:: wikimiki.org ::
| Lago Huron |
Lago HuronO lago Huron é un dos cinco grandes lagos, localizada entre o estado norteamericano de Michigan e a provincia canadense de Ontario. Cunha área de 59.600 quilómetros cadrados, o Lago Huron é o segundo maior dos cinco Grandes Lagos, e un dos maiores do mundo. A sua superfície está localizada a 176 metros acima do nivel do mar e a sua profundidade máxima é de 230 metros. Como o Lago Superior, o Lago Huron é pouco densamente habitado, cando se compara ambos co Lago Ontario ou o Lago Michigan.
Véxase tamén:
- Hidrografía
Category:Lagos
ja:ヒューロン湖
Lago
Un lago é unha gran extensión de auga, en xeral doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente).
Esa auga pode provir:
- da choiva;
- dunha nacente local; ou
- de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.
Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Grande Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina).
As dimensións dos lagos son moi variabeis, desde alguns metros ata varias centenas de quilómetros, como son os Grandes Lagos da América do Norte ou os Grandes lagos Africanos.
Aos lagos de pequenas dimensións chámaselles 'estanques', e os máis pequenos aínda, 'pozas', 'poceiras' ou 'charcas'.
Os lagos maiores, sen saída marítima, son tamén chamados mares interiores, como o mar Caspio; regra con moitas excepcións, falando tamén de Mar Morto e do Gran Lago Salgado.
A súa profundidade tamén varía desde alguns centímetros ata varias centenas de metros - o Lago Baikal, na Siberia, é o máis profundo do mundo, con 1743 metros.
A orixe dos lagos é variábel e depende da xeomorfoloxía do terreo. Poden ser de orixe tectónica, ou sexa, teren sido formados por fenómenos xeolóxicos, ou poden ter sido formados pola erosión do terreo, ben por fenómenos climáticos, ou ben pola acción de ríos ou glaciares. En zonas como a Antártida, poden existir lagos sub-glaciares, isto é, debaixo do xelo, como o Lago Vostok.
Un lago pódese formar nun cráter antigo, como a caldeira do 'Cráter Lake', nos Estados Unidos de América.
É importante non confundir un lago cunha planicie de inundación, que ten unha orixe e unha dinámica diferente. Á volta dun lago, sen embargo, pode existir unha planicie de inundación.
O estudo ecolóxico dos lagos é a limnoloxía.
Con moita frecuencia, o lago ten un 'emisario', por onde a auga se coa en sentido ao mar.
----
Lagos máis grandes do mundo:
- Mar Caspio (370 000 km²)
- Lago Superior (82 000 km²)
- Lago Vitoria (69 000 km²)
- Lago Hurón (60 000 km²)
- Lago Michigan (58 000 km²)
- Mar de Aral (34 000 km²)
- Lago Tanganica (33 000 km²)
- Lago Baikal (31 000 km²)
- Gran Lago do Oso (31 800 km²)
- Gran Lago dos Escravos (29 000 km²)
Vexa tamén
- xeografía física
- Hidrografía
- lagoa
- laga
Páxinas externas
- [http://www.ilec.or.xp/index.html Base de dados mundial de lagos]
category:Xeografía
ja:湖
simple:Lake
Grandes Lagos
Grandes Lagos pode ser:
- Grandes Lagos, grupo de cinco lagos na América do Norte.
- Grandes lagos africanos, grupo de lagos en África.
- Rexión dos Grandes Lagos, rexión no noroeste do estado de São Paulo
Michigan
Michigan é un dos 50 Estados dos Estados Unidos da América. Michigan é un dos líderes nacionais da industria de manufaturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit. O Estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos.
Michigan limita con catro dos cinco Grandes Lagos. O seu litoral posúe 5 292 quilómetros de extensión. Michigan pode ser dividido en dúas áreas distintas - a Península Superior e a Península Inferior, conectadas entre si apenas por unha ponte de 8 quilómetros de lonxitude.
A orixe do nome Michigan ven dunha palabra chippewa, "michigama", que significa "Gran Lago". Michigan foi colonizado primariamente polos franceses. A colonización francesa da rexión foi limitada, porén. A Francia cedeu Michigan ao Reino Unido en 1764. En 1783, despois do fin da Revolución Americana de 1776, Michigan pasou a facer parte dos Estados Unidos, tornándose parte do Territorio do Noroeste en 1787, un territorio independente en 1805, e elevado á categoría de estado en 26 de xaneiro de 1837.
Historia
: Vexa Historia de Michigan
Xeografía
Michigan limita ao norte co Lago Superior, a leste co Lago Huron, ao sur cos Estados americanos de Indiana e Ohio, e a oeste co LagMichigan. A provincia canadense de Ontario está localizada ao norte, a leste e no extremo sueste de Michigan, os Estados americanos de Wisconsin e Illinois están localizados a oeste e Minnesota está localizado no noroeste de Michigan. Detroit, localizado ao norte da cidade canadense de Windsor, é a única grande cidade americana localizada ao norte dunha grande cidade canadense.
Michigan posúe o litoral máis extenso dos 48 Estados contiguos dos Estados Unidos, e o segundo máis extenso do país, atrás soamente do Alasca. O seu litoral mide uns 5 292 quilómetros ao longo dos Grandes Lagos (contándose preto de mil quilómetros de litoral formado por illas localizadas nestes Grandes Lagos). O Estado localízase á beira de todos os Grandes Lagos a excepción do Lago Ontario. Michigan, alén diso, posúe preto de 11 mil lagos. Ningún punto do estado está localizado a máis de 10 quilómetros dun lago calquera. Cerca de 58 mil quilómetros de ríos cortan o estado. Os bosques cobren preto da metade do estado.
Michigan está dividido en dúas grandes penínsulas, polo Estreito de Mackinac. A Península Superior é a menor das dúas penínsulas, localizada no noroeste do estado. En comparación co resto do estado, é pouco habitada, con apenas 325 mil habitantes. Por contra, a Península Inferior está moi habitada, vivindo nela cerca do 97% da poboación. Estas penínsulas só están conectadas entre si pola Ponte Mackinac.
Xeograficamente, Michigan pode ser dividido en dúas rexións:
- A Meseta Superior cobre o extremo noroeste do Estado, ou o oeste da Península Superior. Esta rexión posúe un terreo moi accidentado. O punto máis alto do estado, o Mount Coorwood, localizase nesta rexión, cos seus 603 metros de altitude. Esta rexión é moi rica en cobre e en ferro.
- As Planicies dos Grandes Lagos ocupan a maior parte de Michigan. Esta rexión caracterizase pola súa baixa altitude, de ata 174 metros á beira do Lago Erie. Esta rexión é rica en pantanos, ríos e lagos, e o seu solo é moito fértil.
Clima
Michigan posúe un clima temperado húmido, con catro estacións ben definidas. Os veráns son lenes debido á presenza de grandes masas de auga na rexión, en canto que os invernos son fríos. A temperatura cae á medida en que se viaxa para o norte.
No inverno, a temperatura media no inverno na rexión sur de Michigan é de -6°C, de -9°C na rexión central, e de -12°C na Península Superior. A media das mínimas é de -10°C, e a das máximas de -1°C. Mínimas varían entre -40°C e 8°C, e máximas, entre -35°C e 15°C. A temperatura máis baixa xa rexistrada no Estado é de -46°C, rexistrada en Vanderbilt, en 9 de febreiro de 1934.
No verán, a temperatura media é de 22°C no extremo sur, de 20°C na rexión central e de 18°C na Península Superior. A media das mínimas é de 14°C, e a media das máximas é de 26°C. Máximas poden alcanzar ata 40°C na rexión sur, e 34°C na Península Superior. A temperatura máis alta xa rexistrada no Estado foi de 44°C, rexistrada en Mio, en 13 de xullo de 1932.
A precipitación media anual de Michigan é de 80 centímetros, variando entre 95 centímetros anuais na Península Superior e no extremo suroeste do estado, ata 68 centímetros no nordeste do Estado. O sur de Michigan recebe preto de 100 centímetros de neve anualmente, en canto que a Península Superior recebe preto de 400 centímetros anuais.
Política
A actual Constitución foi adoptada en 1964. Outras máis antigas foron aprobadas en 1835, 1850 e 1908. As emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo, e para ser aprobada, precisa recibir ao menos o 51% do Senado e da Casa dos Representantes, e entón dous terzos dos votos da poboación electoral. A poboación do Estado tamén pode propor emendas á Constitución a través da recollida dun certo número de sinaturas. Cando esta proposta asinada é aceptada polo goberno, para ser aprobada, precisa recibir aprobación de ao menos un cuarto dos membros de ambas as cámaras do Poder Lexislativo de Michigan, e entón ao menos 51% dos votos en referendo. As emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que precisan recibir ao menos 51% dos votos de ambas as cámaras do Poder Lexislativo e dous terzos dos votos da poboación electoral.
O principal oficial do Poder Executivo en Michigan é o gobernador. Este é electo por mandatos de 4 anos. Unha persoa pode ser exercer apenas dúas veces o cargo de gobernador. Outros oficiais do executivo que son escollidos polo gobernador - Tesoureiro, Secretario de Estado, Tenente Gobernador (vice-gobernador), tamén serven en termos de no máximo 4 anos. Como o gobernador, poden exerceren apenas dúas veces.
O Poder Lexislativo de Michigan consta do Senado e da Casa dos Representantes. O Senado posúe un total de 38 membros, en canto que a Casa dos Representantes posúe un total de 110 membros. Michigan está dividido en 38 distritos senatoriais e 110 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen a un senador/representante. O termo dos senadores é de 4 anos e o termo dos representantes é de 2 anos.
A corte máis alta do Poder Xudicial é a Corte Suprema de Michigan. Os oito xuíces da Corte Suprema son electos pola poboación do estado para mandatos de 8 anos. A segunda maior corte de Michigan é a Court of Appeals, composta por sete xuíces, 4 cortes distritais e 57 cortes rexionais.
Michigan está dividido en 83 condados. Estes condados, pola súa vez, están divididos en municipalidades (townships). Máis da metade do orzamento do estado provén de impostos estadais; o resto vén do goberno nacional.
Demografía
De acordo co censo nacional de 2000, a poboación de Michigan en 2000 era de 9 938 444 habitantes. Unha estimativa realizada en 2004 aumenta este número para 10 112 620. Deles, un 5,9% (594 700 habitantes) non naceron nos Estados Unidos. Os maiores grupos de inmigrantes do Estado son canadenses, mexicanos, indianos e iraquianos. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu un 7%; e entre 1990 e 2004, 8,8%.
Cerca do 82% da poboación vive en 9 rexións metropolitanas. Estas rexións metropolitanas son Ann Arbor, Benton Harbor, Detroit, Flint, Grand Rapids-Muskegon-Holland, Jackson, Kalamazoo-Battle Creek, Lansing-East Lansing e Saginaw-Bay City-Midland.
A maior parte da poboación habita a Península Inferior de Michigan. A densidade populacional media é de 17 habitantes por quilometro cadrado. Porén, na Península Inferior, esta media é de 230. Xa na Península superior, a densidade media é de apenas 8 hab./km².
Etnias
- 80,2% Brancos
- 14,2% Afroamericanos
- 1,8% Asiáticos
- 0,6% Nativos indíxenas
- 1,9% Dúas ou máis razas
As cinco maiores etnias do Estado son alemáns (que forman 20,4% da poboación do estado), afroamericanos (14,2%) irlandeses (10,7%), ingleses (9,9%) e poloneses (8,6%). Outras etnias minoritarias son franceses, neerlandeses e italianos. 3,3% da poboación do Estado son hispánicos, categoría que pode incluír membros de calquera raza.
Os americanos de descendencia alemá están presentes en todas as rexións. escandinavos (especialmente finlandeses), británicos e franceses posúen unha notábel presenza na Península Superior. No oeste do Estado coñécese a orixe neerlandesa de moitos dos seus habitantes. Michigan posúe a maior concentración de neerlandeses de calquera estado americano. A rexión metropolitana de Detroit posúe moitos habitantes de descendencia polonesa, irlandesa, italiana e árabe. Os afroamericanos son maioría na cidade de Detroit.
Relixión
;Porcentaxe da poboación de Michigan por relixión:
- Protestantes – 58%
- Igrexa católica romana – 23%
- Outras afiliacións cristiás – 1%
- Mulsumáns – 2%
- Xudeus – 2%
- Outras relixións – 1%
- Non-relixiosos – 15%
Principais cidades
Mulsumáns
Cerca de 75% da poboación de Michigan vive en áreas urbanas. O restante vive en áreas rurais.
- Detroit (Tamén coñecida como "Motor City" ou "Motown").
- Grand Rapids (Tamén coñecida como The Furniture City).
- Warren
- Flint (Cidade onde foi criada a General Motors, tamén coñecida como "Vehicle City")
- Sterling Heights
- Lansing (capital do estado).
- Ann Arbor (sede da Universidade de Michigan)
- Livonia
- Dearborn (sede da Ford Motor Company; local de nacemento de Henry Ford)
Outras importantes cidades son:
- Battle Creek (Cereal City U.S.A.)
- Bay City (maior porto no Río Saginaw)
- Marquette (Maior cidade da Península Superior, cos seus 19,661 habitantes).
- Traverse City
- Midland
- Frankenmuth
- Holland
- East Lansing (Sede da Universidade Estatal de Michigan)
- Saginaw
Economía
O produto interno bruto de Michigan foi de 365.000 millóns de dólares. A renda per capita do Estado, pola súa vez, foi de 31.178 dólares, o vixésimo maior do país.
O sector primario representa o 1% do PIB de Michigan. O Estado posúe 52 mil facendas, que ocupan preto de 35% do Estado. A agricultura e a pecuaria representan xuntas o 0,92% do PIB, e empregan aproximadamente 128 mil persoas. Michigan é un líder nacional da industria agropecuaria. Os principais produtos agropecuarios producidos no Estado son trigo, soia, mazá, millo, bovinos - carne e leite. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0,08% e empregan aproximadamente a 4 mil persoas.
O sector secundario representa o 32% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no Estado é de 96 000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no Estado son automóbiles, camións, ómnibus, maquinaria e produtos químicos. Detroit é un dos maiores pólos da industria automobilística do mundo, feito que lle rendeu o cognome de A Capital do Automóbil. O Estado produce máis coches, camións e ómnibus que calquera outro Estado americano. A industria de manufactura representa o 26% do PIB, empregando aproximadamente 1 millón de persoas. A industria de construción representa o 5% do PIB e emprega aproximadamente 300 mil persoas. O 2% do PIB provén da xeración de electricidade, sector que emprega preto de 35 mil persoas. O 70% da electricidade é producida en centrais de carbón, e o restante en centrais de gas natural ou en hidroeléctricas. A minería representa o 1% do PIB, empregando preto de 14 mil persoas. Os principais recursos naturais extraídos no Estado son ferro, gas natural, petróleo e cobre.
O sector terciario representa o 67% do PIB. Cerca de 20% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega a máis de 1 millón de persoas. O comercio por atacado e varexo representa o 17% do PIB, e emprega aproximadamente a 1,3 millón de persoas. Finanzas responden por máis de 14% do PIB, empregando aproximadamente a 375 mil persoas. O comercio de Michigan é axudado polo turismo, que se tornou unha fonte de renda importante a partir da década de 1960. Os servizos gobernamentais representan un 10% do PIB, empregando aproximadamente 680 mil persoas. Transportes e telecomunicacións empregan 175 mil persoas, e representan un 5% do PIB.
Educación
década de 1960 da Universidade de Michigan.]]
As primeiras escolas de Michigan foron fundadas por misioneiros católicos franceses, durante o século XVII, co intento de converter os indíxenas da rexión ao catolicismo e asimilar estes indíxenas á cultura occidental. As primeiras escolas públicas vo foron fundadas en 1798. En 1827, o estado aprobou unha lei que facía obrigatoria a criación dun sistema escolar público en toda municipalidade do estado. Inicialmente, estes sistemas escolares eran fundados polas municipalidades. A partir de 1837, o estado pasou a fornecer regularmente orzamento á estes sistemas escolares públicos.
Actualmente, o Consello de Educación de Michigan dita regras e padróns para todas as insticións educativas do Estado. Cada cidade, municipalidade ou condado administra os seus propios distritos escolares. Estes distritos escolares administran as escolas localizadas dentro do distrito, e receben ingresos primariamente a través de impostos na cidade ou condado, e mais do goberno estadal. Todos os nenos entre 6 a 16 anos deben asistir á escola.
A primeira biblioteca pública de Michigan foi fundada en 1828, en Detroit. Michigan posúe preto de 50 universidades, 30 faculdades comunitarias e 10 seminarios e escolas politécnicas. As principais institucións de educación superior do Estado son a Universidade de Michigan e a Universidade Estatal de Michigan
Transportes e telecomunicacións
Universidade Estatal de Michigan
Michigan posúe preto de 200 mil quilómetros de estradas e autoestradas. A Ponte Mackinac é o único medio de acceso directo entre a Península Superior e a Península Inferior de Michigan. Esta ponte é a terceira ponte de suspensión máis longa do mundo, cos seus 8 quilómetros de lonxitude. Detroit é o principal pólo ferroviario, viario, aeroportuario e portuario do estado.
O portos con máis movemento do Estado é o porto de Detroit. Outro centro portuario importante é Sault Ste. Marie. Estes portos son importantes para o transporte de mineiros extraídos no interior e na Península Superior de Michigan, ben como automóbiles, camións e vehículos producidos na rexión metropolitana de Detroit, para outras rexións. O Canal de Soo conectan o Lago Superior cos demais Grandes Lagos.
Seis compañías ferroviarias fornecen servizo de transporte de carga a través de ferrovías, e dúas ofrecen servizo de transporte de pasaxeiros. O aeroportocon máis tráfico é o Aeroporto Metropolitano de Detroit.
Publícanse en Michigan preto de 400 xornais (dos cales preto de 50 son diarios), e 350 periódicos. O estado posúe preto de 300 emisoras de radio, 30 de televisión e outras 40 de televisión por cabo.
Artigos relacionados
Ligazóns Externas
Category:Estados Unidos de América category:Estados de Estados Unidos de América
ja:ミシガン州
ko:미시간 주
MetroUnidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Defínese como a distancia marcada nunha barra de platino e iridio conservada no Museo de Pesas e Medidas de Sévres, en París. Tamén se define como a 10.000.000 parte do cadrante do meridiano terrestre.
Actualmente, o metro definese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no vacío, durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)
Dá orixe a diversas unidades compostas ou derivadas, como:
- metro_cadrado
- metro_por_segundo
- quilómetro_por_hora
Múltiplos e submúltiplos
- km
- Hm
- Dm
- dm
- cm
- mm
- nm
- μm
- pm
- Angstrom
equivalencia
: 1 polgada = 1" = 25,4 mm = 0,0254 m
: 1 pé = 1' = 30,4799 cm = 0,304799 m
: 1 xarda = 1 yd = 0,914399 m
: 1 milla terrestre = 1.609,3 m
: 1 milla marítima = 1852 m
category:Metroloxía
ja:メートル
ko:미터
ms:Meter
simple:Metre
th:เมตร
Lago Ontario
O Lago Ontario é o menor dos cinco Grandes Lagos da América do Norte, con 18.960 Km². As cidades mais importantes ás suas marxes son Toronto, no Canadá, e Rochester nos EUA.
Vexa tamén
- Hidrografía
Category: Lagos
ja:オンタリオ湖
Hidrografía, pertencente á bacía Amazónica, con 7.050.000 km²]]
Hidrografía é unha parte da xeografía física que clasifica e estuda as augas do planeta.
Razóns do estudo da Hidrografía
A auga é fundamental para a supervivencia do planeta, a evolución dos seres vivos sempre foi dependente da auga. Foi nela que surxiron as primeiras formas de vida, e, nun proceso de evolución crecente, a partir dela orixinaronse as formas terrestres, as cales soamente conseguiron sobrevivir despois de que puideron desenvolver mecanismos fisiolóxicos que lles permitiron colectar a auga do medio ambiente e retela nos seus propios organismos. A agua é o elemento mais crítico e importante para a vida humana, pois comprende do 60 ao 70% do noso peso corporal, regula a nosa temperatura interna e é esencial para todas as funcións orgánicas.
O obxecto de estudo da hidrografía é a auga da Terra, abranxe portanto oceanos, mares, glaciares, auga do subsolo, lagos, auga da atmosfera e ríos. A maior parte da agua está concentrada en oceanos e mares – 1.380.000.000 km³ –, correspondendo a 97,3% da reserva hídrica do mundo. As augas continentais posuen um volume total de 38.000.000 km³, valor que representa o 2,7% da auga do planeta.
Hidrografía do Mundo
As maiores bacías hidrográficas
As maiores bacias hidrográficas do mundo son as seguintes - Nome, localización e área (km²):
- Bacía Amazónica, Brasil, 7.050.000
- Bacía do Congo, Zaire, 3.690.000
- Bacía do Mississippi, EUA, 3.328.000
- Bacía do Rio da Prata, Brasil, 3.140.000
- Bacía do Obi, Federación Rusa, 2.975.000
- Bacía do Nilo, Exipto, 2.867.000
- Bacía do Ienissei, Federación Rusa, 2.580.000
- Bacía do Níxer, Nixeria, 2.092.000
- Bacía de Amur, Federación Rusa, 1.855.000
- Bacía do Río Amarelo, China, 1.807.199
Os maiores oceanos e mares
Os maiores oceanos e mares do mundo son os seguintes - Nome, área (km²) e profundidade máxima (m):
- Océano Atlántico, 106.100.000, 7.758
- Mar Glacial Ártico, 14.090.000, 5.450
- Mar do Caribe (ou Mar das Caraíbas), 2.754.000, 7.680
- Mar Mediterráneo, 2.505.000, 5.020
- Mar da Noruega, 1.547.000, 4.020
- Golfo do México, 1.544.000, 4.380
- Baía de Hudson, 1.230.000, 259
- Mar da Groenlandia, 1.205.000, 4.846
- Mar do Norte, 580.000, 237
- Mar Negro, 413.000, 2.243
- Mar Báltico, 420.000, 463
- Océano Pacífico, 179.700.000, 11.020
- Mar da China Meridional, 3.447.000, 5.560
- Mar de Okhotsk, 1.580.000, 3.372
- Mar de Bering, 2.270.000, 4.191
- Mar da China Oriental, 752.000 2.720
- Mar Amarelo, 417.000, 105
- Mar do Xapón, 978.000, 4.230
- Océano Índico, 74.900.000, 7.450
- Mar da Arabia, 3.683.000, 5.800
- Golfo de Bengala, 2.172.000, 5.258
- Mar Vermello, 440.000, 2.600
Os maiores ríos
A seguir, os maiores ríos do mundo - Nome, localización, extensión (km) e Foz
- Amazonas, Brasil, 6.868, Océano Atlántico
- Nilo, Exipto, 6.671, Mar Mediterráneo
- Río Xi-Jiang, China, 5.800, Mar da China
- Río Mississippi, EUA, 5.620, Golfo do México
- Río Obi, Federación Rusa, 5.410, Golfo de Obi
- Ártico Huang Ho, China, 4.845, Mar Amarelo
- Río da Prata, Arxentina, 4.700, Océano Atlántico
- Mekong, China, 4.500, Mar da China
- Río Amur, Federación Rusa, 4.416, Estreito da Tartaria
- Río Lená, Federación Rusa, 4.400, Mar de Laptev/Ártico
(Fonte: Atlante Xeográfico di Agostini)
Os maiores lagos
A continuación aparecen os maiores lagos do mundo - Nome, localización, área (km²) e profundidade máxima (m):
- Mar Caspio, Oeste da Asia, 371.000, 1.025
- Lago Superior, EUA/Canadá, 84.131, 406
- Vitoria, Uganda/Tanzania/Quenia, 68.100, 73
- Huron, EUA/Canadá, 61.797, 229
- Michigan, EUA, 58.016, 281
- Mar de Aral, Cazaquistán/Uzbequistán, 41.000, 68
- Tanganica, Congo (ex-Zaire)/Zambia/Burundi/Tanzania, 32.893, 1435
- Gran lago do oso, Canadá, 31.792, 90
- Lago Baikal, Federación Rusa, 31.500, 1.620
- Lago Niassa (ou Malawi), Zimbabue/Malaui/Mozambique, 30.800, 678
Artigos relacionados
- Xeografía Física
- Lista de tópicos de xeografía
- Hidrografía do Brasil
Category: Xeografía
Category :Hidrografía
Category:LagosCategory:Xeografía Category:Towns in MorayTowns
Moray
odywki hotels Amsterdam motorola gry java media slots
|
|
|
| :: RELATED NEWS :: |
Wikipédia:Administrateur/Tipiac
Tipiac
Suite au message d'ℓisllk sur le bistro selon lequel il serait peut être temps de recruter des admins, je me lance. Cela fait six mois que je suis sur le wikipédia francophone, j'essaye de contribuer dans les domaines que je connais ([http://fr.wikipedia.org/w/wiki.phtml?title=Special:Contributions&target=Tipiac mes contribs] / une tentative de listage de mes créations, peu mis à jour). À coté, j'essaye d'augmenter le taux d'interwiki, d'
|
Lennart Torstenson
Torstenson
Torstenson
Lennart Torstenson, (né à Forstena (Västergötland) le 17 août 1603, mort le 7 avril 1651 à Stockholm), fut un homme de guerre suédois. Il fut aussi conseiller du royaume d
|
Mathias Malzieu
Catégorie:Chanteur français
Catégorie:Écrivain français
Mathias Malzieu est le chanteur du groupe de rock français Dionysos, mais également un écrivain, et accessoirement réalisateur.
Biographie
Mathias Malzieu est né en 1974 à Read More... |
|
Wikipédia:Administrateur/Greatpatton
Greatpatton
Bonjour, je me propose au status d'administrateur, car malgrès le fait que mon boulot me prend un temps pas possible et me rend moins actif sur wikipedia, je pense que je pourrais filer une paire de coup de main et ce surtout pour le méga tri des images sur ce wikipedia (surtout les vieilles) et la surveillance au fil de l'eau. Voilà que dire de plus à part que je pense que cela fait un petit moment que je traine par là, et que mon passe temps favori c'est de rajouter pas des schèmas et photos au wikipedia. Read More... |
|
Tous les autres s'appellent Ali
Tous les autres s'appellent Ali est un film de Rainer Werner Fassbinder sorti en 1974. Le titre en allemand est Angst essen Seele auf c'est à dire : La peur dévore l'âme, qui est une réplique du film.
Synopsis
Dans l'Allemagne des années 1970 un immigré Marocain et une veuve Allemande d'un certain âge tombent amoureux l'un de l'autre et se marient le jour même, s'en suivent les jalousies de tous ce
|
Pollution nocturne
Une pollution nocturne est un phénomène qui a pour but d'éliminer l'excédent de spermatozoïdes contenu dans les glandes reproductrices masculines par une éjaculation non voulue, résultant généralement d'un rêve érotique.
Ce phénomène est une fonction naturelle du corps humain, son déclenchement n'est de ce fait pas contrôlé. Il est fréquent chez l'adolescent mais plus rare chez l'homme adulte. À l'adolescence, la forte production de sperme et de spermatozoïdes con
|
|