Home About us Products Services Contact us Bookmark
:: wikimiki.org ::
Artrópodo

Artrópodo

Os Artrópodos (Filo Arthropoda) son o maior grupo de animais existente no mundo e inclúen os insectos, aracnídeos, crustáceos e outras formas semellantes. Describíronse cientificamente máis de un millón de especies de artrópodos (máis de 890 000 especies apenas, segundo outros autores), ou sexa, máis de 4/5 de todas as especies existentes, desde formas microscópicas do pláncto, con menos de un cuarto de milímetro, ata animais de grandes dimensións. O nome ven do grego arthros, articulación e podos, pés, ou sexa pés articulados, que os caracterizan. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no ar. Existen aínda moitas formas parásitas e simbióticas. Hai rexistos fósiles de artrópodos desde o período Cambriano.

Anatomía dos artrópodos

Os artrópodos teñen o corpo segmentado (2), envolvido nun exosqueleto de quitina (3), con varios apéndices articulados (1). Os apéndices están especializados para a alimentación, para a percepción sensorial, para defensa e para a locomoción. Son estes "pés articulados" que dan o nome ao filo e que o separan dos filos máis próximos, os Onychophora e os Tardigrada. Os segmentos poden estar agrupados en rexións do corpo, denominadas tagmata, tipicamente:
- cabeza;
- tórax; e
- abdome. Non obstante, en varios grupos, como os cangrexos, arañas, escorpións e langostas, a cabeza e o tórax atópanse unidos baixo unha carapaza - o cefalotórax. Nos Chelicerata, o corpo está dividido en prosoma e opistosoma. O primeiro segmento da cabeza é denominado acron e normalmente soporta os ollos, que poden ser simples ou compostos. O último segmento do abdome remata no telson. Cada segmento contén, polo menos primitivamente, un par de apéndices. Para poderen crecer, os artrópodos teñen de se desfacer do exosqueleto "apertado" e formar un novo un proceso designado muda ou ecdise. Por esta razón, eles fan parte do clado Ecdysozoa, que é un dos maiores grupos do reino animal, incluíndo aínda os nemátodes, os Nematomorpha, os Tardigrada, os Onychophora, os Loricifera, os Priapulida e os Cephalorhyncha. Estes animais respiran por un sistema de traqueas, túbulos que abren para o exterior a través de poros na cutícula chamados espiráculos, e que se estenden por todo o corpo, promovendo a troca de gases. Os artrópodos acuáticos teñen branquias ligadas ao sistema de traqueas. O sistema circulatorio dos artrópodos consiste nunha batería de corazóns que se dispoñen ao longo do corpo e que bombean a hemolinfa (o "sangue" destes animais moitas veces non contén hemoglobina, baseada en ferro, mais si hemocianina, baseada en cobre), que se atopa bañando os tecidos. Os artrópodos son protostomios e posúen un celoma reducido a un espazo á volta dos órgaos da reprodución e da excreción.

Clasificación e filoxenia dos artrópodos

Un grupo tan numeroso e diversificado, tanto en especies actuais como[extinción|extintas], como os artrópodos tería de ser necesariamente difícil de clasificar, así como de definir as súas relacións filoxenéticas. Tradicionalmente, considerábase que os atrópodes tiñan a súa orixe nos anelídeos, por causa da semellante segmentación do corpo. No entanto, estudos xenéticos recentes mostraron que non é así e que os filos máis próximos dos artrópodos son os Onychophora e os Tardigrada. Alén diso, parece aceptado que estes filos e os restantes Ecdysozoa forman un clado monofilético. Os anelídeos, por outro lado, teñen características embrionarias en común cos moluscos e son actualmente clasificados no clado Trochozoa (ou Lophotrochozoa, xuntamente cos rotíferos e outros animais dantes considerados pseudocelomados). A subdivisión dos artrópodos en grupos que podan igualmente ser considerados clados é tamén contenciosa. Algúns autores consideran que os Hexapoda e os Myriapoda forman o clado Uniramia, con apéndices non divididos e que serían un “clado-irmán” dos crustáceos, mais a filoxenia destes grupos aínda non está ben establecida, polo que se adoptou aquí a clasificación en cinco sub-filos, que é a máis aceptado. Como xa se referiu, atopáronse fósiles de artrópodos do período Cámbrico, mais hai indicacións de que formas aínda máis antigas, pertecentes á “Biota Vendiana”, como os "vendiamorfos" e os "anomalocaridiídeos" poden ter sido antepasados dos artrópodos actuais.

Referencias e ligazóns externas


- http://www.itis.usda.gov ITIS TSN: 82696
- [http://www.peripatus.xe.nz/Taxa/Arthropoda/Index.html peripatus]
- Campbell, Reece and Mitchell. Biology. 1999 category:Zooloxía ja:節足動物 ko:절지동물

Insecto

Os insectos (Insecta) son unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos. A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía.

Características

Os insectos comprenden o grupo de animais máis diverso da Terra, con máis de 800.000 especies descritas, máis cós outros grupos de animais xuntos. Os insectos pódense encontrar en case tódolos ambientes do planeta, aínda que só un pequeno número de especies se adaptou á vida nos océanos. Hai aproximadamente 5.000 especies de libélulas, 20.000 de saltóns, 170.000 de bolboretas, couzas e avelaíñas, 120.000 de moscas, 82.000 de chinches, 350.000 de escaravellos, e 110.000 especies de abellas e formigas. Algúns pequenos grupos de animais, tales coma os Collembola, Protura y Diplura, están relacionados cos insectos polo subfilo Hexapoda. Os insectos verdadeiros (a clase Insecta) distínguense do resto dos hexápodos en parte, por ser ectognatos (coas pezas bucais dispostas exteriormente). Moitas especies, inda que non todas, teñnen ás na súa fase adulta. Os artrópodos terrestres coma os cempés, miriápodos, escorpións e arañas confúndense a miúdo cos insectos debido a que teñen estruturas corporais semellantes, pero non o son.

Anatomía dos insectos

araña O corpo dos insectos está formado por tres rexións principais: cabeza, tórax e abdome:
- Cabeza: Situada do corpo, nela encóntranse os órganos da alimentación e diferentes órganos sensoriais, os cales son: un par de antenas, ollos simples (ocelos), ollos compostos e as pezas bucais (un par de mandíbulas, un par de maxilas e o beizo), que varían moito segundo as ordes estudadas.
- Tórax: está formado por tres segmentos e serven de soporte ós apéndices locomotores: tres pares de patas e, nos insectos alados Pterygotos, dous pares de ás, colocados no segundo (mesotórax) e terceiro (metatórax) segmento torácico.
- Abdome: Compóñeno un número variable de segmentos (6 en colémbolos, de 8 a 12 en proturos e 11 no resto de insectos), sen apéndices ambulatorios e contén os órganos dixestivos e reprodutores.

Sistema nervioso

O sistema nervioso dos insectos está formado polo ganglio supraesofáxico ou cerebro, o ganglio subesofáxico e unha cadea de ganglios (un por segmento do corpo) colocados ó longo da rexión ventral do corpo, unidos por comisuras. O cerebro está composto pola fusión de tres ganglios (protocerebro, deutocerebro e tritocerebro) os cales inervan os órganos e apéndices da cabeza. O ganglio subesofáxico únese ó cerebro mediante as comisuras esofáxicas e está formado pola fusión dos ganglios mandibular, maxilar e labial. A cadea de ganglios ventrais presenta variacións, observándose unha tendencia á fusión dos mesmos tanto no tórax coma no abdome. Nos insectos existen ademais outros sistemas nerviosos, coma o estomogástrico, o cal controla os movementos dos sistemas dixestivo, circulatorio e músculos oclusores dos espiráculos. E por último o sistema periférico que desempeña funcións sensoriais.

Sistema respiratorio

A respiración realízase na maioría dos insectos dun modo pasivo (a través dun gradiente de concentración de osíxeno), gracias a un sistema de tráqueas, que se ramifican no interior do corpo e que se abren ó exterior a través duns orificios chamados espiráculos situados no tórax e abdome. En especies de gran tamaño coma as langostas, a difusión pasiva resulta insuficiente, polo que realizan movementos cos músculos abdominais para forzar a circulación dos gases.

Sistema dixestivo

Está composto por un tubo de tres seccións que recibenos nomes de intestino anterior (estomodeo), intestino medio (mesénteron) e intestino posterior (proctodeo), dos cales o mesénteron é o encargado da absorción dos nutrientes. Posúe glándulas salivares...

Sistema circulatorio

tráquea tráquea O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente polo sangue (hemolinfa). Salvo excepcións, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón e está dotada de varias aperturas laterais chamadas ostiolos que permiten a entrada de sangue A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas. O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e propúlsaa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse ós tecidos cara a cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas. A hemolinfa é o líquido circulatorio. A súa composición varía moito dunha especie a outra. As súas principais funcións son:
- Transporte de nutrientes cara ós tecidos e de refugallos ós órganos excretores.
- Coagulación para o cerre de feridas.
- Mecánicas: transmite presión en determinadas partes do corpo. Por exemplo no proceso de muda ou na expansión das ás.
- Inmunidade fronte á invasión baceriana.
- Transporte de osíxeno. Esta función é importante en moitos insectos acuáticos e nalgunas ninfas. Na maioría dos casos o osíxeno é conducido a través do sistema traqueal directamente.
- Transporte de hormonas. Por último cabe sinalar que os hemocitos (células sanguíneas) poden desempeñar funcións importantes no metabolismo.

Aparato bucal

ninfas O aparato bucal (gnatal) sufriu diversas especializacións nos diferentes grupos de insectos, pero de forma xeral segue algúns modelos básicos que dependen dos hábitos alimenticios:
- Mastigador:Suponse que é o tipo máis primitivo. Está formado por un labio superior móbil, un par de mandíbulas sen palpos, dúas maxilas libres con palpos móbiles e un labio inferior que en realidade está formado pola soldadura de dúas maxilas e dotado de dous palpos. É propio dos ortópteros, coleópteros, neurópteros, arquípteros, moitos himenópteros e as larvas dos lepidópteros.
- Chupador: Está constituído polo labro, epifarinxe, hipofarinxe, mandíbulas, maxilas, labio e palpos maxilares e labiais algunhas veces. Estas pezas forman en xeral un pico e cada una se alarga como un estilete, capacitando ó insecto para picalos tecidos das plantas ou dos animais. Dentro de este apartado distínguense tres tipos:
  - O de probóscide ou trompa, que presentan algúns dípteros e está constituído por un labio superior ou labro-epifarinxe acanalado, e que forma un tubo ó soldarse coa hipofarinxe; unhas mandíbulas atrofiadas, unhas maxilas moi rudimentarias e con palpos maxilares e, por último, un labio inferior carnoso, brando e sen palpos labiais. O conxunto do labio inferior constitúe a probóscide ou trompa. díptero enrolada]]
  - O de espiritrompa, propio dos lepidópteros e formado por un labio superior rudimentario, unhas mandíbulas moi pequenas ou totalmente ausentes, un labio inferior do que só quedan os palpos labiais e unhas maxilas moi alongadas e soldadas, dando lugar a un tubo enrolado en espiral que recibe o nome de espiritrompa. Os palpos maxilares son curtos.
  - O de pico articulado, propio dos hemípteros e composto por un labio superior que pecha a base da canle formada polo labio inferior, unhas mandíbulas alargadas en forma de láminas perforadas, unhas maxilas semitubulares que presentan dous acanalamentos (un alimenticio e outro salivar), e un labio inferior prolongado e articulado (pico) onde se aloxan as mandíbulas e as maxilas.
- Lambedor: Integrado por un labio superior, dúas mandíbulas sen palpos, uns palpos maxilares alongados que forman un tubo onde se aloxa o labio inferior transformado nunha lingüeta moi longa, flexible e peluda. É propio dos himenópteros.
- Picador: neste tamén se distinguen dúas variedades:
  - O de trompa perforante, propio dalgúns dípteros e formado por un labio superior en forma de estilete succionador, unhas mandíbulas e unhas maxilas afiadas e dentadas, e un labio inferior ou probóscide a modo de vaíña.
  - O picador propiamente dito, típico dos afanípteros e composto por un labio superior tubular ou semitubular, unhas mandíbulas en forma de láminas estreitas, puntiagudas, longas e dentadas, dúas maxilas libres con palpos e un labio inferior reducido a unha peza e con dous palpos labiais longos.

Percepción

Moitos insectos posúen órganos moi refinados de percepción; nalgúns casos os seus sentidos poden ser mellores cós dos humanos. Por exemplo, as abellas poden ver no espectro ultravioleta e captar os patróns de polarización da luz, e as avelaíñas macho teñen un sentido especializado do olfato que ayuda a detectar as feromonas das femias a moitos quilómetros de distancia.

Patas

feromona As patas están divididas en cinco segmentos: coxa, trocanter, fémur, tibia e tarso. Os dous primeiros son de pequeno tamaño, os dos seguintes forman a parte principal da pata e o último está xeralmente dividido en tres partes distintas. Ó final sitúanse un par de uñas. As patas presentan distintas adaptacións, dependendo do tipo de vida que leve o insecto; adaptadas ó salto (saltóns), á excavación (grilo toupa), á depredación (mantis), a marcha sobre a auga (zapateiro), ou á recollida e almacenaxe de alimento (abellas).

Ás

As ás son apéndices pareados que se encontran no segundo e terceiro segmento torácico, que son consideradas os responsables do éxito evolutivo dos insectos, son de consistencia membranosa. Caracterízanse por presentar unha nervación que é a responsable de brindarlle a rixidez necesaria para o voo, esta nervación é característica de cada grupo de insectos e é usada para clasificalos. Nas ás obsérvanse moitas variacións en canto á súa forma e consistencia.

Reprodución

Os insectos presentan sexos separados e frecuentemente moi diferenciados morfoloxicamente entre si, sendo nalgúns casos o macho máis grande e de coloración máis rechamante cá femia. Reprodúcense normalmente por vía sexual, nalgúns casos tamén se poden reproducir mediante partenoxénese (asexualmente),nalgunhas poucas especies non se coñecen machos.

Metamorfose

A metamorfose é un proceso de desenvolvemento postembrionario, mediante o cal os insectos alcanzan a súa fase adulta (imago), durante a cal chegan á madurez sexual, no caso dos Pterigotos desenvólvense ademais as ás. Segundo o tipo de metamorfose que experimentan os insectos, estes son:
- Ametábolos: os xuvenís non se diferencian dos adultos salvo pola madurez sexual e o tamaño (e.g. Collembolos, Tisanuros y Dipuros), típica de apterigotos.
- Hemimetábolos: metamorfose gradual na cal as tecas alares e os órganos sexuais vanse desenvolvendo pouco e pouco, se ben as diferentes fases xuvenís son semellantes entre si e ó adulto, os cambios na última muda son máis marcados (aparición de ás), este é o tipo de metamorfose que experimentan os Odonatas, Ortópteros, Hemípteros, entre outros.
- Holometábolos: metamorfose completa, na cal os tecidos do adulto se orixinan a partir de grupos especiais de células chamadas imaxinais, durante unha fase do ciclo de vida coñecida como ninfa. Neste grupo de insectos hai grandes diferencias morfolóxicas entre xuvenís e adultos, entre eles áchanse Lepidópteros, Coleópteros, Hymenópteros, entre outros.

Bibliografía


- Coronado, R. y Maruqez, A. 1972. Introducción a la entomología. Editorial Limusa-Wiley.
- Martul, C. 1986. Ciencias Naturales: Zoología y Ecología. Ediciones Ingelek, S.A.
- Naumann, I.D. (Ed). The Insects of Australia. Cornell University Press. NY.
- Osuna, E. 1995. Morfología del exoesqueleto de los insectos. Volumen I y II. CDCH. Universidad Central de Venezuela.
- Nieto Nafria, J.M. y Mier Durante, M.P. Tratado de entomología. 1985. Ediciones Omega. Barcelona.
- Wigglesworth, V.B. Insect Physiology, 7ª ed. 1974. Chapman and Hall, Londres.

Véxase tamén


- Artrópodo
- Insectívoro

Enlaces externos


- [http://www.ub.es/dpep/meganeura/meganeura.htm Meganeura] insectos fósiles.
- [http://es.geocities.com/im_verdu/index.htm Fotografias de insectos en Macro] Category:Insectos Category:Zooloxía ja:昆虫類 ko:곤충 ms:Serangga simple:Insect th:แมลง

Especie

En Bioloxía denomínase especie (do latín Species) a cada un dos grupos en que se dividen os xéneros. Componse de individuos que, ademais dos caracteres xenéricos, teñen en común outros caracteres polos cales se asemellan entre si e poden ser distinguidos de individuos pertencentes ás demais especies. Desde o punto de vista estrictamente sistemático ou da taxonomía, é a xerarquía comprendida entre o xénero (ou o subxénero, se existise) e a variedade (ou, no seu caso, a subespecie). Especie é a limitación do xenérico nun ámbito morfolóxicamente concreto.

Determinación dos límites

A determinación dos límites dunha especie é puramente subxectiva e, polo tanto, exposta ás modalidades da interpretación persoal. Algúns conceptos usuais son moi antigos, moi anteriores ao establecemento científico desta categoría sistemática. Pola contra, existen outros de límites moi vagos, nos cales os sistemáticos están en completo desacordo. Se as especies fosen inmutables, poderíase definir facilmente cada unha delas dicindo que é o conxunto de individuos (que foron, que son e que, de non extinguírense, serán) de caracteres cualitativamente idénticos. Unha entidade así determinada non é realmente unha especie, senon o que usualmente se chama unha liña pura ou un clon. A tradición aristotélica establecía que os xéneros se dividen en especies pero que a especie, á súa vez, pode convertirse en xénero con respecto ás subdivisións secundarias.

Outras definicións de Especie

Existen multitude de definicións de especie: :Linneo: «Contamos tantas especies cantas formas distintas foron creadas no principio» (Linneo, Phylosophya botanica, traducida por Palau, p. 83). :Cuvier: «Especie é o conxunto dos individuos descendentes un de outro ou de pais comúns e dos que se lles parecen tanto coma aqueles entre si» :de Candolle: «Especie é a colección de todos os individuos que se parecen máis entre si que a outros; que por fecundación recíproca poden dar individuos fértiles, e que se reproducen por xeneración, de tal xeito que, por analoxía, se lles pode supoñer a todos procedentes orixinariamente dun só individuo». :Le Dantec: «Especie é o conxunto de todos os individuos cualitativamente identicos que non presentan entre si, nos seus elementos vivos, máis que diferencias cuantitativas». :Laumonier: «Todos os individuos fecundos entre si e que teñen descendentes tamén indefinidamente fecundos» Category:Bioloxía ja:種 (生物) ms:Spesies th:สปีชีส์

Lingua grega

Lingua indoeuropea falada como lingua oficial nos territorios do actuais Grecia e Chipre, así como en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É lingua oficial na Unión Europea.

Historia da lingua grega

É unha das linguas do mundo que conta cunha documentación máis antiga. Para ver unha historia desta lingua ver os artigos: Grego micénico, Grego antigo, Dialectos gregos, Grego medieval, Grego moderno.

Escritura da lingua grega

Ao longo da súa historia o grego apareceu escrito cos seguintes sistemas de escritura: Lineal B, Alfabeto grego, silabario chipriota.

Mar

Un mar é unha larga expansión de auga salgada conectada cun océano. O termo tamén se usa para grandes lagos salinos que non teñen saída natural, como o Mar Caspio, o Mar de Aral e mais o Mar Morto. O termo úsase nun senso menos xeográfico para designar unha parte do océano, como mar tropical ou auga do mar referíndose ás augas oceánicas. Mar Morto A auga do mar é transparente. Mais, cando ollamos o mar, parece azul, verde ou ata cincento. A cor muda de acordo coa cor do ceo, que se reflicte nel. Tamén depende da cor da terra ou das algas transportadas polas súas augas. A partir dunha certa profundidade, as cores comezan a sumir do fondo do mar. A primeira cor en desaparecer é a vermella, aos seis metros. Despois, aos quince, tamén a amarela. Ata chegar a un punto en que só se ve o azul. Durante millóns de anos, a choiva formou cursos de auga que ían disolvendo lentamente rochas de todos os períodos xeolóxicos, nas cales o sal común se atopa en abundancia. Eses cursos de auga desembocaban no mar. Como todos os ríos corren para o mar, el ficou con case todo o sal. Moitos mares son mares marxinais.

Lista de mares, divididos por océano

Océano Pacífico


- Mar de Bering
- Golfo do Alaska
- Golfo da California
- Mar de Okhotsk
- Mar do Xapón
- Mar do leste da China
- Mar do Sur da China
- Mar de Sulu
- Mar de Célebes
- Mar de Bohol (ou de Mindanao)
- Mar das Filipinas
- Mar de Flores
- Mar de Banda
- Mar de Arafura
- Mar de Timor
- Mar da Tasmania
- Mar Amarelo
- Mar de Coral
- Mar de Xava

Océano Atlántico


- Baía de Hudson
  - Baía de James
- Baía de Baffin
- Golfo de San Lourenzo
- Mar Caribe
- Golfo do México
- Mar dos Sargazos
- Mar do Norte
- Mar Báltico
  - Golfo de Bothnia
- Mar da Irlanda
- Mar Mediterráneo
  - Mar Adriático
  - Mar Exeo
  - Mar Negro
    - Mar de Azov
  - Mar Xónico
  - Mar Ligur
  - Mar de Mirtoon
  - Mar Tirreno
  - Golfo de Sidra
  - Mar de Mármara
  - Mar de Creta
- Mar Cantábrico
- Golfo da Guinea

Océano Índico


- Mar Vermello
- Golfo de Adén
- Golfo Pérsico
- Golfo de Omán
- Mar Arábico
- Baía de Bengala

Océano Ártico


- Mar de Barents
- Mar de Kara
- Mar de Beaufort
  - Golfo de Amundsen
- Mar de Chukchi
- Mar de Laptev

Océano Antártico


- Mar de Weddell
- Mar de Ross

Mares Continentais


- Mar de Aral
- Mar Caspio
- Mar Morto
- Mar da Galilea

Mares extraterrestres

As Lunar maria son vastas chairas basálticas na Lúa que se chamaron mares porque os primeiros astrónomos así se referían a elas, pensando que estas eran corpos de auga. Asúmese que hai auga líquida baixo a superficie de moitas lúas, máis marcadamente Europa, unha lúa de Xúpiter. Tamén se pensa que hai hidrocarburos en estado líquido na superficie de Titán, a pesar de que se poden considerar máis "lagos" que "mares". A distribución desas rexións líquidas será mellor comprendida despois da chegada da Sonda Cassini.

Vexa tamén


- Océano
- Río
- Xeografía
- Golfo
- Baía
- Estreito category:Xeografía category:Hidrografía
-
ja:海 ko:바다 ms:Laut simple:Sea zh-min-nan:Hái

Fósil

Peza pétrea que grazas á petrificación con minerais da cortiza terrestre achega ata nós un organismo, completo ou incompleto, que viviu noutras épocas xeolóxicas category:Zooloxía

Cambriano

Na escala de tempo xeolóxico, o Cámbrico é o período da era Paleozoica do éon Fanerozoico que está comprendido entre 542 millóns e 488 millóns e 300 mil anos atrás, aproximadamente. O período Cámbrico sucede o período Ediacarano da era Neoproterozoica do éon Proterozoico e precede o período Ordoviciano da súa era. Divídese nas épocas Cámbrica Inferior, Cámbrica Media e Cámbrica Superior, da máis antiga para a máis recente.

Explosión Cámbrico

Durante o Cámbrico, ocorre a maior diversificación da vida, evento coñecido como explosión cámbrica.

Páxinas relacionadas


- Xeoloxía
- Paleontoloxía category:Escala de tempo xeolóxico ja:カンブリア紀

Segmentación

En lingüística estrutural, a segmentación é un procedemento consistente en dividir un enunciado en unidades discretas que representan, cada unha delas, un morfema. Cada morfema pode ser, a continuación, segmentado nas súas unidades constituíntes, os fonemas. Para segmentar hai que ir identificando as unidades discretas mediante a operación de conmutación. Para isto é preciso ter clasificado as unidades conforme ás relacións paradigmáticas que establecen entre si. Por exemplo, tendo os enunciados A mesa é grande, A mesa é pequena, As mesas son pequenas, As mesas son grandes, etc., pódese isolar a unidade discreta mesa pola súa aparición en contextos idénticos (a -- é) e diferentes (as -- son).

Articulación

Porzig afirma que a articulación é o procedemento que permite distinguir entre a linguaxe dos homes e a dos animais: a enunciación vocal humana é articulada porque se presta a unha división sistemática, por medio da cal chegamos a elementos sonoros significativos; e por outro lado, eses elementos existen porque a súa significación permanente asegura a súa individualidade e nolos fai recoñecer sempre iguais a si mesmos nas máis variadas circunstancias. Martinet considera que a característica que opón as linguas naturais humanas ó resto de sistemas comunicativos é a organización en dúas articulacións:
- Grazas á primeira articulación o enunciado (oral ou escrito) pode ser segmentado en unidades dotadas de sentido: oracións, frases, sintagmas e, por último, monemas (lexemas e morfemas).
- Grazas á segunda articulación os monemas poden ser segmentados en fonemas. category:Lingüística

Locomoción

Literalmente, "movemento de lugar". Designa en xeral a un meio de transporte de mercadorías ou persoas, e en particular a aquel no que uns contenedores (vagóns) dotados de rodas van circulando apoiados en dúas rectas de metal que o encamiñan (carrís ou raís): por iso o vagón que produce a enerxía que o move se chama locomotora. A súa acepción xenérica asígnase a calquera sistema de transporte, sexa de tracción animal ou artificial, propia ou exóxena. Así, a locomoción humana pode ser a pé, a catro patas, a nado, choutando, á ra, do revés, etc. A importancia do modo de locomoción na evolución humana é tal que existen teorías que o relacionan coa capacidade intelixente e cultural ou cos hábitos alimenticios dos prehomínidos, polo cal tería xurdido a bipedestación en épocas prehistóricas. Esta capacidade de bipedestación implicou tamén certas particularidades anatómicas e sociais: a disposición dos pés, das pernas, do cóccis, a forma da columna vertebral, as características migratorias ou a dieta do home poden ser diferentes do chimpancé ou dos pónxidos en boa medida debido á específica locomoción humana. category:transporte

Cabeza

En anatomía, a cabeza dun animal é a parte superior ou anterior, onde se localizan os órganos dos sentidos (visión, oído, olfato e gusto). Os animais máis simples non teñen cabeza, pero a maioría dos que teñen formas bilateralmente simétricas si. Nos vertebrados o contido da cabeza está protexido dentro dun óso pechado chamado cranio. Category:Anatomía ja:頭

Abdome

Anatomía animal


- Nos artrópodos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax e nos máis evoluídos posúe apéndices articulados só no último metámero.
- Nos crustáceos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax
- Nos insectos esta rexión do corpo está constituída xeralmente por 11 segmentos semellantes, excepto os terminais.

Anatomía humana

Nos humanos o abdome é a cavidade entre o tórax e a pelve que comprende a parte inferior do tronco e a maior parte do aparato dixestivo e aparato uro-xenital. A cavidade abdominal recúbrese interiormente por unha membrana chamada peritoneo. category:anatomía simple:Abdomen

Cangrexo

Os cangrexos son os crustáceos da infra-orde Brachiura, caracterizados por teren o corpo totalmente protexido por un caparazón, cinco pares de patas, o primeiro dos cales presenta normalmente fortes pinzas, e xeralmente o abdome reducido e dobrado por baixo do cefalotórax. category:Zooloxía ja:カニ

Araña

As arañas son os membros de calquera especie da orde Araneae dos artrópodos, que abundan en tódolos continentes excepto na Antártida. Ata a data describíronse unhas 35.000 especies, das que só unha ducia son realmente perigosas para os seres humanos. Image:Araña006eue.jpg| Image:Araña030eue.jpg| Image:Tea de araña 163eue.jpg|Tea de araña As arañas teñen seis pares de apéndices ou extremidades: dous quelíceros, dous pedipalpos. Nos quelíceros habitualmente posúen glándulas velenosas e os machos de moitas especies empregan os pedipalpos, similares a patas curtas, como aparato copulador. A diferencia do resto dos arácnidos, o corpo das arañas está dividido en dúas partes unidas por un pedúnculo: a anterior, chamada cefalotórax ou prosoma e a posterior, coñecida como abdome ou opistosoma. Carecen de antenas e teñen unha vista moi pobre, a pesar dos seus catro pares de ollos simples denominados ocelos. Tamén as hai con tres, con dous e incluso cun só par de ollos (é menos habitual a presenza de arañas con menor número de pares de ollos). A situación destes na araña, é moi adecuada para identificar á especie que estamos examinando. Teñen catro pares de patas de 7 tramos chamados artellos, ordenados do corpo cara ó exterior: coxa, trocánter , fémur , xeonllo, tibia, metatarso e tarso. Non se coñecen especies de araña que non produzan seda, material composto de proteínas complexas, que utilizan para moi variadas funcións: cazar presas e envolvelas nela; como adhesivo dotros materiais de construcción de túneles, así como outras moitas utilidades. No extremo posterior do abdome áchanse as glándulas secretoras de seda denominadas fieiras, que producen un fluído que se solidifica ó contacto co aire (o fluído é unha disolución concentrada de proteínas, cuxa estrutura se transforma xusto antes de saír, converténdose nunha forma insoluble que rapidamente se deshidrata e constitúe a fibra de seda). As arañas desenvólvense directamente, sen sufrir metamorfose. Os araneidos (arañas), divídense en tres subordes: Mesothelae, Orthognatha e Labidognatha. Algunhas das especies de arañas son:
- Araña de auga
- Tarántula
- Viúva negra

Taxonomía

Sub-Orde Araneomorphae
:Agelenidae Agelenidae :Amaurobiidae :Anyphaenidae :Araneidae Araneidae] :Caponiidae :Clubionidae :Corinnidae Corinnidae :Ctenidae :Cybaeidae :Deinopidae :Desidae :Dictynidae :Diguetidae :Dysderidae :Eresidae :Filistatidae :Gnaphosidae :Hahniidae :Hersiliiidae :Hypochilidae :Leptonetidae :Linyphiidae :Liocranidae :Lycosidae :Mimetidae :Miturgidae :Nesticidae :Oecobiidae :Oonopidae :Oxyopidae :Palpimanidae :Philodromidae :Pholcidae :Pisauridae :Plectreuridae :Salticidae :Scytodidae :Segestriidae :Selenopidae :Sicariidae :Sparassidae :Tengellidae :Tetragnathidae :Theridiidae :Thomisidae :Titanoecidae :Uloboridae :Zodariidae :Zorocratidae :Zoropsidae Sub-OrdeMesothelae
:Actinopodidae :Arthrolycosidae :Arthromygalidae :Barychelidae :Idiopidae :Liphistiidae (p :Microstigmatidae :Migidae :Nemesiidae :Paratropidae Sub-Orde Mygalomorphae
:Antrodiaetidae :Atypidae :Ctenizidae :Cyrtaucheniidae :Dipluridae :Hexathelidae :Mecicobothriidae :Theraphosidae ja:クモ

Véxase tamén


- Tarántula

Ligazóns externas

[http://www.ucs.br/ccet/defq/naeq/material_didatico/textos_interativos_37.htm Arañas, acrobatas e perigosas - NAEQ - Núcleo de Apoio ao Ensino da Química (en portugués)] category:Zooloxía ja:クモ

Escorpión

O Escorpión é un animal invertebrado artrópodo (con patas formadas por varios segmentos) que pertence á orde Scorpiones estando encuadrado na clase dos aracnídeos .

Etimoloxía e orixes

O nome escorpión deriva do latín scorpio/scorpionis. Existen rexistros científicos da existencia dos escorpións hai máis de 400 millóns de anos. Segundo pesquisas, foron eles os primeiros artrópodos a conquistar o ambiente terrestre. Nesta adaptación, foilles moi útil a carapaza de quitina que compón o seu exoesqueleto e que evita a evaporazón excesiva. Actualmente xa están catalogadas preto de 1600 especies e subespecies distribuídas en 116 xéneros diferentes en todo o mundo. No Brasil, común en Portugal, o escorpión é coñecido en algunhas rexións como alacrán.

Ciclo Vital

Os escorpións son animais invertebrados terrestres que preferen lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en desertos, sabanas, cerrados, florestas temperadas e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, de pedras, madeiras, fendas de rocha, debaixo ou dentro de tixolos, baixo entullos de calquer natureza ou mesmo baixo cascas soltas de árbores, no baixo ou en grandes alturas destas. Algunhas especies poden ser atopadas en covas humanas, dormentes de ferrocarrís, ao longo das praias, na zona entre mareas ou en cavernas. Existen escorpións en todos os continentes, excepto na Antártida. Atopamos especies nos Alpes suízos e Europa en xeral, no México, Estados Unidos e Canadá, na América do Sur en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no Amazonas, na Oceanía, no norte do Mediterráneo, no Oriente Medio, na India, no norte e sur da África e Asia. A súas cores varían do amarelo palla ao negro total, pasando por tons intermedios, como o amarelo-avermellado, vermello-amarronzado, marron e tons de verde ou mesmo de azul. Son animais carnívoros e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación é baseada en insectos invertebrados tais como como grilos, baratas, moscas e moscardóns, e tamén doutro aracnídeo, a araña. Unha curiosidade a destacar aquí é o feito de, en tempos de escasez completa de alimento, practican o canibalismo para sobrevivir, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións conseguen comer cantidades inmensas de alimento, mais só precisan inxerir un 10% da comida de que necesitan, podendo pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira. araña Os predadores naturais do escorpión son os macacos, arañas, sapos, lagartos, curuxas, gaviáns, galiñas, algunhas formigas e os proprios escorpións.

Reprodución

A reprodución da grande maioría da especie é monoica, ou sexa, non exixe a presenza de machos e femias, senón que alguns escorpións son partenoxenéticos, isto é, reproducense sen a necesidade da presenza do macho. Como en outras especies, hai unha danza nupcial que antecede o acasalamento. O macho limpa o chan cos peites e deposita aí unha cápsula contendo espermatozoides (espermatóforo). Deseguida, arrasta a fémea para cima dos espermatóforos co fín de que os reciba. Os escorpións son vivíparos, ou sexa, non poñen ovos. Poden xerar de 6 a 90 crías e a incubación demora de dous meses e medio a tres. As crías nacen completamente brancas e por medio de parto, a través dunha fenda xenital. Fican pegados ao dorso materno de 10 a 14 días ata completarse a primeira muda (canto máis xoven o esporpión, máis mudas el fará) ata que consigan obter o seu proprio alimento soiños. Alcanzan a idade adulta con cerca dun ano de vida.

Características físicas

O corpo dos escorpións é dividido en prosomo (cefalotórax), mesosomo e metasomo.
- O prosomo é a rexión anterior, onden se atopan os ollos, quelíceras, pedipalpos terminados en quelas (pinzas) e pernas e os pentes.
- O mesosomo é a rexión larga do corpo, onde se atopan as aberturas dos pulmóns e opérculo xenital.
- O metasomo é vulgarmente coñecido como cauda ou rabo, alí se atopan unha estrutura cilíndrica cun espiño na ponta, chamada telson (o ferrón), dúas glándulas de veneno e o ano. ano

Veneno e toxidade

O ferrón do escorpión (chamado de telson), alén de servir para agarrar a presa, defenderse, e no apareamento, inocula na presa un veneno. Este veneno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, porén contén neurotoxinas, histaminas, seratonina, encimas, inhibidores de encimas, e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as células nervosas da presa, cunha certa especificidade, dependo do tipo de animal. É interesante saber que a toxicidade do veneno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos os pedipalpos, menos o escorpión utilizase do veneno para con súas presas e canto menores eles foren, máis o veneno do escorpión pode ser letal. O veneno de escorpións do tipo T. Serrulatus, que parece ser o veneno máis tóxico de todos os escorpións, actúa sobre o sistema nervoso periférico dos humanos, causando dor, pontadas, aumentando a pulsación cardíaca e diminuindo a temperatura corporal. Estes síntomas, debido ao seu peso corporal, son máis acentuados en nenos, e debido ás condicións físicas, aos enfermos. Todos os escorpións son venenosos, porén non mortais. A súa picada asemellase en grau de toxidade ao da picada dunha abella. O tratamento consiste na aplicación local da picada dun anestésico (lidocaina a 2%) e soro antiescorpionico (obtido de escorpións vivos). O tratamento debe ser hospitalario, de preferencia coa presentación do escorpión para facilitar o diagnóstico e o tratamento.

Previndo Accidentes

Os escorpións só atacan o ser humano cando se senten acuados e en circunstancia de defensa. Antes que un accidente con escorpións ocorra, debense tomar algunhas medidas básicas a evitar o mesmo. Vexa a seguir:
- Sacuda e examine calzados e roupas antes de usar;
- Manteña limpos os locais próximos a residencias evitando acúmulo de lixo, entullos e materiais de construción;
- Manteña o hábitat familiar libre de baratas, que son recoñecidas como un dos principais alimentos dos escorpións nos centros urbanos.
- Non coloque mans e pés dentro de buracos, montes de pedras ou leñas;
- Use sempre calzados e guantes nas atividades rurais ou de xardinaxe;
- Use telas e vedantes en portas e ventás;
- Crie aves domésticas en zonas rurais, que actúan como predadores naturais;
- En áreas sabidamente escorpionicas, manteña as camas a unha distancia mínima de 10 cm das paredes.

E se houber un accidente?

Se aínda así un accidente con escorpións ocorrese, primeiro debese evitar o pánico, lavar o local con auga e xabón, aplicar compresas de auga morna e procurar un médico. O ser humano, despois de ser picado, pode ter hipotermia ou hipertermia, sudorese profunda, visión embazada, náuseas, vomitos, dor abdominal, diarrea, arritmias cardíacas, choque, taquipinea, edema pulmonar agudo, axitación, somnolencia, confusións mental e tremores, alén de inchazo e vermellez no local da picada. Salientese que a toxidade do veneno depende de diversos factores, tais como a especie do escorpión (de 1600 especies catalogadas apenas 25 son venenosas ao home); a cantidade de veneno inxectada; o tamaño e o estado físico da vítima. Atención especial para nenoss e enfermos: mentres que as crianzas teñen máis posibilidades de envenenamento porque posuen menor masa corporal, os enfermos tamén caen nesta situación xa polo estado natural da vellez. Xa se constataron casos de persoas alérxicas ao veneno do escorpión, nestes casos o veneno actúa moi axiña, podendo levar a vítima á morte en pouco tempo. É recomendábel a captura do escorpión para que sexa identificado máis rapidamente cal o antídoto a ser aplicado.

Ligazóns Externas


- [http://www.arachnology.be/Arachnology.html Arachnology]
- [http://www.americanarachnology.org/gallery_entrance.html Arachnid Photo Gallery] (The American Arachnological Society)
- [http://www.geocities.com/apotecionegro/arac.html Geocities – Aracnídeos]
- [http://www.butantan.gov.br/materialdidatico/Numero4/numero4.htm Instituto Butantá] category:Aracnídeos ja:サソリ

Clive Hornby

Clive Hornby (born October 20, 1944 in Liverpool,England) is an English actor well known for his part in ITV's Emmerdale as farmer Jack Sugden. Hornby, Clive Hornby, Clive

Skrty angielskie zujer nadwaga pozycjonowanie sylwester w grach










































:: RELATED NEWS ::

DC home rule
Many democracy activists argue for District of Columbia voting rights—i.e., full and equitable representation for citizens of the city of Washington, D.C. in the United States Congress. Currently (since 1961, or in practice the election of 1964), residents of the District can vote for District of Columbia voting rights—i.e., full and equitable representation for citizens of the city of Washington, D.C. in the United States Congress. Currently (since 1961, or in practice the election of 1964), residents of the District can vote for August 8, 1824March 17, 1908), a member of the United States Democratic Party, was a politician who served the State of Maryland as a State Delegate, the State
Perfect Strangers (album)
Perfect Strangers is the eleventh studio album by Deep Purple, released in November 1984. It represents the reformation of the most successful and popular line up of the band, known to their fans as 'Mark II'. All members had been playing in their own bands or solo projects after the official band breaking up in 1976. Jon Lord and Ian Paice, the last surviving members of the original line-up, had joined the band's third vocalist David Coverdale in his own group
Washington, D.C. Home Rule
Many democracy activists argue for District of Columbia voting rights—i.e., full and equitable representation for citizens of the city of Washington, D.C. in the United States Congress. Currently (since 1961, or in practice the election of 1964), residents of the District can vote for District of Columbia voting rights—i.e., full and equitable representation for citizens of the city of Washington, D.C. in the United States Congress. Currently (since 1961, or in practice the election of 1964), residents of the District can vote for