada polo gobernador xeral australiano. O xefe de goberno está representado polo Primeiro ministro, estando vixente un réxime parlamentario. O goberno emana dun Parlamento electo por sufraxio universal. O Parlamento Federal componse do Senado e maila Cámara dos Representantes. O primeiro ministro, actualmente John Howard, e mailo líder do partido maior na Camara dos Representantes, da cal se seleccionan os outros ministros. O Senado componse de 76 membros, con representación igual para todos os estados, como no Senado dos Estados Unidos. Un estado elixe doce senadores, mais un territorio (como o Territorio do Norte ou o Territorio da Capital Australiana) pode somente elixir dous senadores. A Camara dos Representantes, cuxo modelo é a Cámara dos Comúns da Gran Bretaña, componse de 148 membros. A representación dos estados nesta Camara está determinada polo tamaño da sua poboación, mais cada distrito electoral ten sómente un membro. O Senado ten o poder de modificar os proxectos de lei da Cámara dos Representantes, que inclúe asuntos fiscais. En 1975, houbo unha crise constitucional, cando o Senado non aprobou o orzamento do goberno laborista de Gough Whitlam. A parálise lexislativa resultou na demisón do primeiro ministro polo gobernador xeral, Sir John Kerr. Este acto controvertido do representante da Raíña, contribuiu ao apoio crecente a favor da república, mais no referendo de 1999, os republicanos estaban divididos en relación á elección do presidente. Aínda que moitos australianos apoiaron a declaración de república, desexaban un presidente seleccionado por elección directa, non por nomeamento do Parlamento Federal.

Subdivisións

A Australia é un estado federal constituído por seis estados e cinco territorios.

Xeografía

De lonxe, a maior parte da Australia é deserto ou zonas semiáridas — 40% da masa terrestre está coberta por dunas de area. Só os cantos sueste e sudoeste teñen un clima temperado e un solo moderadamente fértil. A parte norte do país ten un clima tropical: parte é bosque tropical, parte sonpastos e parte deserto. A Gran Barreira de Recifes, o maior recife de coral do mundo, situase a pouca distancia da costa nordeste e esténdese por máis de 1200 quilómetros. O Uluru (coñecido como Ayers Rock ata 1986) é o maior monolito do mundo e situase na Australia central.
- Cidades: Camberra - Melbourne - Perth - Sidney - Townsville

Ver tamén

Áreas protexidas na Australia, lista de rexións da Australia, lista de montañas na Australia, Lista de rios da Australia, Lagos da Australia, Hutt River Province

Economía

A economía australiana está moi diversificada: a industria desenvolve actividades ligadas ao sector primario, como a produción de alimentos, viños, tabaco e a exploración mineral, e mais a actividades que exixen maior tecnoloxia, como a industria de máquinas e equipamentos, a industria química, metalúrxica, siderúrxica e petroquímica. As exportacións australianas tamén inclúen xéneros alimenticios, como carne e trigo, amais de e minerais, como bauxita, chumbo, níquel, manganeso, ouro e prata.

Cultura

Moita da cultura da Australia deriva de raíces europeas e máis recentemente americanas, mais certas características australianas distintivas evoluíron do ambiente, cultura aborixe, e a influencia de viciños da Australia. O vigor e orixinalidade das artes e filmes da Australia, ópera, música, pintura, teatro, danza, e artes están alcanzando un recoñecemento internacional.

Ligazóns externas


- [http://www.embaustralia.es/australi/index.htm Embaixada de Australia en España] en castelán
- [http://www.australia.gov.au/ Goberno da Australia - Australian Government] en inglés Category:Países Category:Oceanía Category:Australia category:Illas e arquipélagos ja:オーストラリア ko:오스트레일리아 ms:Australia simple:Australia th:ประเทศออสเตรเลีย

Colombia

A República de Colombia é un país ubicado no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó surleste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó Oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.

Historia

: Véxase artigo Historia de Colombia

Xeografía

Historia de Colombia Os Andes dominan a metade occidental de Colombia, e divídense en tres grandes cordilleiras: a Occidental, a Central y a Oriental. Entre as cordilleiras os ríos Magdalena e Cauca flúen cara ás chairas baixas ó longo da costa caribeña. Hai volcáns nas partes máis altas das cordilleiras, algúns deles activos de cando en vez. O ponto máis alto é o Pico Cristobal Colón na Serra Nevada de Santa Marta cunha altura de 5.775 m sobre o nivel do mar. A parte oriental do país caracterízase polas chairas, en partes densamente arborizadas e con moitos ríos como o Putumayo, o Yapura, Meta e o Guaviare que flúen ó rio Orinoco ou ó río Amazonas. Colombia tambén ten varias pequenas illas no océano Atlántico e no Pacífico. O clima local é quente ó longo de ambas as costas e nas chairas orientais orientales, mentras que as serras e as terras altas poden ser bastante frias. A cidade máis grande de Colombia é a súa capital Bogotá, outras cidades principais son Medellín, Cali, Cartagena, Barranquilla, Ibagué, Manizales, Pasto, Cúcuta, Bucaramanga e Santa Marta.

Rexións Xeográficas Naturais e Culturais de Colombia

Os Departamentos Colombianos están á súa vez agrupados nas siguintes rexións xeográficas naturais e culturais:
- Andina
- Orinoquia
- Amazónica
- Costa Pacífica
- Insular
- Costa Norte. [http://fotoalbum.ubbi.com/fotoalbum/fotoampliada_publico.asp?Id_Foto=394373&Id_Album=8825&Pagina=11&Id_categoria=5&Id_subcategoria=31&delivery=no&Pag_Ref=2 Mapa das Rexións Xeográficas Naturais] Image:Regiones_colombianas.jpg

Goberno e Política

Colombia é un Estado Social de Dereito, unha república onde o poder executivo domina a estructura de goberno. O presidente, elixido xunto co vicepresidente por voto popular durante catro anos, funciona tanto como xefe de estado como a testa do goberno. O parlamento bicameral de Colombia é o Congreso que está constituído polo Senado, de 102 escanos, elixidos en circunscripción nacional, e pola Cámara de Representantes, de 166 escanos, elixidos en representación proporcional á poboación de cada departamento e do Distrito Capital, 5 deles son elixidos por sectores minoritarios (indíxenas, afrocolombianos, minorías políticas e colombianos no exterior). Os membros de ambas as cámaras son elixidos por voto popular por períodos de catro anos. O sistema xudicial colombiano experimentou reformas significativas na década dos noventa. Vexa tamén: Lista de presidentes de Colombia

Organización político-administrativa

Colombia divídese político-administrativamente en 32 departamentos e 1 distrito capital(
- ) que depende administrativamente do departamento de Cundinamarca:

Partidos Politicos

Partido Liberal,Partido Conservador,(Moir) Movemento Obreiro Independente e Revolucionario, Partido Socialista dos Traballadores, Fronte pola Defensa do Folklore Andino Colombiano (PDFAC)

Economía

A economía de Colombia reportou en 1999 o primeiro crecemento negativo desde a década dos 30, rompendo un récord de crecemento sostido envidiado polas demais economías da rexión. Esta crise tivo varias causas: un retroceso do consumo privado logo de anos de crecemento desaforado froito da liberalización da economía, incremento sostido do déficit fiscal resultado das novas obrigas creadas pola Constitución de 1991, un sistema de banda cambiaria que se viu afectado pola crise asiática e rusa, a cal perdeu credibilidade despois de varios intentos errados por defendela por parte do Banco da República (banco central) e un abultado déficit en conta corrente. O goberno actual (2002-2006) afronta desafíos económicos moi difíciles, entre eles reformar o sistema pensional e diminuír a taxa de desemprego. Dous dos principais productos colombianos, petróleo e café, afrontan un futuro incerto; a producción de petróleo veu diminuíndo nos últimos anos como consecuencia do declive nos principales campos petroleiros do país: Caño Limón e Cusiana. Por outra parte, a producción cafeteira viuse afectada seriamente na última década debido ós baixos prezos internacionais do café xerados polo fracaso do pacto da Organización Internacional do Café que representou á saída do maior consumidor mundial, Estados Unidos.

Demografía

A diversidade étnica en Colombia é o resultado da mestura de amerindios indíxena, colonos españois, e escravos africanos, producindo unha mestura de mestizos (o 58 %), brancos (o 20 %), mulatos (o 14 %), negros (o 4 %), e negro-amerindios (o 3 %). Hoxe, só aproximadamente o 1 % da poboación pode identificarse como totalmente amerindia sobre a base de lingua. A relixión predominante en Colombia é o catolicismo romano. Colombia é o terceiro país máis poboado en América Latina, despois de Brasil e México. O movemento de población rural a áreas urbanas foi moi forte. A poboación urbana medrou do 57 % da población total en 1951 a aproximadamente o 74 % en 1994. Trinta cidades teñen unha poboación de 100,000 o máis habitantes. Os nove departamentos de terras baixas do leste, constituíndo aproximadamente o 54 % da área de Colombia, teñen menos do 3 % da poboación e unha densidade de menos dunha persoa por quilómetro cuadrado.

Cultura


- Lista de colombianos
- Música folclórica de Colombia
- Ritmos Musicais non Folkloricos

Deportes


- 50px Colombia nos Xogos Olímpicos

Véxase tamén


- Prensa colombiana

Ligazóns Externas


- [http://www.gobiernoenlinea.gov.co PEC] - Portada oficial do goberno (En español)
- [http://cne.presidencia.gov.co Casa de Nariño] - Sitio oficial do presidente (En español) Category:Países Category:América do sur Category:Colombia ja:コロンビア ko:콜롬비아 ms:Colombia zh-min-nan:Colombia

Sri Lanka

O Sri Lanka, antigamente Ceilán, é un país insular asiático, localizado ao largo da extremidade sur do Subcontinente indio. Tén costas no Golfo de Bengala, a leste, Océano Índico a sur e a oeste e Estreito de Palk a noroeste, que o separa da India. Capital: Colombo.

Historia

Política

O presidente da república é eleito directamente para un mandato de seis anos, e ocupa a función de xefe de Estado, xefe de Goberno e comandante-xefe das Forzas Armadas. Responsable polo Parlamento para o exercicio dos deberes dacordo coa constitución e as leis, o presidente pode ser cesado por dous terzos do Lexislativo e por decisión favorable da Corte Suprema. O presidente ten que encamiñar a relación de ministros ao Parlamento. O presidente elixe ao primeiro ministro entre os deputados, sendo responsable pola lideranza do partido do goberno no Parlamento. O sistema lexislativo do Sri Lanka é unicameral, con 225 membros eleitos por sufraxio universal. Os parlamentarios representan os distritos do país durante seis anos. Ao partido que recebe o maior número de votos válidos en cada distrito eleitoral, gañará unha nova cadeira no Parlamento. O presidente pode convocar o Parlamento para unha sesión extraordinaria, para definir a disolución da cámara representativa. Un exemplo diso é cando o Lexislativo foi disolvido en 7 de febreiro de 2004 polo presidente Chandrika Kumaratunga. Novas eleccións aconteceron no dia 2 de abril, e a pose aconteceu no dia 23 do mesmo mes.

Subdivisións

Xeografia

Mapa do Sri Lanka

Economia

A economia do Sri Lanka está baseada na exportación de produtos primarios, como grafito, produtos textis, , coco e borracha. A posición xeográfica da illa, da cal a capital Colombo é un dos portos mais importantes do Océano Índico, ten sido o principal estímulo da economia. No 1983 iniciouse unha guerra civil entre as etnias cingalesaa e a minoria tamil. A guerra continua ainda na actualidade, e ten causado danos importantes na economia do país. Ata o inicio dos anos 90, o Sri Lanka era o maior exportador mundial de té, e esta guerra fixo que os investimentos no cultivo do té (na maior parte financiados por compañias británicas) caísen ano tras ano. O turismo, a pesar de ainda figurar como unha importante fonte de divisas, tamén sofre co conflito. Category:Sri Lanka ja:スリランカ ko:스리랑카 ms:Sri Lanka th:ประเทศศรีลังกา zh-min-nan:Sri Lanka

Fernando Rey

Fernando Casado D'Arambillet, noto con lo pseudonimo di Fernando Rey (La Coruña, Spagna, 20 settembre 1917 - Madrid, Spagna, 9 marzo 1994), è un attore cinematografico spagnolo, molto conosciuto anche in Italia, paese nel quale ha lavorato molto durante la sua carriera. Interprete conosciuto per la sua grande professionalità, ebbe i suoi inizi nel mondo del cinema doppiatore: diede voce in lingua spagnola ad attori come Tyrone Power e Laurence Olivier. La sua prima vera e propria occasione di farsi valere la ebbe con il regista Rafael Gil nel film "Alba di sangue", girato nel 1949. Il successo giunse dall'incontro con Luis Buñuel], con il quale girò quattro film. Il grande regista spagnolo gli assegnò ruoli di uomo elegante e corrotto, intuendone la capacità di incarnare in modo magistrale i vizi della borghesia. La sua carriera, ormai all'apice, lo portò a lavorare con altri registi famosi, quali [[Robert Altman]] (nel film "[[Quintet" del 1979), Orson Welles (in "Falstaff" - 1966) e Stephen Frears. Rey ha ha interpretato molti film anche in Italia, con registi del calibro di Francesco Rosi, Lina Wertmüller, Sergio Corbucci e Mauro Bolognini. Con il film "Elisa, vita mia" (1976), vinse al Festival di Cannes il premio come miglior attore estero. Tra gli anni Ottanta e gli anni Novanta Rey fu premiato al Festival cinematografico di San Sebastian e ricevette la medaglia d'oro delle Arti Spagnole e dell'Accademia delle Scienze Cinematografiche. Fu anche presidente di questa Accademia dal 1992 fino alla morte, sopraggiunta per cancro mentre si trovava ricoverato in un ospedale di Madrid, nel 1994.

Filmografia

(Ove possibile i titoli sono indicati in italiano; tra parentesi il nome del regista)
- Giovanna la pazza - 1948 (Juan De Orduña)
- Alba di sangue - 1949 (Rafael Gil)
- La pantera di Castiglia - 1950 (Juan De Orduña)
- Il segreto di Fatima - 1951 (Rafael Gil)
- Il miracolo delle campane - 1951 (Manuel Mur Oti)
- Ho giurato di ucciderti - 1957 (Juan Antonio Bardem)
- Viridiana - 1961 (Luis Buñuel)
- Cartas boca arriba - (1966) (Jesús Franco)
- Falstaff - 1966 (Orson Welles)
- Dieci cubetti di ghiaccio - 1967 (Bernard Glasser)
- Furto alla banca mondiale - 1967 (Maurice Cloche)
- La fuga di Marek - 1968 (Alexander Ramati)
- Il prezzo del potere - 1969 (Tonino Valerii)
- Candidato per un assassinio - 1969 (José Maria Elorrieta)
- Vamos a matar compañeros - 1970 (Sergio Corbucci)
- Tristana - 1970 (Luis Buñuel)
- Una città chiamata bastarda - 1971 (Robert Parrish)
- Il braccio violento della legge - 1971 (William Friedkin)
- Gli occhi freddi della paura - 1971 (Enzo Girolami Castellari)
- I due volti della paura - 1972 (Tullio Demicheli)
- Nel buio del terrore - 1972 (José Antonio Nieves Conde)
- Bianco, rosso e ... - 1973 (Alberto Lattuada)
- Zanna Bianca - 1973 (Lucio Fulci)
- All'ombra delle piramidi - 1973 (Charlton Heston)
- Vita privata di un pubblico accusatore - 1973 (Jorge Grau)
- La polizia incrimina, la legge assolve - 1973 (Enzo Girolami Castellari)
- Il fascino discreto della borghesia - 1973 (Luis Buñuel)
- Fatti di gente per bene - 1974 (Mauro Bolognini)
- Alle origini della mafia - 1974 (Enzo Muzi)
- Erica, un soffio di perversa sessualità - 1974 (José María Forqué)
- Corruzione al palazzo di giustizia - 1974 (Marcello Aliprandi)
- Cadaveri eccellenti - 1975 (Francesco Rosi)
- La ragazza con gli stivali rossi - 1975 (Juan Buñuel)
- Pasqualino settebellezze - 1975 (Lina Wertmüller)
- La faccia violenta di New York - 1975 (George Darnell)
- Il deserto dei Tartari - 1976 (Valerio Zurlini)
- Il braccio violento della legge n. 2 - 1976 (John Frankenheimer)
-
Elisa, vida mia - 1977 (Carlos Saura)
-
L'occhio dietro la parete - 1977 (Giuliano Petrelli)
-
Quell'oscuro oggetto del desiderio - 1977 (Luis Buñuel)
-
L'ingorgo - Una storia impossibile - 1978 (Luigi Comencini)
-
Quintet - 1979 (Robert Altman)
-
Capoblanco - 1980 (J. Lee Thompson)
-
Miele di donna - 1981 (Gianfranco Angelucci)
-
La storia vera della signora delle camelie - 1981 (Mauro Bolognini)
-
Casta e pura - 1981 (Salvatore Samperi)
-
Cercasi Gesù - 1982 (Luigi Comencini)
-
Il colpo - Vendetta - 1984 (Stephen Frears)
-
Oddio, ci siamo persi il Papa - 1985 (Robert Malcolm Young)
-
Il tappeto volante - 1985 (Brita Wielopolska)
-
Angel of Death - 1988 (Andrea Bianchi)
-
Esmeralda Bay - 1989 (Jesús Franco)
-
Diceria dell'untore - 1990 (Beppe Cino)
-
Tango nudo - 1991 (n.d.)
-
La scoperta del Paradiso - 1992 (n.d.)
-
Don Quijote - 1993 (n.d.) Rey Rey

elitarne.info Opony Biuro Rachunkowe Kielce tapety motorola warsaw map










































:: RELATED NEWS ::
Dendragapus obscurus

The Blue Grouse, Dendragapus obscurus, is a large grouse. It is the only member of the genus Dendragapus. Adults have a long square tail, grey at the end. Adult males are mainly dark with a yellow or purplish throat sac surrounded by white and a yellow patch over the eye. Adult females are mottled brown with dark brown and white marks on the underparts. Their breeding habitat is the edges of conifer and mixed forests in mountainous regions of western bird in the grouse family. It is a sedentary species, breeding across northern Eurasia in birch and other forests and tundra. It also occurs in Alaska and northern Canada, where it is called the Willow Ptarmigan.
Lagopus mutus

:(In North America, "ptarmigan" can also refer to the White-tailed Ptarmigan and to the Willow Ptarmigan or Willow Grouse.) The Ptarmigan (Lagopus muta or mutus) is a small (31–35 cm long) bird in the grouse family. It is a sedentary species, breeding across arctic and Read More...
Alopen
Alopen is the first recorded Christian missionary to reach China, during the Tang Dynasty. He was an envoy of the Assyrian Church of the East (commonly labelled 'Nestorian') to the Chinese, but the mission did not gain widespread momentum. During that time, Tang China welcomed all sorts of forei

Boshiamy method
Boshiamy (嘸蝦米, meaning "It's nothing!" in Taiwanese) is a Chinese character IME that uses a combination of shapes, sounds and meanings, based on the letters of the Roman alphabet, to build characters.

Shapes

Some characters are built by using the shapes of Roman letters. For example, 哈 is OAO, 命 is AOP, and 印 is EP.

Sounds

Some characters are built by
Numerical differentiation
Numerical differentiation is a technique of numerical analysis to produce an estimate of the derivative of a mathematical function or function subroutine using values from the function and perhaps other knowledge about the function. right A simple two-point estimation is to compute the slopes of a nearby secant line. Choose a

All Rights Reserved 2005 wikimiki.org