:: wikimiki.org ::
| Lingua Grega |
Lingua gregaLingua indoeuropea falada como lingua oficial nos territorios do actuais Grecia e Chipre, así como en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É lingua oficial na Unión Europea.
Historia da lingua grega
É unha das linguas do mundo que conta cunha documentación máis antiga. Para ver unha historia desta lingua ver os artigos:
Grego micénico,
Grego antigo,
Dialectos gregos,
Grego medieval,
Grego moderno.
Escritura da lingua grega
Ao longo da súa historia o grego apareceu escrito cos seguintes sistemas de escritura:
Lineal B,
Alfabeto grego,
silabario chipriota.
Grecia
Grecia (en grego: Ελλάδα) é o país máis meridional dos Balcáns e confina ao norte coa Macedonia e a Bulgaria, ao este coa Turquía, en fronteira terrestre, con fronteira marítima no Mar Exeo, ao sur co Mar Mediterráneo e ao oeste co Mar Xónico, através do cal ten ligazón á Italia, e á Albania.
Historia
A antiga Grecia tiña límites coa Iliria e a Macedonia ao norte, ao leste co Mar Exeo, ao oeste co Mar Xónico, e ao sur co Mar Mediterráneo. Tiña 77.000 Km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía da Grecia um dos máis maravillosos países do mundo antigo.
Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europeia comezou hai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes do Mediterráneo e do mar Negro. Actualmente, a Grecia ten un poder reducido, sendo un dos países menos desenvolvidos da Europa. Atenas é a capital e maior cidade do país. En Atenas e outras partes da Grecia, existen espléndidas ruínas que son monumentos do pasado glorioso da nación.
Hai millares de anos, os gregos estabeleceran tradicións de xustiza e liberdade individual que son as bases da democracia. A súa arte, filosofía e ciencia tornaranse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da Antigëdade chamabanse a si mesmos proprios dos helenos (todos os que falaban grego, mesmo que non vivesen na Grecia), e daban o nome de Hélade a súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaran a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesma cultura, relixión e lingua.
Ver tamén Grecia Clásica
Política
Desde 1975, coa adopción da nova Constitución, Grecia é unha democracia republicana parlamentaria.
A monarquía foi rexeitada o 8 de decembro de 1974. Grecia obtivo a independencia en 1829, separándose do Imperio Otomano. A Constitución foi estabelecida o 1 de xuño de 1975.
O sistema legal basease no código romano. Con cortes divididas en asuntos civís, administrativos e criminosos.
O voto é obrigatório e universal, sendo adquirido ese direito aos dezoito anos. O poder executivo é rexido polo Xefe do Estado, que é eleito polo parlamento. Alén diso, existe aínda o Xefe do Goberno, eleito polo presidente e o Gabinete do Goberno, cuxos membros son tamén eleitos polo presidente, tendo en conta as recomendacións do primeiro ministro. O poder lexislativo é unicameral e o xudicial conta cunha Corte e un Tribunal Supremo.
Xeografía
Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dos Balcáns, na península do Peloponeso, separada do continente polo canal de Corinto, e de numerosas illas, incluindo Creta, Rodes, Eubeia e os arquipélagos do Dodecaneso e das Cíclades no Mar Exeo, e das Illas Xónicas no Mar Xónico. Grecia ten máis de 14.880 km de costas e unha fronteira terrestre de 1.160 km.
Perto do 80% da Grecia é territorio montañoso ou, polo menos, acidentado. A maior parte do país é terra seca e rochosa. Só o 28% da terra é arábel. A Grecia Occidental contén lagos e zonas húmidas. O Pindo, a cadea montañosa central, ten unha elevación media de 2.650 m. O lexendario monte Olimpo é o ponto máis alto da Grecia, atinxindo 2.917 m. por riba do nivel do mar.
O clima grego é semellante ao portugués, con invernos suaves e húmidos e veráns quentes e secos. As temperaturas só raramente atinxen valores extremos, aínda que ten nevado nas montañas e ata mesmo en Atenas, nalgúns invernos.
Nome
O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς,Elás. Deste nome tamén deriva "helénico", onde o "h" inicial vén da pronuncia no grego antigo cun son aspirado inicial (como o "h" en inglés). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα Eláda .
En moitas linguas europeas, o nome é (galego, español e italiano: Grecia, portugués: Grécia, inglés: Greece, francés: Grèce, alemán: Griechenland, ruso: Греция, etc.) provén dunha raíz distinta, Γραικός, Graikós que segundo Aristóteles era o antigo nome dos gregos. Por outra banda, o nome en varios países asiáticos (turco: Yunanistan, árabe: يونان, hebreo: יוון, persa antigo: Yaunâ, pali: Yona, malasio e indonesio: Yunani) deriva de Ἰωνία "ionía", a rexión de Xonia.
Category:Países Category:Europa
Category:Grecia
fiu-vro:Kriika
ja:ギリシャ
ko:그리스
ms:Yunani
roa-rup:Gârţii
simple:Greece
th:ประเทศกรีซ
zh-min-nan:Hi-lia̍p
AlbaniaEn galego: Albania, en albanés: Shqipëria, en alemán: Albanien, en árabe: البانيا, en xaponés: アルバニア, en grego: Αλβανία.
Albania é un país no sueste de Europa. Limita con Montenegro ao norte, con Kosovo (provincia de Serbia) ao noreste (ambas as dúas integrantes de Serbia e Montenegro), con Macedonia ao leste, con Grecia ao sur e co Mar Adriático ao oeste.
Historia
Os ilirios, pobo de fala indoeuropea, apareceron aproximadamente no 1000 AC no actual territorio de Albania. A súa cultura viuse influída pola cultura grega. Despois de ser conquistada por numerosas nacións (como o Imperio Romano e o Imperio Bizantino), pasou a formar parte, no 1478, do Imperio Otomano, tras anos de resistencia dirixida polo heroe nacional Gjergj Kastrioti Skenderbeg.
Tras a Guerra dos Balcáns, Albania declarou a súa independencia do Imperio Otomano no 1912. O país foi dirixido polo rei Zog I de Albania até 1939 cando foi acupada por Italia. Tras a Segunda Guerra Mundial os comunistas chegaron ao poder (en novembro de 1944) dirixidos por Enver Hoxha. Desde 1945 até 1990 Albania tivo un dos gobernos máis represivos de toda Europa.
Entre 1990 e 1992 o país puxo fin os 46 anos de goberno xenófobo comunista e estableceu unha democracia.
Política
A cabeza do Estado é o presidente, elixido pola Kuvendi (a Asemblea da República de Albania). Os 140 membros da Kuvendi son elixidos polos albaneses cada 4 anos. A cabeza do goberno é o primeiro ministro, que está asistido por un Consello de Ministros que son nomeados por el.
División Administrativa
Albania está dividida en 36 rrethe (distritos). Varios distritos agrúpanse nun qark (condado da prefectura), dos que hai 12. A capital, Tirana, ten un status especial. Os rrethe son:-
Xeografía
Albania está chea de cantís e montañas. O pico máis alto, o Korab, chega até os 2.753 metros.
Ademais da capital, Tirana, con 520.000 habitantes, as principais cidades son Durrës, Elbasan, Shkodër, Gjirokastër, Vlorë e Korçë.
Economía
Albania é un dos paises máis pobres de Europa, coa metade da poboación activa traballando na agricultura e un quinto traballando no estranxeiro. O país enfróntase a un alto desemprego, corrupción até nos niveis máis altos do goberno e ao crime organizado.
As súas exportacións son case nulas e importa moito de Grecia e Italia.
Demografía
A maioría da poboación é albanesa (o 96% segundo estimacións de 1989), tamén hai unha importante minoría grega (sobre o 2%). Tamén hai moitos albaneses en Kosovo na república de Serbia e Montenegro.
Desde a ocupación otomana, a maioría dos albaneses son musulmáns (sobre o 70%). A Igrexa Ortodoxa Oriental (20%) e a Igrexa Católica (10%) son as outras principais confesións. A pesar da mestura de relixións nunca houbo grandes disputas relixiosas e os matrimonios entre membros de distintas relixións son bastante habituais.
Category:Países Category:Europa Category:Albania
als:Albanien
fiu-vro:Albaania
ja:アルバニア
ko:알바니아
ms:Albania
roa-rup:Albanii
simple:Albania
th:ประเทศแอลเบเนีย
zh-min-nan:Shqipëria
Italia
Italia é un país europeo, ocupando case a totalidade da Península Itálica, máis as illas de Sardeña e Sicilia. Limitada ao norte por Suíza e Austria, ao leste por Eslovenia, o Mar Adriático (a través do cal contacta tamén con Croacia e Serbia e Montenegro (antiga Iugoslavia) e con Albania) e o Mar Xónico, que a separa de Grecia, ao sur polo Mar Mediterráneo (incluindo a Canle de Malta que separa Sicilia de Malta), polo Mar Tirreno e polo Mar de Liguria (ambos os dous separando o territorio peninsular das illas da Sicilia e Sardeña e da illa francesa de Córsega) e ao oeste por Francia. Italia inclúe tamén dous enclaves independentes: a República de San Marino e o Vaticano. Capital: Roma.
A fundación do moderno Estado italiano data da Unificación, completada no 1870.
Historia
Artigo principal: Historia de Italia
O nome Itália vén da Roma antiga. Os romanos chamaban ao sur da península italiana de Italia, que significa "terra de bois" ou "terra de pastos".
Italia influenciou bastante o desenvolvimento cultural e social de toda a Europa mediterránea, e sobre toda a cultura europea. Importantes culturas e civilizacións existiron desde tempos prehistóricos, tais como a civilización etrusca, que dominaron esta parte do mundo durante séculos, e especialmente o Imperio Romano, que extendeu os seus limites sobre a maior parte do continente europeo, o norte da África e o Oriente Medio.
Despois da caída do Imperio Romano do Ocidente en 476, a provincia italiana foi governada por unha série de reis bárbaros, ata o século VI, cando os Estados Papais foron criados, coa capital en Roma, baixo o comando da Igrexa católica En 776, a Lombardía foi conquistada por Carlos Magno, que foi coroado imperador da Lombardía e do Sacro Imperio Romano-Xermánico en 800, polo Papa León III.
A partir de do século X, as cidades do norte da actual Italia pasaron a ficar máis independentes entre si, tornandose centros económicos e políticos importantes. Elas tornaranse cidades-estados, ao longo da Idade Media e do Renacimento, exercerían grande influencia sobre o panorama cultural e económico do continente europeo. San Marino é un remanescente desas cidades-estados.
A Italia tornouse unha nación unida en 17 de marzo de 1861, cando a maior parte das cidades-estados foron unidas sobre o comando do Rei Vítor Emanuel II, do Piemonte. Os arquitetos da Unificación italiana foron o Conde de Cavour, o ministro-xefe de Vitor Emanuel, e Giuseppe Garibaldi, un xeneral e heroi italiano. Roma ficaría baixo o comando do Papado por máis unha década ata 20 de setembro de 1870. O Vaticano é un país independente, un enclave totalmente cercado pola cidade de Roma, e un remanescente dos antigos Estados Papais.
O governo ditadorial de Benito Mussolini, en 1922, culminou cunha alianza coa Alemaña e mailo Xapón, e a consequente formación do Eixo, que levaría á derrota italiana na segunda guerra mundial. En 2 de xuño de 1946, un referendo resultou na abolición da monarquía, e a instalación dunha república, que culminou coa adoción dunha nova constitución en 1 de xaneiro de 1948.
A Italia foi un membro fundador da OTAN, fundada en 4 de abril de 1949, e da Unión Europea, criada entre 1952 e 1958. En 14 de decembro de 1955, a Italia tornouse un membro da Organización das Nacións Unidas. O país, desde entón, xuntouse á crescente unificación económica e política da Europa Ocidental. Un exemplo disto foi a introdución do Euro como moeda oficial do país, en 1999, substituíndo a antiga Lira italiana.
Política
A Constitución italiana de 1948 estableceu un parlamento bicameral, que consiste dunha Cámera dos Deputados (Camera dei Deputati) e dun Senado (Senato della Repubblica) ben como un sistema xudiciario; e un sisema executivo composto de dun Consello de Ministros (Consiglio dei ministri), liderado polo primeiro-ministro (Presidente del consiglio dei ministri). O presidente da república (Presidente della Repubblica) é eleito para mandatos de 7 anos de duración polo parlamento, xuntamente cun certo número de delegados rexionais. O presidente escolle o primeiro-ministro, e este proión os outros ministros, que son aprobados polo presidente. O Consello de Ministros precisan ter apoio (Ficucia - confianza) de ambas as casas do parlamento.
Os deputados que son eleitos para o parlamento son eleitos diretamente pola poboación. De acordo coa lexislación italiana de 1993, a Italia ten membros únicos de cada distrito do país, para 75% dos postos no parlamento. Os outros 25% dos postos parlamentares son distribuídos regularmente. A Cámera dos Deputados posúe oficialmente 630 membros (mais de feito, son apenas 619 despois das eleicións italianas de 2001). O Senado é composto por 315 senadores, eleitos polo voto popular, ben como ex-presidentes e outras persoas (non máis que cinco), indicadas polo presidente da república, de acordo con provisións constitucionais especiais. Ambas as Cámeras de deputados e o senado son eleitos para un mandato de no máximo cinco anos de duración, mais poden ser disolvidas antes ao termo do mandato. As leis poden ser criadas na Cámera de deputados ou no Senado, e para seren aprobadas, precisan da maioría en ambas as Cámeras.
O sistema xudiciario italiano é baseado nas leis romanas, modificadas polo Código Napoleónico e outros estatutos adicionados posteriomente. Hai tamén unha corte constitucional (Corte Costitucionale), unha inovación despois da segunda guerra mundial.
Subdivisións
Código NapoleónicoArtigo principal: Subdivisións de Italia
A Italia está dividida en Rexións, Provincias e Cidades.
As Rexións son as maiores divisións, cada rexión posúe unha capital rexional. Por expemplo: A Toscana é unha Rexión e a súa capital é Florencia.
Cada Rexión está dividida tamén en pequenas provincias, cada unha delas tamén cunha capital.
Rexións da Italia:
Italia está dividida en 21 Rexións. Segue abaixo (do Norte ó Sur) as rexións e as súas respectivas capitais:
- Valle d'Aosta: Aosta
- Piemonte: Torino (Turín)
- Lombardía: Milano (Milán)
- Trentino: Trento
- Friuli-Venezia Giulia: Trieste
- Véneto: Venezia (Veneza)
- Liguria: Genova
- Emilia Romana: Bologna (Boloña)
- Toscana: Firenze (Florenza)
- Marche: Ancona
- Umbría: Perugia (Perugia)
- Lazio: Roma
- Abruzzo: L'Aquila
- Campania: Napoli (Nápoles)
- Molise: Campobasso
- Puglia: Bari
- Basilicata: Potenza
- Calabria: Catanzaro
- Sicilia: Palermo
- Sardeña: Cagliari
Xeografía
Ver artigo principal:Xeografía da Italia
A maior parte da Italia está localizada na Península Itálica, no continente europeo, e onde dous enclaves independentes están localizados: a República de San Marino e mailo Vaticano. As illas de Sicilia e Sardeña tamén fan parte da Italia.
A Italia limita ao norte con Suíza e con Austria, a leste coa Eslovenia, co Mar Adriático (a través do cal contacta tamén coa Croacia, Serbia e Montenegro (antiga Xugoslavia), Albania, e co Mar Xónico, que a separa da Grecia. Italia limita a sur co Mar Mediterráneo (incluindo o Canle de Malta que separa a Sicilia de Malta), co Mar Tirreno e co Mar da Liguria (ambos separando o territorio peninsular das illas da Sicilia e Sardeña e da illa francesa da Córsega). Finalmente, a Italia limitase ao oeste coa Francia.
O terreo italiano é bastante accidentado, cos Apeninos formando o esqueleto central da península. O ponto máis alto de Italia é o Mont Blanc, cos seus 4,810 metros, mais dous vulcáns están máis asociados co país: o Monte Etna, na Sicilia, e o Monte Vesubio, preto de Nápoles.
Economía
Ver artigo principal : Economía da Italia
A Italia ten unha economía industrial diversificada cunha renda total e per-capita máis ou menos igual ao da Francia ou do Reino Unido. Esta economía capitalista permanece dividida entre un norte industrialmente desenvolvido, dominado por empresas privadas, e un sur agrícola e menos desenvolvido, cunha taxa de desemprego do 20%. Por comparación cos viciños da Europa Ocidental, ten un grande número de Pequenas e Medias Empresas PMEs. A maior parte das materias-primas necesarias á industria e máis do 75% da enerxía son importadas.
Durante a última década, a Italia seguiu unha política fiscal apertada a fín de comprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiou de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adesión ao Euro desde o inicio, en 1999.
A performance económica de Italia ten vindo a atrasarse en relación aos seus parceiros da UE, e o actual governo pós en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecimento a longo prazo da economía. A pesar diso, ten andado devagar na implementación de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminución dos impostos, a flexibilización das leis que rexe o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.
- Lista de empresas italianas
Demografía
A Italia é un país altamente urbanizado. As maiores cidades do país son Roma, Milán e Nápoles, cada unha con máis dun millón de habitantes. A densidade poboacional italiana é unha das máis altas da Europa, con 197 hab/km².
A Italia posúe unha taxa moi baixa de crecimento poboacional anual, unha das máis baixas do continente, unha consecuencia de menos fillos por familia. Familias que viven no sur predominantemente agrícola posuen máis fillos do que familias que viven no norte industrializado.
Cerca de 98% da poboación italiana son descendentes de italianos. Minorías incluen alemáns que viven na rexión de Trentino-Alto Adige, e eslovenos, que viven na rexión de Trieste, ben como descendentes de franceses, que viven na rexión de Valle D'Aosta.
Cultura
Artigo principal: Cultura de Italia
Category:Países Category:Europa Category:Italia
als:Italien
fiu-vro:Itaalia
ja:イタリア
ko:이탈리아
ms:Itali
simple:Italy
th:ประเทศอิตาลี
zh-min-nan:Italia
Grego micénico como se describe na Ilíada de Homero]]
O micénico é a máis antiga forma coñecida da lingua grega, falada na Grecia continental e en Creta nos séculos XVI e XI a.C., antes da invasión doria. Consérvase en inscricións en Lineal B, unha escrita inventada en Creta polo século XIV a.C. A maior parte dos exemplos desta escrita están en taboíñas de arxila atopadas en Knossos e en Pilos. A lingua recebe o nome de Micenas, o primeiro dos palacios que se excavou.
As taboíñas permaneceron moito tempo sen descifrar, propoñéndose todoas as linguas concebibles como a que subxacía nelas, ata que Michael Ventris descifrou a escrita en 1952 e probou máis aló de toda dúbida que a lingua era unha forma antiga do grego.
A maioría dos textos das taboíñas son listas e inventarios. Non hai ningún texto narrativo e menos poético. Sen embargo estas listas botan moita luz sobre o pobo que as escribiu e sobre o período micénico, ás vésperas da denominada Idade Escura de Grecia.
Fonoloxía e ortografía
A lingua micénica consérvase no sistema de escritura Lineal B, que consiste en aproximadamente 200 signos silábicos e logogramas. Como o Lineal B deriva do Lineal A (sistema de escritura dunha lingua non descifrada da época minoica sen relación probablemente co grego) esta escrita non reflicte plenamente a fonética do micénico: os grupos consonánticos non se escriben completos, xa que os signos de consoantes teñen todos a estutura consoante-vocal, e r e l non se distinguen, nin é posíbel distinguir as categorías fonolóxicas gregas de xorda/sonora (agás nas dentais d e t) e aspirada/non aspirada; l, m, n, r, s finais de sílaba non se escriben.
A escrita distingue cinco timbres vocálicos, a, e, i, o, u, as semivogais w e j (tamén transcrita como y), tres líquidas, m, n, r e sete oclusivas, d, k, p, q, s, t, z (esta última debe representar un grupo consonántico zd correspondente á Dzeta).
Así - khrusos, "ouro" aparece escrito cos signos ku-ru-so, e - gwous, "vaca" cos signos qo-u.
A forma micénica do grego mantén un número de trazos arcaicos de herdanza indoeuropea , como as consoantes labiovelares que sufriran distintos cambios fonéticos dependendo do contexto cando o grego reapareceu escrito en forma alfabética varios séculos despois.
Corpus
O corpus micénico consiste en cerca de 6000 taboíñas, que poden verse incrementadas en futuros achados. As taboíñas clasifícanse segundo o lugar onde foron atopadas.
- KN Knossos: ca. 4360 taboíñas
- PY Pilos : 1087 taboíñas
- TH Tebas (micénico /Tegway/): 99 taboíñas+ 238 publicadas en 2002.
- MY Micenas: 73 taboíñas
- TI Tirinto: 27 taboíñas.
- KH Chania: 4 taboíñas
- outras 170 inscricións en Lineal B atopáronse en xerras.
A inscrición micénica máis antiga coñecida, e polo tanto o testemuño máis antigo da lingua grega é o seixo de Kaftania descuberto en 1994, que data do século XVII a.C.. O seixo leva unha inscrición con oito signos silábicos, a-so-na / qo-ro-qa / qa-jo así como a imaxe do dobre machado.
Referencias
- Chadwick, John: The Decipherment of Linear B, Second edition (1990). Cambridge UP, 1958, ISBN 0521398304
- Chadwick, John: The Mycenaean World, Cambridge UP,1976, ISBN 0521290376
- Ventris, Michael, "Evidence for Greek dialect in the Mycenaean archives", in Journal of Hellenic Studies, LXXVII (1953), pp. 84ss.
- Ventris, Michael e Chadwick, John: Documents in Mycenaean Greek, Second edition (1974). Cambridge UP, 1956, ISBN 0521085586
Vínculos externos
- [http://projectsx.dartmouth.edu/classics/history/bronze_age/lessons/bib/25bib.html Jeremy B. Rutter, "Bibliography: The Linear B Tablets and Mycenaean Social, Political, and Economic Organization"]
- [http://www.geocities.com/yongmax/linb_eng.htm The writing of the Mycenaeans] (contén unha imaxe do seixo de Kafkania)
- [http://www.utexas.edu/research/pasp/ Program in Aegean Scripts and Prehistory (PASP)]
Grego antigoO grego (ἡ Ἑλληνικὴ γλῶττα hê hellênikề glỗtta) é unha das linguas indoeuropeas, chegada a Grecia entre os séculos XXV e XVII antes da nosa era. Este artigo trata do grego antigo; para o grego moderno ver o artigo específico.
Os dialectos
En orixe, había unha gran variedade de dialectos, reunidos en catro grupos: arcado-chipriota-panfilio, occidental ou dórico, eolio e xónico-ático.
Falar do grego antigo non ten moito sentido se se quere referir a un dos idiomas antigos: nos feitos, sen embargo, o grego designa o dialecto de Atenas. O ático (dialecto do grupo xónico-ático), lingua da antiga Atenas, é a lingua na que se escribiu a maioría da literatura grega clásica. Baixo a influencia de Alexandre o Grande, o emprego dos dialectos foi refreouse, de sorte que o mundo grego utilizase a koiné, lingua común (é o senso do adxectivo koinós) xurdida de varios dialectos do grupo xónico-ático. Esta permitíalle comunicarse co seu exército e ensinábase aos habitantes das rexións conquistadas, converténdose así na lingua franca da Antigüidade, en competencia co latín. A koiné converteuse pronto na lingua oficial do Imperio romano de Oriente, antes de continuar a evolucionar para dar lugar ao grego moderno de hoxe.
Para un estudo comparativo dos diferentes dialectos, consultar Dialectos gregos.
Escrituras
A primeira forma d escritura testemuñada para notar un dialecto grego é o lineal B, un silabario sen relación co alfabeto grego, que servía para transcribir unha forma arcaica dun dialecto do que máis tarde derivan os do grupo arcado-chipriota-panfilio, o micénico empregado en Grecia continental e en Creta entre -1550 e -1200 aproximadamente. Entre -800 e -200, unha escritura próxima, o silabario chipriota, foi utilizada en Chipre. Este silabario podría descender do chipro-minoico (cf. infra).
Compre notar que existiron en Grecia escrituras máis antigas que o lineal B e o chipriota, sen que se saiba se serviron para escribir o grego:
- o Lineal A (entre -1800 e -1450, en Creta e nas illas do mar Exeo];
- o cretense xeroglífico (entre -1750 e -1600, en Creta) ;
- o chipro-minoico (entre -1500 e -1200, en Chipre), se cadra derivada do Lineal A.
A continuación empregouse o alfabeto grego, herdado dos Fenicios e do seu alfabeto, que tivo diferentes versións (chamadas epicóricas) a partir dos séculos IX ou VIII e que logo se normalizou e se impuxo ao resto do mundo helenófono por Atenas en -403. Ao engadiren as vogais a este abjad semítico, os Gregos son os inventores dos alfabetos occidentais. En efecto, tomado prestado polos Etruscos (cf. Alfabeto etrusco), que o transmitiron aos Romanos, deu lugar ao alfabeto latino, pero tamén, sen pasar polos etruscos, ao alfabeto gótico, ao cirílico, ao alfabeto copto,...
A historia do alfabeto grego constitúe un artigo separado.
Fonoloxía
Consultar Pronunciación do grego antigo para un artigo completo.
Resume:
O grego antigo é unha lingua con acento de altura, que posúe dúas (ou tres, segundo as interpretacións) entoacións: aguda e circunflexa (cf. Acentuación do grego). Caracterízase tamén por un sistema de consoantes aspiradas e por un xogo de oposicións de cantidades vocálicas. Hai moitas regras de sandhi, tanto internas como externas.
Ao pasar do indoeuropeo ao grego, a lingua sufriu moitas modificacións fonéticas. As máis importantes explícanse coa lei de Grassmann, a lei de Osthoff e a lei de Rix. Nótase tamén por outra banda que o grego permite restituír en moitos casos a coloración das laringais IE. Na clasificación tradicional das linguas indoeuropeas aparece como unha lingua centum.
Morfoloxía
O grego, como outras linguas indoeuropeas antigas, é altamente flexiva. Ademais de polo emprego de desinencias, o grego se caracteriza por procedementos herdados do indoeuropeo como a alternancia vocálica, o uso da reduplicación e do aumento nos verbos.
Sistema nominal
O artigo completo atópase en Declinacións do grego antigo.
Por exemplo, os nomes distinguen cinco casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo), tres xéneros (masculino, feminino e neutro, ás veces reducidos a unha oposición animado / inanimado) e tres números (singular, dual, plural e colectivo para os neutros). O grego moderno xa non emprega o dativo, excepto en certas expresións como en taxei, pero os outros casos consérvanse xeralmente.
Hai tres grandes tipos de declinacións, tanto para os nomes como para os adxectivos (tipo en -α/η, tipo temático en -ος e tipo atemático), que, a súa vez, teñen subtipos. Os pronomes seguen un sistema propio e que, por ter influenciado os tipos nominais,non está moi separado destes.
A complexidade da flexión nominal vén da súa riqueza.
Sistema verbal
O artigo completo atópase en Conxugacións do grego antigo.
Os verbos teñen tres voces (activa, media e pasiva), tres persoas e tres números. Conxúgase en seis modos, catro persoais (indicativo, imperativo, subxuntivo e optativo) e dous impersoais (infinitivo e participio). Hai sis tempos (presente, imperfecto, aoristo, futuro, perfecto e pluscuamperfecto), repartidos de maneira desigual entre os modos. Existen algunhas formacións secundarias, como o futuro anterior.
Ademais do tempo, o verbo expresa sobre todo, de maneira moi precisa, tres aspectos (imperfectivo, aspecto cero e estático) e moitos modos de proceso (incoativo, iterativo, frecuentativo, etc.). so o indicativo marca tempo: en todos os outros modos, so se indica aspecto.
Hai dúas grandes categorías de conxugacións: os temáticos (ou verbos en -ω) e os atemáticos (chamados verbos en -μι). Estas categorías divídense nun gran número de subcategorías. O sistema verbal é moi complexo pois a flexión xoga con moitos procedementos, como a alternancia vocálica, a sufixación o xogo de desinencias, o emprego dunha vogal temática, o aumento e a reduplicación. A todos estes procedementos hai que engadir as modificacións fonéticas importantes no seo dun mesmo paradigma.
Así, non é esaxerado dicir que hai máis verbos irregulares que regulares.
Influencia do grego antigo sobre as linguas modernas
Palabras cultas e raíces gregas
Un gran número de palabras en latín, galego, castelán, francés e inglés, por non citar máis linguas, son de orixe grega e a maioría dos neoloxismos cultos utilizados polo mundo adiante están forxados con raíces gregas (a miúdo mesturadas con radicais latinos). So unhas poucas linguas, como o islandés de xeito sistemático e, nunha menor medida, o raíces que lles son propias.
Palabras correntes
Palabras como bodega ou carácter veñen tamén do grego. Pasadas polo latín e herdadas como tal no galego (ou a través doutra lingua), sufriron as mesmas modificacións fonéticas que as outras palabras herdadas e agora están moi separadas do seu étimo grego: cómpre recoñecer tras elas ἀποθήκη apothếkê e χαρακτήρ kharaktếr.
O dédalo sincrónico do cosmos político
Velaquí, para ilustrar a omnipresencia do grego nas linguas occidentais, un extracto dun texto de Xenofonte Zolotas (Ξενοφών Ζολώτας) no que cada palabra (agás as gramaticais) é de orixe grega:
:Sen apostrofar a miña retórica no énfase e na plétora, analizarei elipticamente, sen galicismo ningún, o dédalo sincrónico do cosmos político caracterizado por síndromes de crise que paralizan a organización sistemática da nosa economía. Nós somos periodicamente escépticos e neurasténicos ante estes paroxismos perifrásicos, esta bulimia dos demagogos, estas hipérboles, estes paradoxos hipócritas e cínicos que simbolizan unha democracia anacrónica e caótica. Os fenómenos fantásticos que nos profetizan para a época astronómica han destronar os programas raquíticos, híbridos e esporádicos do nos ciclo atómico. [...]
Varios
- código ISO 639-2: grc
Ver tamén
Artigos relacionados
- Lingüística
- Dicionario das linguas
- Linguas par familia
- Linguas indoeuropeas
- Dialectos gregos;
- Declinacións do grego antigo;
- Conxugacións do grego antigo
- Fonoloxía do grego, Acentuación do grego;
- Alfabeto grego, Diacríticos do alfabeto grego, Letras suplementarias do alfabeto grego e Historia do alfabeto grego;
- Grego moderno;
- Literatura grega.
Ligazóns externas
- [http://www.lorem-ipsum.info/_greek Xerador de texto aleatorio grego] ademais do habitual lorem ipsum.
- [http://www.freelang.com/dictionnaire/grec.html Dictionnaire Freelang] - Dicionario grego-francés/francés-grego
- [http://www.freelang.com/dictionnaire/grec_ancien.html Dictionnaire Freelang] - Dicionario grego antigo-francés/francés-grego antigo
Category:Linguas do mundo
als:Griechische Sprache
ja:ギリシア語
ko:그리스어
ms:Bahasa Greek
simple:Greek language
th:ภาษากรีก
Dialectos gregos
Na Antigüidade, o grego antigo non constituía a lingua única, literaria e normativa que hoxe se estuda cando se len os textos de autores como Platón ou Aristófanes. Esta lingua, o xónico-ático — lingua de Atenas —, so é en efecto un dos numerosos dialectos gregos daquela presentes no mundo helenófono; é, con todo, o máis prestixioso e, sobre todo, o que máis coñecemos. O seu éxito constátase sobre todo polo feito de que o grego moderno xorde del.
Cómpre, xa que logo, representármonos o chamado grego antigo como un conxunto de dialectos máis ou menos intercomprensibles e máis ou menos próximos, que non necesariamente existiron á vez e que, sobre todo, non tiveron a mesma importancia nin o mensmo destino no seo desta familia lingüística.
Disparidades entre os dialectos
Se algúns dialectos, como o de Atenas, nos son ben coñecidos, sonno en razón de varios factores nos que se inclúen a importancia cultural, literaria, económica e política (en menor medida) e mesmo relixiosa (sobretodo coa aparición do cristianismo) da zona onde se falaban os dialectos en cuestión. Así, o xónico-ático volveuse a lingua maioritaria con diferencia dos textos literarios e científicos gregos (de onde a súa importancia, aínda vixente, na formación de palabras cultas por medio das raíces gregas) logo, coa hexemonía ateniense e as conquistas de Alexandre o Grande, a lingua vehicular (a koiné en sentido propio, «lingua común»), do mundo helenístico e logo Romano (ata tal punto que os romanos das clases pudentes, no Imperio, o falaban). Despois a súa expansión foi imparable: lingua de comunicación, a koiné é a lingua grega por excelencia, na que, finalmente, se redactan os Evanxeos cristiáns, cousa que a consagra como lingua litúrxica (e permite que inflúa en gran medida nas linguas de países que comparten esta relixión, como o latín eclesiástico, e logo, tras o Gran Cisma de Oriente, as linguas da Igrexa Ortodoxa: linguas eslavas, copto...). Todos estes fenómenos explican que xónico-ático sexa sinónimo de grego e que sexa esta variante a que se estuda nas clases: é a que mellor se coñece e que mellor se pode describir gramatical e lexicamente.
Pola contra, outros dialectos so nos son coñecidos por escasas inscricións non literarias (moitas veces moi limitadas canto ao léxico, do tipo «X deu Y a Z» ou «X fixo Y para Z»), mesmo algunhas palabras illadas (nas glosas, os gregos estrañábanse que certas palabras se dixesen de certa maneira en determinados dialectos), so son xeralmente estudiadas pola filoloxía ou a lingüística. É o caso do eleo, o etolio ou o cirenaico, por exemplo.
Entre os dóus, atópanse dialectos que coñecerían o destino do xónico-ático, tamén empregados en literatura, ben coñecidos e que se poden describir moi correctamente no tocante á gramática e o léxico. É a importancia que tomou o xónico-ático o que os foi eliminando do uso e logo da memoria. Entre eles estarían o xónico, o eolio ou o dorio.
As razóns da división dialectal
A ausencia aparente de unidade lingüística na Grecia de antes da koiné explícase historica, cultural e naturalmente. En primeiro termo, desde moi cedo os gregos estableceron unha dicotomía entre os Dorios e os Aqueos, correspondéndose os primeiros cos «invasores» da segunda onda de poboamento, os mesmos que fixeron desaparecer a civilización micénica. Esta separación volvémola atopar, mutatis mutandis, no dominio lingüístico.
Ademais, a Grecia anterior ao período helenístico non constitúe unha nación e se existe o sentimento de pertenza a unha mesma «raza» (opostos ao resto do mundo, os βάρϐαροι bárbaroi, «bárbaros», propiamente «os que fan brrr brrr», «os que farfallan»), esta «raza» grega non mira a unha unidade. De feito, o modelo político dominante é o da πόλις pólis, a cidade; o sentimento de independencia pódese mesmo ver reforzado polo relevo monatñoso grego, que aílla as diferentes cidades. As conquistas de Alexandre o Grande e logo as dos Romanos van, sen embargo, ao faceren da lingua de Atenas unha lingua vehicular, promover o emprego dun so dialecto, o xónico-ático, que se convertira daquela en koiné (daí o grego medieval e logo o grego moderno). É notable que o grego moderno sexa hoxe unha lingua unificada e que so subsistan escasos dialectos, dos que o máis famoso é sen dúbida o tsakonio (xurdido do dorio, cousa que proba unha vez máis a separación entre Dorios e Aqueos).
Unidade subxacente do grego
Esta aparente disparidade, que aparece sobretodo ao historiador, non debe agochar o feito de que os dialectos gregos fican globalmente intercomprensibles cando nos situamos en sincronía (é evidente que un dialecto tan arcaico como o micénico do século XIII antes da nosa era non sería sen dúbida comprendido por un falante da koiné do século I da nosa era). Así, as principais diferencias xorden basicamente da fonética (pero os sistemas fonolóxicos fican bastante próximos: basta con sabermos que un ᾱ /aː/ dórico equivale a un η /ɛː/ xónico), un pouco menos da morfoloxía, aínda menos do léxico e case nada da sintaxe. Pódese logo falar dunha real unidade lingüística: as diferencias dialectais debían así seren consideradas principalmente como un problema de «acento».
Ademais, como se verá, os dialectos «literarios», os que se empregaban para a literatura, coñeceron unha certa perennidade. Unha traxedia clásica de Sófocles, escrita maioritariamente en xónico-ático, posúe necesariamente pasaxes en «dorio» (ou, máis ben, nalgo que se sentía como tal) e colle préstamos ás veces do xónico e do eolio. A lingua literaria, sobre todo poética, pretende ser a miúdo composta, cousa que se ve claramente na poesía de Homero, escrita nunha lingua artificial que nunca se falou, cualificada como dialecto homérico.
En fin, se antes do -403 o grego se escribe de xeito diferente segundo o lugar onde se fala, por medio dos alfabetos epicóricos, tras esta data, aos poucos, segue o modelo xónico de Atenas ao mesmo tempo que se establece a importancia do dialcto xónico-ático e logo da koiné. A desaparición das consoantes antigas (digamma, qoppa, San), que eran sen embargo útiles nalgúns dialectos, é tamén reveladora dunha inidade subxacente: moi rapidamente, o grego escríbese igual en tódos lados.
Os dialectos
o «grego común»
Así é como se denomina o devanceiro común de todos os dialectos gregos, unha lingua restituída e non testemuñada que se estuda principalmente en lingüística comparada e en fonética histórica do grego, que permite determinar as etimoloxías das palabras históricas. Realmente, trátase dunha forma dialectal do indoeuropeo que posúe aínda características que van desaparecer a continuación. Por exemplo, sábese que en grego común existía un par de consoantes presentes tamén en indoeuropeo, notadas - gʷ a sonora, - kʷ a xorda, oclusivas labiovelares /gʷ, kʷ/ (dacordo cos usos filolóxicos, o asterisco indica as tormas non testemuñadas). Estas consoantes evolucionaron de xeito distinto segundo os dialectos, cousa que explica aparentes disparidades: así, en xónico-ático, a palabra para «boi» é βοῦς bũs (cf. latín boue(m), que dá o noso boi) pero en micénico, dialecto moito máis antigo, atopamos para a mesma noción unha raíz qo- (para o micénico, notamos con q o fonema /kʷ/): a antigüidade do termo micénico así como a comparación con outras linguas indoeuropeas (gau- en sánscrito) permiten determinar que estas dúas consoantes /kʷ/ e /b/ non poden máis que remontaren as dúas ao - gʷ do grego comúun e do indoeuropeo.
Image:Greek_dialects.png
Lista dos dialectos e repartición
- grupo arcado-chipriota-panfilio:
- micénico
- arcadio, chipriota, panfilio
- grupo xónico-ático:
- ático (grego antigo)
- koiné (grego común medio)
- grego moderno
- ievánico
- grego chipriota
- griko (falado nas aldeas do sur de Italia)(:en:griko)
- póntico (falado polos Pónticos)
- capadocio
- romano-grego
- xónico (de Asia, insular, de Eubea)
- grupo eolio:
- beocio
- lesbio
- tesalio
- grupo occidental:
- dorio (laconio, arxivo, corintio, etc.)
- tsakonio
- eleo
- etolio
- locrio
- focidio
Os dialectos literarios
Category:Linguas do mundo
Grego moderno
O grego moderno (Νεοελληνική) é a lingua materna de 12 millóns de falantes, dos cales 9,9 millóns viven en Grecia onde é lingua oficial, como en Chipre.
Historia
O grego de hoxe deriva da koiné, herdeira directa do grego antigo, pero sufriu un gran número de transformacións fonéticas (como o iotacismo, a psilose, a desaparición das oposicións de cantidade vocálica, a espirantización das antigas aspiradas, o paso dun acento de altura a un acento de intensidade ou mesmo a caída dalgúns fonemas, como [n], en posición final), léxicas (numerosos préstamos das linguas modernas) e gramaticais (simplificación da flexión nominal, da conxugación).
De feito, a un falante de grego moderno non lle é posible comprender correctamente un texto en grego antigo, do mesmo xeito que un galego falante non é quen de traducir, sen ter estudado a lingua, un texto en galego antigo. Pódese ilustrar esta evolución cun corto extracto do Novo Testamento (Xoán I, 1) en grego moderno e en grego antigo (koiné, de feito). A pronunciación indícase de maneira fonolóxica e os tons do grego antigo nótanse de maneira simplificada. finalmente, escollemos transcribir o grego antigo tal como era pronunciado na época clásica e non como o era na época de redacción do texto, para marcar mellor as diferenzas:
A lingua actual é unha variante chamada dhimotiki, que substituíu en 1975 a unha lingua artificial e arcaizante, a katharevousa. Ademais, desde 1982, a lingua escríbese co sistema monotónico.
Escritura e pronunciación
O grego moderno escríbese cun alfabeto de vintecatro letras, herdado do inicio do periodo arcaico (século VIII antes da nosa era). Cada letra correspondía ao principio a un son diferente (con ambigüidades, principalmente no caso das vogais), pero en grego moderno a pronunciación evolucionou, e varias letras ou grupos de letras se pronuncian da mesma maneira, cousa que fai que a súa ortografía sexa tan complexa como a do francés, por exemplo (oír unha palabra non é a miúdo suficiente para poder escribila: por exemplo, existen cinco grafías para o son «i», en razón do acento agudo]] (ou recto, segundo os tipos de letra) marca o [[acento tónico, en negriña na transcrición.
O grego moderno segue regras de sandhi tanto internes como externas. Por exemplo, un /n/ final adapta o seu punto de articulación á consoante inicial da palabra que segue (ante unha velar, pasa a [ŋ]; en posición final dalgunhas palabras gramaticais como την, τον, δεν, desaparece ante unha fricativa; sonoriza unha oclusiva xorda que o segue e pode impedir que unha sonora se espirantice, as asimilacións poden ser progresivas: τον πατέρα [tɔm ba'tεɾa]).
Ademais, algúns grupos de letras que forman dígrafos teñen unha pronunciación especial:
Exemplos
Gramática
O grego moderno é unha lingua con declinacións (como o alemán, por exemplo): a terminación das palabras cambia segundo a función da palabra na frase. Mesmo os nomes propios se declinan: por exemplo, dirase ο Φίλιππος έφυγε (o Phílippos éfiye: «Filipe marchou»), βλέπω τον Φίλιππο (vlépo ton Phílippo: «Vexo a Filipe»), είναι το σπίτι του Φίλιππου (íne to spíti tou Phílippou: «é a casa de Filipe»).
Ademais, o grego distingue dous aspectos para cada verbo, marcados cada un por unha forma distinta: unha forma continua (calcada sobre o presente) e unha forma instantánea (calcada sobre o pasado, chamado aoristo). Esta diferenza é moi viva e vólvese atopar no futuro e no subxuntivo. Un Grego non ha confundir θα τον δω (tha ton dho) e θα τον βλέπω (tha ton vlépo): os dous significan «eu vereino», pero o primeiro sobreentende «unha vez» mentres que o segundo significa «continuamente».
Léxico
O grego moderno conserva moito léxico herdado do grego antigo, pero tomou prestadas tamén moitas palabras do latín, do turco, e, mís modernamente do francés e do inglés.
Ligazóns
Ligazóns internas
- Lingüística
- dicionario das linguas
- linguas par familia
- linguas indoeuropeas
- Wikipedia en grego moderno
Ligazóns externas
- [http://www.freelang.com/dicciónnaire/grego.html Dicciónnaire Freelang] - Dicionario grego-francés/francés-grego
- [http://babel.lexilogos.com/ellenika/index.htm gramática de grego moderno]
Category:Linguas do mundo
Alfabeto gregoAlfabeto de orixe fenicia utilizado polos gregos desde arredor do século IX a.C. En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...). Non foi o primeiro sistema de escritura para escribir o grego: xa se empregara o silabario micénico (tamén chamado Lineal B) entre os séculos XIV e XII a.C., pero foi esquecido tras a desaparición dos micénicos, ata que foi descifrado por Michael Ventris e John Chadwick en 1953. Consta de vintecatro letras na súa versión clásica, aínda que hai outras que existiron pero ou eran de uso local ou desapareceron. Ademais do seu valor fonético, foron utilizadas para a expresión de números. Segue a ser utilizado na época moderna.
| Letra | Nome | Son | Valor |
Alfabeto Semítico | HTML |
| Α α | Alfa | /a/ /a:/ (a longo ou breve) |
1 | Alef (') /?/ | α |
| Β β | Beta | /b/ |
2 | Beth /b/ | β |
| Γ γ | Gamma | /g/->/G/ /x/(ga,xe,xi,go,gu) |
3 | Gimel /g/ | γ |
| Δ δ | Delta | /d/->/D/ |
4 | Daleth /d/ | δ |
| Ε ε | Epsilon | /e/ (e sempre breve) |
5 | He (h) /h/ | ε |
| F | Digamma | /w/->-(a grafía son dous Gammas) |
6 | Wau /w/ | |
| Ζ ζ | Dseta | /dz/->/z/ (ds, z italiano) |
7 | Zain /dz/ | ζ |
| Η η | Eta | /E:/->/i/ (e sempre longo) |
8 | Heth (h - ) | η |
| Θ θ | Zeta | /t_h/->/T/ (za,ce,ci,zo,zu) |
9 | Thet (t - ) | θ |
| Ι ι | Iota | /i/ -> /i/ /x/ |
10 | Yod (y) /x/ | ι |
| Κ κ | Kappa | /k/ |
20 | Kaf /k/ | κ |
| Λ λ | Lambda | /l/ |
30 | Lamed /l/ | λ |
| Μ μ | Mi | /m/ |
40 | Mem /m/ | μ |
| Ν ν | Ni | /n/ |
50 | Nun /n/ | ν |
| Ξ ξ | Xi | /ks/ |
60 | Samekh (s) | ξ |
| Ο ο | Omicrón | /o/ (o sempre breve) |
70 | Ain () | |
| Π π | Pi | /p/ |
80 | Pe /p/ | π |
| M | San | /ts/ |
90 | Sade (s - ) /ts/ | |
| Q | Qoppa | /k/ |
100 | Qof /q/ | |
| Ρ ρ | Rho | /r/ |
200 | Resh /r/ | ρ |
| Σ σ,ς | Sigma | /s/ |
300 | Shin (sh) /S/ | σ |
| Τ τ | Tau | /t/ |
400 | Taw /t/ | τ |
| Υ υ | Ipsilon | /u/->/y/->/i/(u francés ou ü alemán) |
? | De Wau | υ |
| Φ φ | Fi | /p_h/->/f/ |
? | orixe incerta | &phi |
| Χ χ | Khi | /k_h/->/x/ |
? | orixe incerta | χ |
| Ψ ψ | Psi | /ps/ |
? | orixe incerta | ψ |
| Ω ω | Omega | /O:/->/o/(o sempre longo) |
? | orixe incerta | ω |
| Ϡ, ϡ, | Sampi | |
? | orixe incerta | Ϡ ϡ |
Artigos relacionados
- Bustrófedon
- Estéquedon
- Diacríticos do alfabeto grego
- Letras suplementarias do alfabeto grego
- Historia do alfabeto grego
category:grafémica
als:Griechisches Alphabet
ja:ギリシア文字
ko:그리스 문자
th:อักษรกรีก
13821382. aasta
Sajandid: 13. sajand - 14. sajand - 15. sajand
Aastakümned: 1330. aastad 1340. aastad 1350. aastad 1360. aastad 1370. aastad - 1380. aastad - 1390. aastad 1400. aastad 1410. aastad 1420. aastad 1430. aastad
Aastad: 1377 1378 1379 1380 1381 - 1382 - 1383 1384 1385 1386 1387
----
Sündmused maailmas
- ...
Sündmused Eestis
- ...
Sündinud
- ...
Surnud
- ...
Kategooria:1382
katpar video poker wynajem Tanie podogi wynajem autokarw
|
|
|
| :: RELATED NEWS :: |
Bubulcus ibis
Lehmähaikaran (Bubulcus ibis) nimi tulee siitä, että se kuljeskelee lehmien jalkojen lomassa ja kyyhöttää niiden selässä ratsastaen.
Koko ja ulkonäkö
Lehmähaikara on suurimmaksi osaksi väriltään valkoinen, mutta sillä on keltainen töyhtö ja pitkät keltaiset koristehöyhenet selässä ja rinnassa. Jalat ovat pesimäaikana oranssit, mutta muulloin harmaat. Nokka on keltainen ja lyhyempi kuin monilla muilla haikaroilla.
Korkeus 46-56 cm Siipiväli 88-96 cm Paino 340-390 g
Levinneisyys
Lehmähaikara on kotoisin Afrikasta, mutt
|
Master of Orion
Master of Orion (MOO tai MoO) on avaruuteen sijoittuva vuoropohjainen tietokonestrategiapeli, joka julkaistiin vuonna 1993. Pelin julkaisija oli yhdysvaltalainen Microprose ja kehittäjä oli Steve Barcian luotsaama Simtex. Pelistä on myös julkaistu kaksi jatko-osaa, Master of Orion II ja Master of Orion III.
Master of Orion
Microprose
Master of Or
|
Uppsala
Uppsala kommun
| http://en.wikipedia.org/upload/e/ed/Uppsala.png
| | Kaupunki | Uppsala (1286)
| | Lääni | Upsalan lääni
| |
|
Mitra
Mitra on kypärää muistuttava, melko kookas, kupumainen, koristeltu päähine, jota käyttävät ortodoksisen kirkon piispat ja eräillä alueilla (yleensä ei Suomessa) myös rovastit ja arkkimandriitat. Poikkeuksena tästä säännöstä on Suomessa Valamon luostarin igumenin oikeus käyttää mit
|
Emberiza aureola
| Kultasirkku |
Kuva tähän
Kultasirkku |
| Tieteellinen luokittelu |
| Kunta: | Eläinkunta Animalia |
| Pääjakso: | ylijättiläinen on 1340 ± 500 valovuoden päässä. Tähti näkyy melko hyvin molemmilla pallonpuoliskoilla, koska se on lähellä taivaanpallon päiväntasaajaa. Alnilamin nä
|
Alnihan
Epsilon Orionis (ε Ori / ε Orionis) eli Alnilam on Orionin vyön keskimmäinen tähti.
Tähteä käytetään mm. tähtisuunnistuksessa.
Tähteä kutsutaan joskus virheellisesti nimillä
Alnihan ja Alnitam.
Tämä nuori sinivalkoinen ylijättiläinen on 1340 ± 500 valovuoden päässä. Tähti näkyy melko hyvin molemmilla pallonpuoliskoilla, koska se on lähellä taivaanpallon päiväntasaajaa. Alnilamin nä
|
|
Alnitam
Epsilon Orionis (ε Ori / ε Orionis) eli Alnilam on Orionin vyön keskimmäinen tähti.
Tähteä käytetään mm. tähtisuunnistuksessa.
Tähteä kutsutaan joskus virheellisesti nimillä
Alnihan ja Alnitam.
Tämä nuori sinivalkoinen ylijättiläinen on 1340 ± 500 valovuoden päässä. Tähti näkyy melko hyvin molemmilla pallonpuoliskoilla, koska se on lähellä taivaanpallon päiväntasaajaa. Alnilamin nä
|
|
|
| All Rights Reserved 2005 wikimiki.org |
|
|
| |