:: wikimiki.org ::
| Insecto |
Insecto
Os insectos (Insecta) son unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos. A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía.
Características
Os insectos comprenden o grupo de animais máis diverso da Terra, con máis de 800.000 especies descritas, máis cós outros grupos de animais xuntos. Os insectos pódense encontrar en case tódolos ambientes do planeta, aínda que só un pequeno número de especies se adaptou á vida nos océanos. Hai aproximadamente 5.000 especies de libélulas, 20.000 de saltóns, 170.000 de bolboretas, couzas e avelaíñas, 120.000 de moscas, 82.000 de chinches, 350.000 de escaravellos, e 110.000 especies de abellas e formigas.
Algúns pequenos grupos de animais, tales coma os Collembola, Protura y Diplura, están relacionados cos insectos polo subfilo Hexapoda. Os insectos verdadeiros (a clase Insecta) distínguense do resto dos hexápodos en parte, por ser ectognatos (coas pezas bucais dispostas exteriormente). Moitas especies, inda que non todas, teñnen ás na súa fase adulta. Os artrópodos terrestres coma os cempés, miriápodos, escorpións e arañas confúndense a miúdo cos insectos debido a que teñen estruturas corporais semellantes, pero non o son.
Anatomía dos insectos
araña
O corpo dos insectos está formado por tres rexións principais: cabeza, tórax e abdome:
- Cabeza: Situada do corpo, nela encóntranse os órganos da alimentación e diferentes órganos sensoriais, os cales son: un par de antenas, ollos simples (ocelos), ollos compostos e as pezas bucais (un par de mandíbulas, un par de maxilas e o beizo), que varían moito segundo as ordes estudadas.
- Tórax: está formado por tres segmentos e serven de soporte ós apéndices locomotores: tres pares de patas e, nos insectos alados Pterygotos, dous pares de ás, colocados no segundo (mesotórax) e terceiro (metatórax) segmento torácico.
- Abdome: Compóñeno un número variable de segmentos (6 en colémbolos, de 8 a 12 en proturos e 11 no resto de insectos), sen apéndices ambulatorios e contén os órganos dixestivos e reprodutores.
Sistema nervioso
O sistema nervioso dos insectos está formado polo ganglio supraesofáxico ou cerebro, o ganglio subesofáxico e unha cadea de ganglios (un por segmento do corpo) colocados ó longo da rexión ventral do corpo, unidos por comisuras. O cerebro está composto pola fusión de tres ganglios (protocerebro, deutocerebro e tritocerebro) os cales inervan os órganos e apéndices da cabeza. O ganglio subesofáxico únese ó cerebro mediante as comisuras esofáxicas e está formado pola fusión dos ganglios mandibular, maxilar e labial. A cadea de ganglios ventrais presenta variacións, observándose unha tendencia á fusión dos mesmos tanto no tórax coma no abdome.
Nos insectos existen ademais outros sistemas nerviosos, coma o estomogástrico, o cal controla os movementos dos sistemas dixestivo, circulatorio e músculos oclusores dos espiráculos. E por último o sistema periférico que desempeña funcións sensoriais.
Sistema respiratorio
A respiración realízase na maioría dos insectos dun modo pasivo (a través dun gradiente de concentración de osíxeno), gracias a un sistema de tráqueas, que se ramifican no interior do corpo e que se abren ó exterior a través duns orificios chamados espiráculos situados no tórax e abdome. En especies de gran tamaño coma as langostas, a difusión pasiva resulta insuficiente, polo que realizan movementos cos músculos abdominais para forzar a circulación dos gases.
Sistema dixestivo
Está composto por un tubo de tres seccións que recibenos nomes de intestino anterior (estomodeo), intestino medio (mesénteron) e intestino posterior (proctodeo), dos cales o mesénteron é o encargado da absorción dos nutrientes. Posúe glándulas salivares...
Sistema circulatorio
tráquea
tráquea
O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente polo sangue (hemolinfa). Salvo excepcións, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón e está dotada de varias aperturas laterais chamadas ostiolos que permiten a entrada de sangue A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas. O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e propúlsaa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse ós tecidos cara a cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas.
A hemolinfa é o líquido circulatorio. A súa composición varía moito dunha especie a outra. As súas principais funcións son:
- Transporte de nutrientes cara ós tecidos e de refugallos ós órganos excretores.
- Coagulación para o cerre de feridas.
- Mecánicas: transmite presión en determinadas partes do corpo. Por exemplo no proceso de muda ou na expansión das ás.
- Inmunidade fronte á invasión baceriana.
- Transporte de osíxeno. Esta función é importante en moitos insectos acuáticos e nalgunas ninfas. Na maioría dos casos o osíxeno é conducido a través do sistema traqueal directamente.
- Transporte de hormonas. Por último cabe sinalar que os hemocitos (células sanguíneas) poden desempeñar funcións importantes no metabolismo.
Aparato bucal
ninfas
O aparato bucal (gnatal) sufriu diversas especializacións nos diferentes grupos de insectos, pero de forma xeral segue algúns modelos básicos que dependen dos hábitos alimenticios:
- Mastigador:Suponse que é o tipo máis primitivo. Está formado por un labio superior móbil, un par de mandíbulas sen palpos, dúas maxilas libres con palpos móbiles e un labio inferior que en realidade está formado pola soldadura de dúas maxilas e dotado de dous palpos. É propio dos ortópteros, coleópteros, neurópteros, arquípteros, moitos himenópteros e as larvas dos lepidópteros.
- Chupador: Está constituído polo labro, epifarinxe, hipofarinxe, mandíbulas, maxilas, labio e palpos maxilares e labiais algunhas veces. Estas pezas forman en xeral un pico e cada una se alarga como un estilete, capacitando ó insecto para picalos tecidos das plantas ou dos animais. Dentro de este apartado distínguense tres tipos:
- O de probóscide ou trompa, que presentan algúns dípteros e está constituído por un labio superior ou labro-epifarinxe acanalado, e que forma un tubo ó soldarse coa hipofarinxe; unhas mandíbulas atrofiadas, unhas maxilas moi rudimentarias e con palpos maxilares e, por último, un labio inferior carnoso, brando e sen palpos labiais. O conxunto do labio inferior constitúe a probóscide ou trompa.
díptero enrolada]]
- O de espiritrompa, propio dos lepidópteros e formado por un labio superior rudimentario, unhas mandíbulas moi pequenas ou totalmente ausentes, un labio inferior do que só quedan os palpos labiais e unhas maxilas moi alongadas e soldadas, dando lugar a un tubo enrolado en espiral que recibe o nome de espiritrompa. Os palpos maxilares son curtos.
- O de pico articulado, propio dos hemípteros e composto por un labio superior que pecha a base da canle formada polo labio inferior, unhas mandíbulas alargadas en forma de láminas perforadas, unhas maxilas semitubulares que presentan dous acanalamentos (un alimenticio e outro salivar), e un labio inferior prolongado e articulado (pico) onde se aloxan as mandíbulas e as maxilas.
- Lambedor: Integrado por un labio superior, dúas mandíbulas sen palpos, uns palpos maxilares alongados que forman un tubo onde se aloxa o labio inferior transformado nunha lingüeta moi longa, flexible e peluda. É propio dos himenópteros.
- Picador: neste tamén se distinguen dúas variedades:
- O de trompa perforante, propio dalgúns dípteros e formado por un labio superior en forma de estilete succionador, unhas mandíbulas e unhas maxilas afiadas e dentadas, e un labio inferior ou probóscide a modo de vaíña.
- O picador propiamente dito, típico dos afanípteros e composto por un labio superior tubular ou semitubular, unhas mandíbulas en forma de láminas estreitas, puntiagudas, longas e dentadas, dúas maxilas libres con palpos e un labio inferior reducido a unha peza e con dous palpos labiais longos.
Percepción
Moitos insectos posúen órganos moi refinados de percepción; nalgúns casos os seus sentidos poden ser mellores cós dos humanos. Por exemplo, as abellas poden ver no espectro ultravioleta e captar os patróns de polarización da luz, e as avelaíñas macho teñen un sentido especializado do olfato que ayuda a detectar as feromonas das femias a moitos quilómetros de distancia.
Patas
feromona
As patas están divididas en cinco segmentos: coxa, trocanter, fémur, tibia e tarso. Os dous primeiros son de pequeno tamaño, os dos seguintes forman a parte principal da pata e o último está xeralmente dividido en tres partes distintas. Ó final sitúanse un par de uñas. As patas presentan distintas adaptacións, dependendo do tipo de vida que leve o insecto; adaptadas ó salto (saltóns), á excavación (grilo toupa), á depredación (mantis), a marcha sobre a auga (zapateiro), ou á recollida e almacenaxe de alimento (abellas).
Ás
As ás son apéndices pareados que se encontran no segundo e terceiro segmento torácico, que son consideradas os responsables do éxito evolutivo dos insectos, son de consistencia membranosa. Caracterízanse por presentar unha nervación que é a responsable de brindarlle a rixidez necesaria para o voo, esta nervación é característica de cada grupo de insectos e é usada para clasificalos. Nas ás obsérvanse moitas variacións en canto á súa forma e consistencia.
Reprodución
Os insectos presentan sexos separados e frecuentemente moi diferenciados morfoloxicamente entre si, sendo nalgúns casos o macho máis grande e de coloración máis rechamante cá femia. Reprodúcense normalmente por vía sexual, nalgúns casos tamén se poden reproducir mediante partenoxénese (asexualmente),nalgunhas poucas especies non se coñecen machos.
Metamorfose
A metamorfose é un proceso de desenvolvemento postembrionario, mediante o cal os insectos alcanzan a súa fase adulta (imago), durante a cal chegan á madurez sexual, no caso dos Pterigotos desenvólvense ademais as ás. Segundo o tipo de metamorfose que experimentan os insectos, estes son:
- Ametábolos: os xuvenís non se diferencian dos adultos salvo pola madurez sexual e o tamaño (e.g. Collembolos, Tisanuros y Dipuros), típica de apterigotos.
- Hemimetábolos: metamorfose gradual na cal as tecas alares e os órganos sexuais vanse desenvolvendo pouco e pouco, se ben as diferentes fases xuvenís son semellantes entre si e ó adulto, os cambios na última muda son máis marcados (aparición de ás), este é o tipo de metamorfose que experimentan os Odonatas, Ortópteros, Hemípteros, entre outros.
- Holometábolos: metamorfose completa, na cal os tecidos do adulto se orixinan a partir de grupos especiais de células chamadas imaxinais, durante unha fase do ciclo de vida coñecida como ninfa. Neste grupo de insectos hai grandes diferencias morfolóxicas entre xuvenís e adultos, entre eles áchanse Lepidópteros, Coleópteros, Hymenópteros, entre outros.
Bibliografía
- Coronado, R. y Maruqez, A. 1972. Introducción a la entomología. Editorial Limusa-Wiley.
- Martul, C. 1986. Ciencias Naturales: Zoología y Ecología. Ediciones Ingelek, S.A.
- Naumann, I.D. (Ed). The Insects of Australia. Cornell University Press. NY.
- Osuna, E. 1995. Morfología del exoesqueleto de los insectos. Volumen I y II. CDCH. Universidad Central de Venezuela.
- Nieto Nafria, J.M. y Mier Durante, M.P. Tratado de entomología. 1985. Ediciones Omega. Barcelona.
- Wigglesworth, V.B. Insect Physiology, 7ª ed. 1974. Chapman and Hall, Londres.
Véxase tamén
- Artrópodo
- Insectívoro
Enlaces externos
- [http://www.ub.es/dpep/meganeura/meganeura.htm Meganeura] insectos fósiles.
- [http://es.geocities.com/im_verdu/index.htm Fotografias de insectos en Macro]
Category:Insectos
Category:Zooloxía
ja:昆虫類
ko:곤충
ms:Serangga
simple:Insect
th:แมลง
FiloEn bioloxía, filo é o rango de clasificación que está entre reino e clase.
Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios filos poden agruparse en superfilos, e os individuos dun filo poden organizarse en subfilos (e estes á súa vez en infrafilos).
Niveis de clasificación (de xeral a concreto)
| Reino |
[Subreino]
[Infrarreino] |
| [Superfilo] |
| Filo |
[Subfilo] [Infrafilo] |
| [Superclase] |
| Clase |
(Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)
Category:Bioloxía
ja:生物の分類
Libélula
A libélula ou libeliña é un insecto alado pertencente à sub-orde Anisoptera. Como características distintivas cóntanse o corpo fusiforme, co abdome moi alongado, ollos compostos e dous pares de asas semitransparentes. As libélulas son predadoras e aliméntanse de outros insectos, mosquitos e moscas. Este grupo ten distribución mundial e ten preferencia por hábitats nas inmediacións de corpos de auga estancada (pozas ou lagos temporais), zonas pantanosas ou perto de ribeiros e riachos. As larvas de libélula (chamadas ninfas) son acuáticas, carnívoras e extremadamente agresivas, podendo alimentarse non só de insectos mais tamén de peixes xuvenís.
hábitat
As libélulas non teñen a capacidade de picar, visto que as súas mandíbulas están adaptadas á mastigación. Dentro do seu ecosistema, son bastante útiles no control das poboacións de mosquitos e das súas outras presas, prestando así un servizo importante ao home.
As libélulas adultas cazan á base do seu sentido de visión extremadamente apurado. Os seus ollos son compostos por millares de facetas (ata 30,000) e confírenlles un campo visual de 360 graos. As libélulas meden entre 2 e 19 cm de envergadura e as especies máis rápidas poden voar a cerca de 85 km/h.
O grupo xurdiu no Paleozoico, sendo bastante abundantes no período Carbónico, e conserva ata hoxe as mesmas características xerais. As maiores libélulas de sempre pertencen ao xénero Meganeura, floresceu no Pérmico, e podían atinxir envergaduras de 70 a 75 cm.
category:Zooloxía
Saltón# Insecto ortóptero de corpo cilíndrico (Stauronotus maroccanus), con antenas longas, ás amplas e patas posteriores moi desenvoltas, adaptadas ó salto.
# Que é moi saltador.
# Dise aquilo que é rechamante.
Image:Saltón 160eue.jpg
Image:Saltón 078eue.jpg
Image:Salton 019eue.jpg
Véxase tamén
- [http://commons.wikimedia.org/wiki/Caelifera Fotos de saltóns en Commons]
category:Zooloxía
Chinche
Os hemipteras ou chinches pertencen á orde dos Hexápodos ou Insectos.
A maioría ten catro ás ó chegar a adultos. Estes son chamados hemiélitros, porque a metade basal (hemi) é dura (elitron) e o resto da á é membranosa, con varias veas.
As chinches teñen aparato bucal picador chupador. Alimentan de líquidos (saiba das plantas, sangue doutros insectos e también de vertebrados) que extraen dun vaso condutor (vasos sanguineos, etc.) ou de dentro da cavidade do corpo dos insectos que predan.
Para ser adultos pasan antes polos estados de ovo e ata cinco estadios ninfais. Teñen metamorfose gradual ou paurometabola. Existen chinches que se alimentan de plantas verdes (fitofagos), outros que se alimentan doutros insectos (predatores) e uns poucos que parasitan vertebrados (hematofagos).
Os fitofagos poden ser unha praga para a agricultura. Os predatores axudan ós agricultores a combater outras pragas (control biolóxico). Os hematofagos son importantes para a saúde pública porque trasmiten patóxenos.
En Centro e Sudamerica os Triatominae (Triatoma, Rhodnius, Panstrongylus) son importantes vectores da enfermidade de Chagas-Mazza ou tripanosomiase americana. Combátense os andazos mediante tarefas de mellora das construcións, o uso de insecticidas, o illamento e o tratamento rápido das persoas enfermas.
Enlaces relacionados
- Insectos
category:Zooloxía
Abella
As abellas son insectos voadores, emparentados coas avespas e as formigas. Están adaptadas para chuchar o néctar, e xogan un papel importante na polinización das plantas con flores. As abellas teñen unha lingua longa que empregan para obter o néctar das flores. As antenas das abellas están formadas por trinta segmentos nos machos e doce nas femias. Teñen dous pares de ás, o último é o máis pequeno dos dous. As súas patas están adaptadas para coller o pole e o apéndice do abdome é un aguillón que usan para se defenderen. Hai arredor de 16 000 especies descritas, pero posiblemente o número total de especies estea en 30 000. O 80% das especies son solitarias e o resto son especies sociais que viven en comunidades: entre as máis avanzadas atópanse as abellas do mel.
O macho da abella denomínase abáboro, abázcaro ou
abellón
category:Zooloxía
ja:ハチ
ms:Lebah
simple:Bee
Formiga
A Formiga é un animal himenóptero que vive en galerías subterráneas. A súa sociedade está fortemente especializada en tres clases de individuos: machos, femias e obreiras. Os estudos máis recentes sobre o seu comportamento e súa fidelidade ao grupo indican que a orixe do mesmo está na identidade xenética entre si; de tal modo que entre elas existe un vínculo filial de irmandade que as predispón a cooperar pola supervivencia común das suas fillas e irmás.
sociedadesociedadesociedade
As formigas son un dos grupos de insectos máis exitosos e son de interese pola súa habilidade de formar colonias avanzadas. As primeiras formigas apareceron no período cretácico tardío. A maioría das formigas non posúe ás, aínda que isto varía segundo individuos dentro dunha colonia.
Colonias
Os ovos nas colonias son depositados por unha ou máis formigas raíña e a maioría destes medran para se converteren femias non aladas chamadas obreiras. Periodicamente prodúcense camadas de novas raíñas e machos, usualmente alados, os cales viven para reproducirse. Os machos morren pouco tempo despois da copulación, mentres que as raíñas sobreviventes achan novas colonias ou ocasionalmente regresan á súa antiga colonia.
ovo
Desenvolvemento
As formigas desenvólvense pou unha metamorfose completa, pasando polos estados larval e pupal antes de se converter en adultos. No estado larval unha formiga é completamente inútil xa que non posúe extremidades, polo que o seu coidado queda a cargo doutras formigas adultas. A diferenza entre raíñas e obreiras é determinada pola alimentación no estado larval. Tanto as larvas como as pupas deben ser mantidas a temperaturas relativamente constantes para asegurar un desenvolvemento adecuado, así que a miúdo son mudadas entre as diferentes cámaras de xestación da colonia.
Unha nova obreira pasa os seus primeiros días atendendo á raíña e ós xoves. Logo, gradúase e pasa a cavar e realizar outros labores. Máis tarde poderá buscar alimento e defender a colonia. Estes cambios son moi abruptos e definen o que se coñecen como castas temporais. Nalgunhas formigas existen tamén castas físicas. As formigas teñen un espectro de tamaños: obreiras menores, medianas e maiores. A miúdo as máis grandes posúen cabezas desproporcionadamente máis grandes con mandíbulas máis poderosas
Comunicación e comportamento
A comunicación entre as formigas prodúcese principalmente a través de compostos químicos chamados feromonas, e como a maioría dos tipos de formigas están moito tempo no chan, estas mensaxes químicas están máis desenvolvidas nelas ca noutros himenópteros. Deste modo, por exemplo, cando unha formiga recolectora encontra unha fonte de alimento, deixa un rastro químico no chan no seu camiño de volta ao formigueiro. Cando se encontra con outras formigas, comunícalles o achado vomitando parte do alimento e invítaas a seguir o rastro mediante sinais táctiles. Cando estas volven tamén ao formigueiro, reforzan o rastro, atraendo así a máis formigas, ata que a comida se termina, de forma que a partir dese momento o rastro non é reforzado e desaparece lentamente.
Véxase tamén
- [http://commons.wikimedia.org/wiki/Ant Fotos de formigas en Commons]
Category:Insectos
category:Zooloxía
ja:アリ
ko:개미
simple:Ant
Escorpión
O Escorpión é un animal invertebrado artrópodo (con patas formadas por varios segmentos) que pertence á orde Scorpiones estando encuadrado na clase dos aracnídeos .
Etimoloxía e orixes
O nome escorpión deriva do latín scorpio/scorpionis. Existen rexistros científicos da existencia dos escorpións hai máis de 400 millóns de anos. Segundo pesquisas, foron eles os primeiros artrópodos a conquistar o ambiente terrestre. Nesta adaptación, foilles moi útil a carapaza de quitina que compón o seu exoesqueleto e que evita a evaporazón excesiva.
Actualmente xa están catalogadas preto de 1600 especies e subespecies distribuídas en 116 xéneros diferentes en todo o mundo. No Brasil, común en Portugal, o escorpión é coñecido en algunhas rexións como alacrán.
Ciclo Vital
Os escorpións son animais invertebrados terrestres que preferen lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en desertos, sabanas, cerrados, florestas temperadas e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, de pedras, madeiras, fendas de rocha, debaixo ou dentro de tixolos, baixo entullos de calquer natureza ou mesmo baixo cascas soltas de árbores, no baixo ou en grandes alturas destas. Algunhas especies poden ser atopadas en covas humanas, dormentes de ferrocarrís, ao longo das praias, na zona entre mareas ou en cavernas.
Existen escorpións en todos os continentes, excepto na Antártida. Atopamos especies nos Alpes suízos e Europa en xeral, no México, Estados Unidos e Canadá, na América do Sur en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no Amazonas, na Oceanía, no norte do Mediterráneo, no Oriente Medio, na India, no norte e sur da África e Asia. A súas cores varían do amarelo palla ao negro total, pasando por tons intermedios, como o amarelo-avermellado, vermello-amarronzado, marron e tons de verde ou mesmo de azul.
Son animais carnívoros e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación é baseada en insectos invertebrados tais como como grilos, baratas, moscas e moscardóns, e tamén doutro aracnídeo, a araña. Unha curiosidade a destacar aquí é o feito de, en tempos de escasez completa de alimento, practican o canibalismo para sobrevivir, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións conseguen comer cantidades inmensas de alimento, mais só precisan inxerir un 10% da comida de que necesitan, podendo pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira.
araña
Os predadores naturais do escorpión son os macacos, arañas, sapos, lagartos, curuxas, gaviáns, galiñas, algunhas formigas e os proprios escorpións.
Reprodución
A reprodución da grande maioría da especie é monoica, ou sexa, non exixe a presenza de machos e femias, senón que alguns escorpións son partenoxenéticos, isto é, reproducense sen a necesidade da presenza do macho. Como en outras especies, hai unha danza nupcial que antecede o acasalamento. O macho limpa o chan cos peites e deposita aí unha cápsula contendo espermatozoides (espermatóforo). Deseguida, arrasta a fémea para cima dos espermatóforos co fín de que os reciba.
Os escorpións son vivíparos, ou sexa, non poñen ovos. Poden xerar de 6 a 90 crías e a incubación demora de dous meses e medio a tres. As crías nacen completamente brancas e por medio de parto, a través dunha fenda xenital. Fican pegados ao dorso materno de 10 a 14 días ata completarse a primeira muda (canto máis xoven o esporpión, máis mudas el fará) ata que consigan obter o seu proprio alimento soiños. Alcanzan a idade adulta con cerca dun ano de vida.
Características físicas
O corpo dos escorpións é dividido en prosomo (cefalotórax), mesosomo e metasomo.
- O prosomo é a rexión anterior, onden se atopan os ollos, quelíceras, pedipalpos terminados en quelas (pinzas) e pernas e os pentes.
- O mesosomo é a rexión larga do corpo, onde se atopan as aberturas dos pulmóns e opérculo xenital.
- O metasomo é vulgarmente coñecido como cauda ou rabo, alí se atopan unha estrutura cilíndrica cun espiño na ponta, chamada telson (o ferrón), dúas glándulas de veneno e o ano.
ano
Veneno e toxidade
O ferrón do escorpión (chamado de telson), alén de servir para agarrar a presa, defenderse, e no apareamento, inocula na presa un veneno. Este veneno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, porén contén neurotoxinas, histaminas, seratonina, encimas, inhibidores de encimas, e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as células nervosas da presa, cunha certa especificidade, dependo do tipo de animal.
É interesante saber que a toxicidade do veneno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos os pedipalpos, menos o escorpión utilizase do veneno para con súas presas e canto menores eles foren, máis o veneno do escorpión pode ser letal.
O veneno de escorpións do tipo T. Serrulatus, que parece ser o veneno máis tóxico de todos os escorpións, actúa sobre o sistema nervoso periférico dos humanos, causando dor, pontadas, aumentando a pulsación cardíaca e diminuindo a temperatura corporal. Estes síntomas, debido ao seu peso corporal, son máis acentuados en nenos, e debido ás condicións físicas, aos enfermos. Todos os escorpións son venenosos, porén non mortais. A súa picada asemellase en grau de toxidade ao da picada dunha abella.
O tratamento consiste na aplicación local da picada dun anestésico (lidocaina a 2%) e soro antiescorpionico (obtido de escorpións vivos). O tratamento debe ser hospitalario, de preferencia coa presentación do escorpión para facilitar o diagnóstico e o tratamento.
Previndo Accidentes
Os escorpións só atacan o ser humano cando se senten acuados e en circunstancia de defensa. Antes que un accidente con escorpións ocorra, debense tomar algunhas medidas básicas a evitar o mesmo. Vexa a seguir:
- Sacuda e examine calzados e roupas antes de usar;
- Manteña limpos os locais próximos a residencias evitando acúmulo de lixo, entullos e materiais de construción;
- Manteña o hábitat familiar libre de baratas, que son recoñecidas como un dos principais alimentos dos escorpións nos centros urbanos.
- Non coloque mans e pés dentro de buracos, montes de pedras ou leñas;
- Use sempre calzados e guantes nas atividades rurais ou de xardinaxe;
- Use telas e vedantes en portas e ventás;
- Crie aves domésticas en zonas rurais, que actúan como predadores naturais;
- En áreas sabidamente escorpionicas, manteña as camas a unha distancia mínima de 10 cm das paredes.
E se houber un accidente?
Se aínda así un accidente con escorpións ocorrese, primeiro debese evitar o pánico, lavar o local con auga e xabón, aplicar compresas de auga morna e procurar un médico.
O ser humano, despois de ser picado, pode ter hipotermia ou hipertermia, sudorese profunda, visión embazada, náuseas, vomitos, dor abdominal, diarrea, arritmias cardíacas, choque, taquipinea, edema pulmonar agudo, axitación, somnolencia, confusións mental e tremores, alén de inchazo e vermellez no local da picada.
Salientese que a toxidade do veneno depende de diversos factores, tais como a especie do escorpión (de 1600 especies catalogadas apenas 25 son venenosas ao home); a cantidade de veneno inxectada; o tamaño e o estado físico da vítima.
Atención especial para nenoss e enfermos: mentres que as crianzas teñen máis posibilidades de envenenamento porque posuen menor masa corporal, os enfermos tamén caen nesta situación xa polo estado natural da vellez. Xa se constataron casos de persoas alérxicas ao veneno do escorpión, nestes casos o veneno actúa moi axiña, podendo levar a vítima á morte en pouco tempo.
É recomendábel a captura do escorpión para que sexa identificado máis rapidamente cal o antídoto a ser aplicado.
Ligazóns Externas
- [http://www.arachnology.be/Arachnology.html Arachnology]
- [http://www.americanarachnology.org/gallery_entrance.html Arachnid Photo Gallery] (The American Arachnological Society)
- [http://www.geocities.com/apotecionegro/arac.html Geocities – Aracnídeos]
- [http://www.butantan.gov.br/materialdidatico/Numero4/numero4.htm Instituto Butantá]
category:Aracnídeos
ja:サソリ
Abdome Anatomía animal
- Nos artrópodos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax e nos máis evoluídos posúe apéndices articulados só no último metámero.
- Nos crustáceos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax
- Nos insectos esta rexión do corpo está constituída xeralmente por 11 segmentos semellantes, excepto os terminais.
Anatomía humana
Nos humanos o abdome é a cavidade entre o tórax e a pelve que comprende a parte inferior do tronco e a maior parte do aparato dixestivo e aparato uro-xenital. A cavidade abdominal recúbrese interiormente por unha membrana chamada peritoneo.
category:anatomía
simple:Abdomen
Sistema nerviosoConxunto de órganos relacionado cos nervios. Gračanica monasteryGračanica (Serbian: Грачаница) is a Serbian Orthodox monastery located near the village of Gračanica in municipality of Lipljan in Kosovo. It was founded by king Stefan Milutin 1321.
External links
- [http://www.kosovo.com/egracanica.html Official site of Serbian Orthodox Diocese of Raška and Prizren]
Category:Serbian Orthodox monasteries
Category:Monasteries in Serbia and Montenegro
Conspiracy sms hotel madrid mBank Strona Informacyjna mieszne zdjcia
|
|
|
| :: RELATED NEWS :: |
Herbaceous border
A herbaceous border is a collection of soft-stemmed (non-woody) perennials arranged closely together, usually to create a dramatic effect through colour, shape or large scale. The term herbaceous border is mostly in use in the United Kingdom and the Commonwealth. In North America, the term perennial border is normally used.
Herbaceous borders as they are known today were first popularly used in gardens in the
|
IUJ
The International University of Japan (国際大学: Kokusai Daigaku or IUJ) is a private university located in Niigata Prefecture, Japan.
IUJ offers master's degrees in international development and international relations, as well as For Love of the Game (movie).
For Love of the Game is a novel by Pulitzer Prize-winning author Michael Shaara, published posthumously in 1991. The book tells the story of fictional baseball great Billy Chapel
|
|
Garmin
Garmin Ltd. , incorporated in George Town, Cayman Islands, is a group of companies founded in 1989 by Gary Burrell, Min Kao, David Casey and Paul Shumaker, that develops consumer and aviation technologies for the Global Positioning System. Subsidiary Garmin International, Inc. serves as headquarters for the Garmin Limited companies and is located in
|
|
Duchy of Aveiro
The Duke of Aveiro was a title created in 1547 by John III of Portugal.
List of Dukes of Aveiro:
# João de Lencastre (1501 - 1571-22-08), Marquis of Torres Novas, son of George, Duke of Coimbra, was the first duke.
# Jorge de Lencastre (1548 - 1578-08-04), Married Madalen
|
International University of Japan
The International University of Japan (国際大学: Kokusai Daigaku or IUJ) is a private university located in Niigata Prefecture, Japan.
IUJ offers master's degrees in international development and international relations, as well as | |